DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Venres, 14 de xullo de 2006 Páx. 11.370

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

ACORDO do 16 de maio de 2006, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición da autorización e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 06/165).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e

no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese á información pública a petición da autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UDESA.

Domicilio social: r/ Madrid, 1, baixo, Polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

Denominación: electrificación Vitre (Vitre-Frades).

Situación: Frades.

Características:

-L.M.T. aérea a 20 kV, de 253 m de lonxitude, en condutor LA-56, que parte da L.M.T.A. Xanceda-Papucín y final en el C.T. aéreo de 100 kVA de Vitre.

-R.B.T. do C.T.I. de Vitre, de 2.871 de lonxitude, en condutor R.Z. e apoios de formigón.

-R.B.T. do C.T.I. Casal, de 2.592 m de lonxitude, en condutor R.Z. e apoios de formigón, concello de Frades.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 16 de maio de 2006.

José Luis Barcia Picos

Delegado provincial da Coruña