DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Mércores, 12 de xullo de 2006 Páx. 11.192

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

TRIBUNAL CONSTITUCIONAL

CUESTIÓN de inconstitucionalidade número 5053-2006.

O Tribunal Constitucional, por providencia do 20 de xuño actual, admitiu a trámite a cuestión de inconstitucionalidade número 5053-2006 presentada pola Sección Primeira da Sala do Contencioso-Administrativo da Audiencia Nacional, en relación coa disposición adicional terceira da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, por posible vulneración do artigo 149.1º.23 da Constitución.

Madrid o vinte de xuño de dous mil seis.

Herminia Palencia Guerra

Secretaria de Xustiza do Pleno