DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Luns, 10 de xullo de 2006 Páx. 11.038

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 29 de xuño de 2006 pola que se convoca o Curso superior de dereito público.

Conforme os fins que lle asigna a este centro a normativa que o regula (Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da Escola Galega de Administración Pública, modificada pola Lei 10/1989, do 10 de xullo) a EGAP, en virtude dun convenio de cola

boración asinado o 14 de xuño de 2006 coa Secretaría Xeral de Presidencia da Xunta e a Obra Social de Caixa Galicia, convoca o Curso superior de dereito público, baixo a dirección da Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia.

1. Obxectivos. O Curso superior de dereito público pretende afondar no estudo desta parte do ordenamento xurídico para dotar os asistentes dun conxunto de capacidades e habilidades que poidan aplicar no seu ámbito laboral ou profesional, dada a incidencia esencial das materias de que é obxecto na actividade ordinaria da Administración, e que comprenden as últimas novidades doutrinais, lexislativas e xurisprudenciais.

En particular, o último módulo, dedicado á lexislación procesual contencioso-administrativa, serve de complemento formal á parte substantiva do programa.

2. Contido. O Curso superior de dereito público está dividido en tres partes. O contido do temario é o seguinte:

Conferencia inaugural: Juan Alfonso Santamaría Pastor; catedrático de dereito administrativo da Universidade Complutense de Madrid, letrado das Cortes Xerais e avogado.

I. Dereito administrativo: parte xeral.

Tema 1. A Administración pública. Administración e dereito; sistemas de sometemento. O réxime administrativo; trazos do sistema español.

Tema 2. O ordenamento xurídico-administrativo. Pluralidade de fontes. Interpretación e aplicación.

Tema 3. A Administración e os tribunais de xustiza. O principio de autotutela. Os interditos e a Administración. O sistema de conflitos xurisdicionais: Lei orgánica 2/1987, do 19 de maio.

Tema 4. A Constitución como norma xurídica. O seu significado e eficacia xurídica. A supremacía da Constitución. O principio de interpretación do ordenamento xurídico conforme a Constitución.

Tema 5. O Tribunal Constitucional como órgano constitucional do Estado; composición e organización. Os procesos ante o Tribunal Constitucional; o recurso de inconstitucionalidade; a cuestión de inconstitucionalidade; os conflitos entre órganos constitucionais do Estado.

Tema 6. Conflitos de competencia entre o Estado e as comunidades autónomas ou destas entre si; os conflitos en defensa da autonomía local. Efectos das sentenzas do Tribunal Constitucional.

Tema 7. A lei: as súas clases. Leis orgánicas e ordinarias. O procedemento lexislativo.

Tema 8. Disposicións do Goberno con forza de lei: decretos lexislativos e decretos lei. O control

dos excesos da delegación, en especial o control xurisdicional.

Tema 9. O regulamento: concepto e natureza. Requisitos. Titularidade da potestade regulamentaria. Relación entre lei e regulamento: reserva de lei, xerarquía normativa. Procedemento para a elaboración das disposicións xerais. A inderrogabilidade singular das disposicións xerais.

Tema 10. Clases de regulamentos. Medios de reacción fronte aos regulamentos ilegais; especial consideración do control xurisdicional. Os actos administrativos xerais e as circulares e instrucións. Outras fontes do dereito administrativo.

Tema 11. Os estatutos de autonomía. Natureza, contido e reforma. Tipoloxía das normas autonómicas, as leis e demais disposicións autonómicas. Control xurisdicional das disposicións autonómicas.

Tema 12. Especial referencia ao Estatuto de autonomía de Galicia. O ordenamento xurídico galego. Análise das competencias da Comunidade Autónoma galega.

Tema 13. O ordenamento estatal e os ordenamentos autonómicos. Relacións. Concorrencia normativa entre o Estado e as comunidades autónomas. Execución autonómica da lexislación do Estado. O significado da cláusula de prevalencia. A cláusula de supletoriedade do dereito estatal.

Tema 14. Concepto e caracteres do dereito comunitario europeo. As súas fontes: tratados básicos, regulamentos, directivas e decisións. Outras fontes. Relacións do dereito comunitario co dereito interno.

Tema 15. O Tribunal de Xustiza das Comunidades Europeas: organización e competencias. A cuestión prexudicial. Procesos contra as institucións comunitarias.

Tema 16. Procedemento ante o Tribunal de Xustiza das Comunidades Europeas e o Tribunal de Primeira Instancia. Execución de sentenzas.

Tema 17. A protección internacional dos dereitos fundamentais. A Comunidade Europea e os dereitos fundamentais: especial referencia ao Tratado de Niza. O Tribunal Europeo de Dereitos Humanos.

Tema 18. Os dereitos fundamentais e as liberdades públicas. Referencia á orixe e evolución dos dereitos e liberdades. Teoría sobre a natureza dos dereitos fundamentais.

