DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Venres, 14 de xullo de 2006 Páx. 11.365

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 2006, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se amplía o prazo de presentación de solicitudes establecido na Resolución do 22 de xuño de 2006.

A Resolución do 22 de xuño de 2006, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se ditan normas para a adxudicación de destino provisional para o próximo curso académico 2006-2007 aos mestres que non teñen destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia, establece na base décimo cuarta que o prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

Debido ao elevado número de peticións que se están a levar a cabo e tendo en conta que o artigo 49 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, recolle a posibilidade de ampliación, incluso de oficio, dos prazos

establecidos, sempre que non exista precepto en contrario, esta secretaría xeral

RESOLVE:

Ampliar o prazo de presentación de solicitudes establecido na referida resolución ata o día 24 de xullo de 2006 incluído.

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2006.

Benito Fernández Rodríguez

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria