DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Venres, 14 de xullo de 2006 Páx. 11.348

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

VICEPRESIDENCIA DA IGUALDADE E DO BENESTAR

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2006, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se modifica a do 15 de xuño de 2006, pola que se procede á publicación da relación definitiva de nenas/os admitidas/os para o curso 2006/2007 nas escolas infantís 0-3 dependentes da Vicepresidencia.

Por Resolución do 15 de xuño de 2006 da Delegación Provincial de Lugo procedeuse á publicación da relación definitiva de admitidas/os e da lista de espera coa puntuación obtida e a tarifa correspondente a cada caso, polo que esta delegación provincial

RESOLVE:

Primeiro.-Modificar a dita resolución no sentido de que se trataba de listas provisionais.

Segundo.-Estudadas pola comisión de baremación todas as reclamacións presentadas e resoltas pola delegada provincial, procédese á publicación da relación definitiva de admitidas/os e da lista de espera coa puntuación obtida e a tarifa correspondente a cada caso das escolas infantís de Paradai, Sagrado Corazón e Virxe da Purificación de Foz.

Estas reclamacións enténdense resoltas coa publicación da lista definitiva, que se poderá consultar nas delegacións provinciais da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, no DOG, na páxina web (http://vicepresidencia.xunta.es/familias) e nos respectivos centros.

As/os solicitantes admitidas/os dispoñen dun prazo de 10 días a partir da publicación da admisión para confirmar a súa praza, presentando certificado médico da/o nena/o nas delegacións provinciais desta Vicepresidencia, sen prexuízo do disposto no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Se non se presentase a devandita documentación no prazo sinalado, terase por decaída a solicitude da praza, logo de resolución en tal sentido.

Contra esta resolución que non esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de alzada ante o vicepresidente da Igualdade e do Benestar, no prazo dun mes que comezará a contar desde día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 4 de xullo de 2006.

Branca Rodríguez Pazos

Delegada provincial de Lugo