DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Venres, 14 de xullo de 2006 Páx. 11.364

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

ORDE do 6 de xullo de 2006 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes na Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia, anunciada pola Orde do 17 de abril de 2006.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes na Ase

soría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia, anunciada por Orde do 17 de abril de 2006 (Diario Oficial de Galicia nº 91, do 12 de maio), de conformidade co establecido no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada pola Lei 3/1995, do 10 de abril, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 15.4º da referida lei, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Resolver a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes na Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia, anunciada pola Orde do 17 de abril de 2006 (Diario Oficial de Galicia nº 91, do 12 de maio).

Segundo.-Adxudicar destino, nos postos de traballo que se indican, e seleccionar os funcionarios que se relacionan no anexo desta orde.

Terceiro.-O cesamento no destino actual dos funcionarios que obtiveron praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ao da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días a partir do seguinte ao do cesamento, de tratarse da mesma localidade onde actualmente os funcionarios presten servizos, ou dun mes se radican en distinta localidade, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e o disposto na base sétima da convocatoria.

O cómputo de prazos de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, se é o caso, fosen concedidas aos interesados. Nos supostos de baixa temporal ou transitoria iniciarase a partir da correspondente alta.

Cuarto.-A xefatura do centro no que causen baixa os funcionarios, así como daquel no que obteñan destino consignará no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión.

Quinto.-Contra esta orde, que esgota á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, perante o xulgado do contencioso-administrativo competente, segundo o

establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2006.

P.E. (Orde 29-3-2006)

Gumersindo Guinarte Cabada

Secretario xeral da Presidencia

ANEXO

Apelidos e nome: Rodríguez Campos, Manuel.

NRP: 3517401746 A2071.

Grupo: A.

Denominación do posto de traballo: letrado-xefe.

Código: PR.P39.10.000.36001.001.

Corpo/escala: xeral/escala de letrados.

Nivel: 30.

Dependencia: gabinetes xurídicos-Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia-Gabinete Territorial de Pontevedra.

Localidade: Pontevedra.

Apelidos e nome: López Miño, Antonio Manuel

NRP: 3281051757 A2071.

Grupo: A.

Denominación do posto de traballo: letrado asesor.

Código: PR.P02.00.000.15770.104.

Corpo/escala: xeral/escala de letrados.

Nivel: 28.

Depedencia: Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia.

Localidade: Santiago de Compostela.