DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Venres, 14 de xullo de 2006 Páx. 11.366

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

AUDIENCIA PROVINCIAL DA CORUÑA (SECCIÓN SEGUNDA)

EDICTO de poxa (44/1987).

Manuel Ferreiro González, secretario da Sección Segunda da Audiencia Provincial da Coruña, fago saber que na executoria 44/1987, acordouse sacar a poxa o 50% do seguinte predio:

Rústico: predio denominado Agra do Muíño, sito no lugar de Peiruga, Beledo, concello de Mesía (A Coruña), de 13 áreas e 51 centiáreas. Linda: norte, camiño; sur, Andrea Berdomás Rivas e outros; leste: José Barreiro González e outro; oeste, Avelino González Paz e outro.

Inscrita no Rexistro da Propiedade de Ordes no tomo 4472, folio 77, libro 38 de Mesía, tomo 325, propiedade nun 50% de Manuel Sesmonde Pérez. O dito predio está situado no concello de Frades, malia que a figura inscrita no rexistro no concello de Mesía, segundo o informe pericial que consta no expediente.

Cargas: non constan.

Valor da taxación: 8.106 euros.

Valor da poxa (50% do predio): 4.053 euros.

A poxa terá lugar na Audiencia Provincial da Coruña, Sección Segunda (sala de vistas), sita na rúa Capitán Juan Varela, s/n da Coruña, o día vinte e dous de setembro de 2006, ás 10.00 horas, conforme as seguintes condicións:

Primeira. A certificación do Rexistro da Propiedade dos predios está unida ao expediente, que consta na Secretaría do Tribunal, onde poderá ser examinada, entendéndose que todo licitador acepta como bastante, a titulación existente.

Segunda. Polo simple feito de participar na poxa, entenderase que os ofertantes aceptan como suficiente a titulación que consta en autos e que aceptan, así mesmo, subrogarse nas cargas ou gravames ante

riores ao crédito polo que se executa, se os houber, en caso de que o remate se adxudique ao seu favor.

Terceira. Para tomar parte na poxa, os ofertantes deberán depositar previamente, o 30% do valor de taxación (1.215,90 euros), na conta de depósitos e consignacións que este tribunal ten aberta co número 1543 0000 78 0044 87, código oficina 6349, de Banesto.

Cuarta. Para tomar parte na poxa, os licitadores deberán identificarse de forma suficiente; declarar que coñecen as condicións xerais e particulares da poxa e presentar o xustificante de ingreso a que se refire a anterior condición.

Quinta. Desde o anuncio da poxa ata a súa celebración, poderán facerse ofertas por escrito en sobre pechado e coas condicións anteriores.

A Coruña, 21 de xuño de 2006.

O secretario

Rubricado