Tema 19. Os dereitos fundamentais na Constitución de 1978: a súa clasificación. Doutrina do Tribunal Constitucional en relación coa titularidade e exercicio dos dereitos fundamentais. O desenvolvemento normativo da Constitución. A reserva de lei e a eficacia directa.

Tema 20. As garantías específicas dos dereitos e liberdades. Os procesos preferentes e sumarios. O recurso de amparo. A suspensión de dereitos.

Tema 21. A personalidade xurídica das administracións públicas. Tipoloxía dos entes públicos. Principios das relacións entre as administracións públicas.

Tema 22. Organización administrativa. O órgano administrativo: concepto e natureza. Clases de órganos. Especial consideración dos órganos colexiados. Potestade organizadora. A competencia. Criterios de delimitación. Descentralización e desconcentración. Delegación de competencias, avocación, encomenda de xestión, delegación de sinatura e suplencia.

Tema 23. O Goberno e a Administración. A Administración central do Estado. O Goberno e o seu presidente. Atribucións xerais dos ministros, órganos superiores e demais altos cargos da Administración central.

Tema 24. A Administración periférica do Estado. Evolución histórica e réxime actual. Delegados do Goberno nas comunidades autónomas. Subdelegados do Goberno e directores insulares. Os servizos periféricos.

Tema 25. As comunidades autónomas: a súa natureza. Órganos das comunidades autónomas. Distribución de competencias entre o Estado e as comunidades autónomas. Relacións de cooperación e coordinación. O sistema de conflitos.

Tema 26. A autonomía municipal.

Tema 27. O municipio: a súa organización e competencias. A provincia como entidade local: organización e competencias. Réximes locais especiais, particularmente o réxime dos grandes municipios.

Tema 28. Réxime de funcionamento das entidades locais. Impugnación de acordos e exercicio de accións. Referencia ao réxime de bens e servizos das corporacións locais.

Tema 29. A Administración institucional. Especial consideración á chamada fuxida do dereito administrativo. Os organismos públicos: organismos autónomos e entidades públicas empresariais. Réxime xurídico. Entidades excluídas da regulación xeral. Especial estudo da Administración institucional da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tema 30. A Administración corporativa: concepto, natureza e clasificación. Réxime xurídico. Dereito público e dereito privado no ámbito da Administración corporativa.

Tema 31. A Administración consultiva. O Consello de Estado: evolución histórica, natureza, composición e competencias. A función consultiva do Consello Xeral do Poder Xudicial.

Tema 32. A función consultiva das comunidades autónomas. Os consellos consultivos. O Consello Consultivo de Galicia: natureza, composición, competencias e funcións.

Tema 33. A función pública. Natureza xurídica da relación entre o funcionario e a Administración. Réxime legal vixente; especial referencia á Lei da función pública de Galicia. Persoal ao servizo da Administración: clases e réxime xurídico. Ingreso na función pública: selección e adquisición da condición de funcionario. A extinción da relación funcionarial.

Tema 34. Dereitos e deberes dos funcionarios. Provisión de postos de traballo. Incompatibilidades dos funcionarios públicos. Responsabilidade; especial referencia á responsabilidade disciplinaria. Situacións administrativas.

Tema 35. O control xurisdicional en materia de función pública. Referencia especial en canto aos procedementos de selección e concursos. A discrecionalidade técnica dos tribunais.

Tema 36. O persoal estatutario do Sistema Nacional de Saúde; marco xurídico. O persoal do Servizo Galego de Saúde. Xurisdición competente.

Tema 37. O principio de legalidade da Administración. As potestades administrativas. A actividade administrativa discrecional e os seus límites. Control da discrecionalidade; especial consideración da desviación de poder. Os conceptos xurídicos indeterminados.

Tema 38. A actividade xurídica da Administración: pública e privada. O acto administrativo: concepto e elementos. A forma dos actos administrativos: a motivación, a notificación e a publicación. Obriga de resolver. Actos presuntos. Inactividade da Administración.

Tema 39. Clasificación dos actos administrativos. Especial referencia aos actos presuntos, de trámite, provisionais e que poñen fin á vía administrativa. Os actos de goberno: natureza e réxime de impugnación no noso dereito positivo. A eficacia dos actos administrativos na orde temporal: comezo, suspensión e retroactividade.

Tema 40. A executividade dos actos administrativos: fundamento e natureza. A execución forzosa pola Administración dos actos administrativos: medios no noso dereito positivo. A vía de feito.

Tema 41. Nulidade de pleno dereito e anulabilidade dos actos administrativos. Os actos administrativos irregulares. A validación, conservación e conversión dos actos administrativos.

Tema 42. Revisión de oficio; fundamentación. A revisión de oficio de actos e regulamentos nulos de pleno dereito. A revisión de actos anulables declarativos de dereitos; a declaración de lesividade. A revogación de actos administrativos e a corrección de erros.

Tema 43. Os contratos administrativos: criterios de distinción entre os contratos administrativos e

os demais contratos das administracións públicas. Lexislación vixente. Clases de contratos públicos. Prerrogativas de dereito público na contratación administrativa. A doutrina dos actos separables.

