DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Mércores, 12 de xullo de 2006 Páx. 11.191

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

DECRETO 109/2006, do 30 de xuño, polo que se derroga o Decreto 218/1987, do 23 de xullo, polo que se regula a nova estrutura dos padroados para a mellora do medio rural.

O Decreto 218/1987, do 23 de xullo, regulou a nova estrutura dos padroados provinciais para a mellora do medio rural como órganos colexiados de asistencia dos delegados provinciais da Consellería de Presidencia, cos fins previstos no seu artigo 2, e que se refiren á contribución da mellora do medio rural, elevar o nivel de vida da poboación campesiña estimulando as actividades sociais e culturais, axuda á mellora de condicións de vida dos asentamentos rurais, e achega de axuda para equipamentos. Transcorrido un longo período de tempo desde o inicio da súa actividade e debido a que os padroados provinciais para a mellora do medio rural cumpriron xa sobradamente os obxectivos para os cales foron creados, e que nesta nova época se fai preciso actuar dun xeito máis innovador acorde coa realidade actual, o Goberno da Xunta de Galicia considera necesario dar un novo impulso ao espírito con que se crearon e reorganizar os recursos que se destinaron ao seu mantemento.

Polo tanto, por proposta do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día trinta de xuño de dous mil seis,

DISPOÑO:

Artigo único.-Quedan derrogados os decretos 218/1987, do 23 de xullo, polo que se regula a nova estrutura dos padroados para a mellora do medio rural e 429/1987, do 26 de novembro, polo que se modifican os artigos 5 e 6 do anterior.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza para ditar as disposicións necesarias para o desenvolvemento deste decreto.

Segunda.-Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, trinta de xuño de dous mil seis.

Emilio Pérez Touriño

Presidente

José Luis Méndez Romeu

Conselleiro de Presidencia, Administracións

Públicas e Xustiza