DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Venres, 14 de xullo de 2006 Páx. 11.363

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

ORDE do 5 de xullo de 2006 pola que se amplían os prazos de realización do segundo exercicio dos procesos selectivos para o ingreso no corpo auxiliar da Xunta de Galicia (grupo D) e no corpo subalterno da Xunta de Galicia (grupo E).

As ordes do 1 de decembro de 2005 pola que se convocan os procesos selectivos para o ingreso no corpo auxiliar da Xunta de Galicia (grupo D), e no corpo subalterno da Xunta de Galicia (grupo E) establecen nas bases II.1.2, que o prazo máximo para a realización do segundo exercicio será de 40 días, contado este desde o remate do exercicio anterior.

Realizados os primeiros exercicios destes procesos selectivos con datas 1 e 2 de xullo, e dado o volume de aspirantes presentados, a complexidade destes procesos no relativo á organización dos exercicios, así como as datas nas que deben realizarse os segundos exercicios, determinan a imposibilidade de dar cumprimento aos prazos determinados nas ordes de convocatoria.

Conforme o anterior, tendo en conta as propostas elevadas polos tribunais cualificadores destes procesos selectivos, e ao abeiro do establecido no artigo 49 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do proce

demento administrativo común, o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza,

DISPÓN:

A ampliación dos prazos de realización dos segundos exercicios dos procesos selectivos para o ingreso no corpo auxiliar da Xunta de Galicia (grupo D) e no corpo subalterno da Xunta de Galicia (grupo E), na metade do seu prazo máximo.

Contra este acordo de ampliación de prazos non cabe recurso ningún, de conformidade co disposto no artigo 49.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2006.

José Luis Méndez Romeu

Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza