DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Venres, 14 de xullo de 2006 Páx. 11.373

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 2006, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se lle renova a autorización ao centro de formación técnico-profesional Cofisad, co número de rexistro EFIG011, como entidade recoñecida para impartir cursos teórico-prácticos para a obtención do carné profesional de instalador de gas de categorías IG-I, IG-II, IG-III e IG-IV, no ámbito da provincia da Coruña.

Antecedentes de feito.

Primeiro.-Con data do 17 de abril de 2006, Pedro L. Díaz Currás, con DNI 76273981-R e domicilio en rúa Álvaro Cunqueiro nº 4; CP 15008, A Coruña, (A Coruña), representando o centro de formación técnico-profesional Cofisad, solicitou que se lle renovase a cualificación como entidade recoñecida para impartir cursos teórico-prácticos para a obtención do carné profesional de instalador de gas de categorías IG-I, IG-II, IG-III e IG-IV, no ámbito da provincia da Coruña.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-Esta dirección xeral é competente para resolver este expediente de acordo co establecido no Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, nos reais decretos 1634/1980, do 31 de xullo e 2563/1982, do 24 de xullo, nos decretos 6/1982, do 29 de xaneiro e 132/1982, do 4 de novembro, e no Decreto 552/2005, do 20 de outubro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Innovación e Industria e se distribúe a competencia para o exercicio da potestade sancionadora entre os seus órganos.

Segundo.-A documentación presentada acredita que o centro de formación técnico-profesional Cofisad cumpre coas exixencias establecidas na Orde de 17 de decembro de 1985, pola que se aproba a instrución sobre documentación e posta en servizo das instalacións receptoras de gases combustibles e a instrución sobre instaladores autorizados de gas e empresas instaladoras.

Terceiro.-Na tramitación deste expediente cumpríronse os requisitos establecidos na Orde do 27 de decembro de 2000 pola que se establece o procedemento unificado para a obtención de carnés profesionais e exixencias a empresas autorizadas para instalación, mantemento e outras actividades en materia de seguridade industrial (DOG do 16 de xaneiro de 2001) e as súas modificacións establecidas na Orde do 25 de marzo de 2002 (DOG do 3 de abril) e na Orde do 13 de xaneiro de 2004 (DOG do 20 de febreiro).

Por todo o anterior e no exercicio das competencias que teño atribuídas,

RESOLVO:

Primeiro.-Renovar a autorización ao centro de formación técnico-profesional Cofisad, co número de rexistro EFIG011, como entidade recoñecida para impartir cursos teórico-prácticos para a obtención do carné profesional de instalador de gas de categorías IG-I, IG-II, IG-III e IG-IV, no ámbito da provincia da Coruña.

Segundo.-Esta autorización terá unha validez de dous anos e poderá ser renovada sempre que se acredite ante a dirección xeral competente en materia de industria o cumprimento dos requisitos exixidos na autorización inicial.

Terceiro.-A entidade recoñecida queda obrigada a comunicar os cambios que se poidan producir na súa estrutura de persoal, locais onde se imparta a formación e demais medios materiais, así como presentar anualmente unha memoria en que se detallen as actividades desenvolvidas.

Cuarto.-Antes do comezo de cada curso a entidade debe comunicar á delegación provincial da Consellería de Innovación e Industria, o lugar, o horario, a data de comezo e remate prevista, o programa, profesorado, relación de alumnos inscritos e a data

dos exames. A delegación provincial realizará os controis e inspeccións que estime pertinentes.

Quinto.-En caso de incumprimento das condicións de autorización ou inobservancia de preceptos regulamentarios serán sancionados conforme a Lei de industria. Así mesmo, esta autorización poderá ser revogada, mediante resolución motivada polo director xeral competente en materia de industria, no caso de que se incumpran as obrigas e compromisos que resultan do disposto na Orde do 27 de decembro de 2000, e demais lexislación aplicable.

Notifíquese esta resolución ao interesado facendo constar que poderá interpor recurso de alzada no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao de notificación, ante o conselleiro de Innovación e Industria, de acordo co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2006.

Anxo Ramón Calvo Silvosa

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas