DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Martes, 11 de xullo de 2006 Páx. 11.126

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 28 de xuño de 2006 pola que se regula a adscrición de forma temporal, en comisión de servizo e por petición da interesada ou interesado, dos funcionarios dos corpos docentes en centros dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, en atención a situacións de conciliación da vida familiar e laboral.

Advertido erro na devandita orde, publicada no DOG nº 125, do 30 de xuño de 2006, na páxina 10.458 onde di:

«Artigo 3. Requisitos. 2 Ter destino definitivo ... unha duración no día superior a unha hora».

Debe dicir:

«Artigo 3. Requisitos. 2 Ter destino definitivo ... unha duración no día superior a unha hora, para a ida, e outra hora para a volta».