DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Xoves, 13 de xullo de 2006 Páx. 11.271

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 31 de maio de 2006 pola que se regula a publicidade das caixas de aforro.

Advertidos erros na referida orde publicada no Diario Oficial de Galicia nº 122, do 27 de xuño de 2006, cómpre facer as seguintes correccións:

-Na páxina 10.236, artigo 2º, parágrafo primeiro, onde di: «A publicidade que realicen as caixas de aforro»; debe dicir: «1. A publicidade que realicen as caixas de aforro».

-Na páxina 10.237, artigo 4º, punto 2, onde di: «cando o custo ou rendemento efectivo que se indique na publicidade poida varias por circunstancias tales como o prazo da operación»; debe dicir: «cando o custo ou rendemento efectivo que se indique na publicidade poida variar por circunstancias tales como o prazo da operación».

-Na páxina 10.238, artigo 9º, punto 1, onde di: «No caso de que non se ditase resolución expresa no prazo previsto no artigo anterior, farase constar a expresión: «Publicidade autorizada: DXPFeTRexistro de entrada na DXPFeT»; debe dicir: «No caso de que non se ditase resolución expresa no prazo previsto no artigo anterior, farase constar a expresión: Publicidade autorizada: DXPFeT».

-Na páxina 10.239, artigo 11º, punto 2, onde di: «sen prexuízo, de se o caso»; debe dicir: «sen prexuízo, de ser o caso».