DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Venres, 14 de xullo de 2006 Páx. 11.369

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2006, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso de procedemento aberto e tramitación de urxencia, para a contratación da obra de remodelación interior do CEIP de Prácticas de Ourense.

1. Entidade adxudicadora: Xunta de Galicia.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita: Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria en Ourense.

2. Obras obxecto de licitación.

2.1. Nº expediente: OR-20/2006.

2.1.1. Obxecto do contrato:

a) Remodelación interior do CEIP de Prácticas de Ourense.

b) Lugar de execución: Ourense.

c) Prazo de execución: 8 meses.

2.1.2. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento de adxudicación: aberto. Forma: concurso.

2.1.3. Orzamento base de licitación. Importe total: 248.319,92 euros.

2.1.4. Garantía provisional: non se exixe.

2.1.5. Garantía definitiva: 4% do importe de adxudicación.

2.1.6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: grupo C, categoría C.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica: especifícase no prego de cláusulas administrativas particulares.

3. Obtención de documentación e información: o proxecto, prego de cláusulas administrativas particulares, prescricións técnicas e demais documentación complementaria estará á disposición dos licitadores para o seu exame, durante o prazo de presentación de proposicións, nos días e horas hábiles de oficina no Servizo de Contratación da Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordena

ción Universitaria de Ourense, sita na rúa do Concello, 11-4ª planta, 32003 Ourense, teléfono: 988 38 66 57, nº de fax: 988 38 66 00, enderezo correo electrónico:

contratación.ou.edu*xunta.es

Enderezo na internet:

http://www.xunta.es/contratación/resultado.jsp?N=6844

4. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite: antes das 14.00 horas do décimo terceiro día natural a partir do día seguinte ao da publicación do concurso no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria en Ourense, rúa Concello nº 11 planta baixa, ou por correo de acordo co artigo 205 do Regulamento de servizos de correos e na forma que se establece no artigo 80 do regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas e no prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de variantes: admitirase como única variante a execución das obras nun prazo inferior ao previsto.

5. Apertura das ofertas: a apertura das ofertas será realizada, en acto público, pola mesa de contratación, a partir das 12.00 horas do terceiro día natural seguinte ao do peche de admisión de ofertas, na sala de xuntas da Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria en Ourense (rúa Concello, 11-7ª planta). No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

6. Os gastos do presente anuncio serán por conta da empresa adxudicataria.

Ourense, 4 de xullo de 2006.

Gonzalo Iglesias Sueiro

Delegado provincial de Ourense