DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Venres, 14 de xullo de 2006 Páx. 11.367

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2006, da Secretaría Xeral da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de procedemento aberto e mediante concurso público, para a subministración e instalación duns sistemas de armarios compactos no arquivo dos xulgados da Coruña.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Número do expediente: SUX 37/06.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración e instalación duns sistemas de armarios compactos no arquivo dos xulgados da Coruña.

b) Número de unidades que se van entregar: ver punto 2 do prego de prescricións técnicas.

c) División por lotes e número: lote único.

d) Lugar de entrega: o lugar de entrega e instalación serán os arquivos dos xulgados da Coruña.

e) Prazo de entrega: 1 mes contado a partir do seguinte ao da data da sinatura do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base da licitación: 48.000 A, IVE incluído.

5. Garantía provisional: 960 A .

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral. Subdirección Xeral de Contratación.

b) Domicilio: complexo administrativo San Caetano, edificio nº 1, 2º andar.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfonos: información índole técnica: 981 54 62 28 ou 981 54 42 39, información índole administrativa: 981 54 45 17.

e) Telefax: 981 54 42 39.

f) Data límite de obtención de documentos e información: a mesma que para a presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económica e financeira: deberá xustificarse polos medios sinalados na letra D da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

b) Solvencia técnica: deberá xustificarse polos medios sinalados no punto E da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite da presentación das ofertas: o prazo comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG e rematará o oitavo día natural, ás 14.00 horas, agás que o último día fose sábado ou inhábil, caso no que se prorrogará o prazo ao día hábil seguinte.

b) Documentación que hai presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas, debendo figurar no exterior dos sobres o CIF do licitador. No caso de que estean inscritos no Rexistro de Contratistas xuntarase grampado no exterior do sobre A o certificado do devandito rexistro.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: rexistro xeral da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

2. Domicilio: complexo administrativo San Caetano, edificio nº 1, planta baixa.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama ou fax o mesmo día. O número de fax é o indicado no punto 6 e) deste anuncio.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres (3) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade e lugar: Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. Subdirección Xeral de Contratación.

b) Domicilio: complexo administrativo San Caetano, edificio nº 1, 2º andar.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: terá lugar o acto público, na Subdirección Xeral de Contratación, o décimo día natural seguinte ao da data de remate do prazo de presentación das proposicións; de coincidir en sábado ou inhábil, trasladarase ao primeiro día hábil seguinte.

d) Hora: 12.00 horas.

10. Gastos do anuncio: serán por conta do adxudicatario.

11. Así mesmo, tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet:

http://www.xunta.es/contratacion/resultado.jsp?N=6858

Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2006.

Santiago Antonio Roura Gómez

Secretrio xeral da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E TRANSPORTES