DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Venres, 14 de xullo de 2006 Páx. 11.368

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES

CÉDULA do 8 de xuño de 2006, do Servizo Provincial de Transportes de Pontevedra, pola que se notifican as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servizo de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar. (Expediente PO-02502-O-2005 e catro máis).

Por medio desta cédula notifícanselles aos denunciados, cos datos e último enderezo coñecido que se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras ditadas pola delegada provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públcas e Transportes de Pontevedra, facultada polo Decreto 70/1993, do 10 de marzo (Diario Oficial de Galicia do 26 de marzo), recaídas nos expedientes sancionadores que se citan no anexo.

Fáiselles saber o dereito que os asiste para interpoñer recurso de alzada ante o director xeral de Transportes, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. No caso de conformidade con estas resolucións, deberán facer efectiva a multa mediante ingreso que deben efectuar en calquera oficina do BBVA, transacción 1316, NIF S1511001H, clave 390005, en Caixa Galicia cta. contable 840 código 001 ou en Caixanova recadación Xunta modelo XTAT, no prazo de 15 días hábiles seguintes á firmeza desta resolución, firmeza que se producirá ao non interpoñeren recurso de alzada dentro do prazo, e de non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o prescrito no artigo 97 da vixente Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro).

Para que conste, e lles sirva de notificación aos citados denunciados e en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro) modificada pola Lei 4/1999

citada anteriormente, expido, asino e selo esta cédula en Pontevedra o 8 de xuño de 2006.

Mª Cruz Tome Navas

Xefa do Servizo Provincial de Transportes

de Pontevedra

ANEXO

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

PO-02502-O-2005

C-5312-BZ

G.C. de Tráfico

José Antonio Freire Calvo

Avda. Vilaboa, 183-1º

15089 Culleredo

(A Coruña)

Circular transportando plantas realizando servizo público en vehículo lixeiro carecendo dos distintivos.

8-6-2005; 12.34; PO-552; 69

O.M. do 25-10-1990 (BOE do 30-10).Artigo 143.1º a) da Lei 16/1987, do 30 de xullo.100 euros

PO-02555-O-2005

3777-CCC

G.C. de Tráfico

Juan Carlos González González y otros

Pereiro de Abaixo, 6

36994 Poio

(Pontevedra)

Realizar transporte de ferramentas e utensilios de obras para canteira en vehículo lixeiro carecendo de autorización. Servizo privado.

19-6-2005; 18.10; PO-551; 09.600

Artigos 47 e 103 da Lei 16/1987, do 30 de xullo. Artigos 41 e 158 do Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro.Artigo 143.1º b) da Lei 16/1987, do 30 de xullo.201 euros

PO-02703-O-2005

PO-5991-AM

G.C. de Tráfico

Parquets Carames, S.L.

Couto,7 36312 Beade, Vigo

(Pontevedra)

Realizar transporte privado en vehículo lixeiro tendo a autorización caducada.

22-6-2005; 18.20; N-552; 5

Artigos 47 e 103 da Lei 16/1987, do 30 de xullo. Artigos 41 e 158 do Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro.Artigo 143.1º c) da Lei 16/1987, do 30 de xullo.400 euros

PO-02777-O-2005

9703-CNH

G.C. de Tráfico

Pavimentos Riomao, S.L.

Serafin Pazo, 28, 36680 Estrada

(Pontevedra)

Realizar transporte privado de mercadorías en vehículo lixeiro, carecendo da autorizacón. Non presenta documento que acredite que a teña.

6-7-2005; 16.30; N-525; 313

Artigos 47 e 103 da Lei 16/1987, do 30 de xullo. Artigos 41 e 158 do Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro.Artigo 143.1º c) da Lei 16/1987, do 30 de xullo.400 euros

PO-03023-O-2005

0927-DKG

G.C. de Tráfico

José Antonio Gómez Taboada

Sam Payo, 26, 32001

(Ourense)

Non levar a autorizacion a bordo do vehículo. Servizo público.

2-8-2005; 12.55; PO-534; 6

Artigo 119 do Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro.Artigo 143.1º b) da Lei 16/1987, do 30 de xullo.201 euros