DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Venres, 14 de xullo de 2006 Páx. 11.374

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 2006, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 06/93-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32000 Velle.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Cotarós-Somoza.

Situación: A Pobra de Trives.

Características técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV de 3.026 m, con orixe no apoio existente 15/1.600 de formigón da L.M.T. Trives-Cova e remate no C.T. proxectado de Somoza con 100 kVA, R/20.000/400-230 V, deste C.T derívanse 1.240 m de baixa tensión en condutor R.Z. e simple circuíto.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Ourense, 29 de maio de 2006.

Xosé Antón Jardón Dacal

Delegado provincial de Ourense