DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Venres, 14 de xullo de 2006 Páx. 11.366

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO DOUS DA CORUÑA

EDICTO (148/2006-N).

Mónica Vélez Roldan, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número dous da Coruña.

Fai saber que, nos autos de xuízo verbal de desafiuzamento nº 148/2006-N seguidos perante este xulgado, por instancia de María Campos Rey, representada pola procuradora Flores Rodríguez contra a entidade Salfico, S.L., sobre desafiuzamento por falta de pagamento as rendas e cantidades a ela asimiladas e reclamación de rendas vencidas e non pagadas derivadas de contrato de arrendamento distinto de vivenda, ditouse a seguinte sentenza, con encabezamento e decisión do teor literal seguinte:

«Sentenza: na Coruña, o mércores 3 de maio de 2006. Vistos por José Antonio Parada López, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número dous da Coruña, estes autos de xuízo verbal sobre desafiuzamento por falta de pagamento das rendas e cantidades a ela asimiladas e reclamación de rendas vencidas e non pagadas derivadas de contrato de arrendamento distinto de vivenda, seguidos perante este xulgado co número 148 de 2006, por instancia de María Campos Rey, mayor de edad, representada pola procuradora dos tribunais Flores Rodríguez e asistida polo letrado Sr. Sánchez Campos, contra Salfico, S.L. e con domicilio na rúa Benito Blanco Rajoy, nº 6 de A Coruña, en situación pro

cesual de rebeldía. Decido que se estima integramente a demanda interposta por María Campos Rey, mayor de edad, representada polo procurador dos tribunais Flores Rodríguez e asistida polo letrado Sr. Sánchez Campos, contra Salfico, S.L., e con domicilio na rúa Benito Blanco Rajoy nº 6 da Coruña, en situación procesual de rebeldía, e en consecuencia:

Declárase a resolución do contrato de arrendamento que liga as partes sobre o local arrendado sito na rúa Benito Blanco Rajoy, nº 6 da Coruña, por falta de pagamento da renda, decretando que procede o desafiuzamento, e que debe deixar o local libre, baldeiro e expedito ao dispor do demandante no prazo legal e apercibindo o demandado do lanzamento se non o desaloxa.

Condénase o demandado ao pagamento da cantidade de 2.718,95 euros que ata o momento debe e todas aquelas rendas vencidas desde a interposición da demanda ata o efectivo desaloxo do inmoble.

Condénase a entidade demandada ao pagamento do xuro legal sobre a cantidade de 2.718,95 euros desde a presentación da demanda ata o día 31-1-2006 e por cada mensualidade que venza a partir desa data ata a entrega da posesión ao demandante o xuro legal desde que fose exixible o seu pagamento conforme o pactado no contrato.

E así mesmo impónselle o pagamento das custas á parte demandada.

Esta resolución non é firme e contra ela cabe interpor recurso de apelación que se deberá preparar por escrito perante este xulgado no prazo de cinco días.

Advírtese o demandado de que non se lle admitirá recurso de apelación se ao preparalo non manifesta, acreditándoo por escrito, ter satisfeitas as rendas vencidas e as que, conforme o contrato, deba pagar adiantadas.

Así, por esta miña sentenza, que será arquivada no líbreo de sentencia desta xulgado, e da que se levará testemuño aos autos, definitivamente xulgando nesta instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo. José Antonio Parada López. Asinado e rubricado».

E para que conste e sirva de notificación da anterior sentenza á entidade demandada Salfico, S.L., por medio de edictos a publicar no DOG, expido e asino este edicto na Coruña o catro de maio de dous mil seis.

A secretaria

Rubricado

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

E XUSTIZA