DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Venres, 14 de xullo de 2006 Páx. 11.370

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 24 de maio do 2006, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se realiza a publicación da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, do 31 de xaneiro de 2005, pola que se formula a DIA para a explotación da concesión mineira Ermita-2 número 4836, sita no Irixo (Ourense).

Visto o artigo 4.7º do Decreto 442/1990, do 13 de setembro (DOG nº 188, do 25 de setembro), de avaliación de impacto ambiental para Galicia, o delegado provincial da Consellería de Innovación e Industria de Ourense

RESOLVE:

Darlle publicidade mediante esta publicación, á resolución do 31 de xaneiro de 2005, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se formula a DIA para a explotación da concesión mineira Ermita-2 4836, sita no concello do Irixo (Ourense) promovida por Marcelino Martínez, S.L. para aproveitamento de recursos de sección C da vixente Lei de minas.

A devandita declaración que se refire a unha superficie de 18,14 ha no concello do Irixo da provincia de Ourense, coa designación puntual en coordenadas UTM X=572.141,61 Y=4.704.354,24 aproximadamente, incorporouse ao expediente e atópase á disposición de calquera interesado nesta delegación provincial.

Ourense, 25 de maio de 2006.

Xosé Antón Jardón Dacal

Delegado provincial de Ourense