Tema 44. Liñas xerais do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas; actuacións administrativas preparatorias; procedementos e formas de adxudicación; execución, modificación e extinción dos contratos; cesión de contratos e subcontratación.

Tema 45. Réxime xurídico do contrato de obras: preparación, procedementos e formas de adxudicación; execución, modificación e extinción. Especial consideración do contrato de obra de pagamento único.

Tema 46. Réxime xurídico do contrato de xestión de servizos públicos: actuacións preparatorias, procedementos e formas de adxudicación; execución, modificación e extinción. Réxime xurídico do contrato de subministracións: actuacións preparatorias, procedementos e formas de adxudicación, execución, modificación e extinción. Os contratos de consultoría e asistencia. Os contratos de servizos.

Tema 47. O control da contratación pública. A incidencia da normativa comunitaria. A necesidade dun efectivo sistema de recursos. O control xurisdicional da contratación pública.

Tema 48. Especial referencia á normativa reguladora do contrato de concesión de obra pública. O financiamento privado de infraestruturas e a normativa do contrato de obra pública. A articulación de competencias nas devanditas materias.

Tema 49. Expropiación forzosa. Fundamento e natureza. Lexislación vixente. Suxeitos, obxecto e causa da expropiación. Procedemento xeral.

Tema 50. Peculiaridades do procedemento de urxencia. Referencia aos procedementos especiais de expropiación. Especial consideración das expropiacións urbanísticas. Reversión de bens expropiados. Garantías xurisdicionais.

Tema 51. O Xurado Autonómico de Expropiación Forzosa. Os xurados provinciais de Expropiación. A motivación dos acordos do xurado. Presunción de acerto ou certeza. Lexitimación para recorrer. A impugnación contencioso-administrativa. Especial referencia á impugnación do prezo xusto; proba.

Tema 52. O dominio público; concepto e natureza. Suxeitos, obxecto e clasificación dos bens demaniais. O fin ou afectación dos bens. Réxime e modalidades de utilización dos bens demaniais. As técnicas de protección do dominio público.

Tema 53. Os bens patrimoniais; aspectos xerais. A adquisición, utilización e protección. Outros bens públicos de réxime especial. Especial referencia á normativa sobre patrimonio en Galicia.

Tema 54. A responsabilidade patrimonial das administracións. Fundamento e elementos que se integran. Lexislación vixente. Requisitos; lesión resarcible; imputación do dano e relación de causalidade. O contido do deber indemnizatorio. Procedemento administrativo de exixencia de responsabilidade. Procedemento abreviado. A prescrición da acción de responsabilidade.

Tema 55. Especial referencia á responsabilidade patrimonial en materia sanitaria e do medicamento. A responsabilidade patrimonial en materia de accidentes de caza e medio ambiente.

Tema 56. A actividade da administración. Títulos de intervención. Formas ou clases de actividades. Principios e condicións. Técnicas de intervención administrativa.

Tema 57. A responsabilidade das autoridades e persoal ao servizo das administracións públicas. Responsabilidade da Administración por actos dos seus concesionarios e contratistas. A responsabilidade do Estado pola actuación da Administración de xustiza e a chamada responsabilidade do Estado lexislador.

Tema 58. A potestade sancionadora da Administración. O concepto de sanción. Principios que rexen a configuración e aplicación do sistema sancionador. Medidas sancionadoras e accesorias. O procedemento sancionador. Principios constitucionais; dereitos e garantías de defensa; estrutura do procedemento.

Tema 59. A execución das sancións. Especial referencia ao control xurisdicional; actividade probatoria no proceso contencioso-administrativo.

Tema 60. As técnicas da actividade de limitación: os graos de limitación na liberdade e nos dereitos dos particulares. A regulamentación, a autorización, as licenzas, as ordes, as prohibicións e os mandatos.

Tema 61. A actividade administrativa de fomento. Os incentivos económicos. Estudo especial das subvencións, con singular referencia ao dereito comunitario.

Tema 62. A actividade administrativa de prestación. O servizo público. A doutrina clásica do servizo público. Evolución da doutrina. Técnicas de intervención e control na prestación dos servizos públicos.

Tema 63. Medios de xestión dos servizos públicos. Estudo especial da concesión e o seu réxime xurídico. Situación xurídica dos usuarios. Actividade empresarial dos entes públicos.

Tema 64. Especial referencia ao servizo público no dereito comunitario. O proceso de liberalización de actividades na Unión Europea. Incidencia na liberalización na definición, formas de intervención e nas técnicas utilizadas no servizo público.

Tema 65. O procedemento administrativo. Regulación legal: ámbito de aplicación da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. A Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e a Lei galega 6/2001: os seus aspectos principais. Enumeración dos principios xerais do procedemento administrativo. Os interesados no procedemento administrativo. A lingua dos procedementos e o dereito de acceso a arquivos e rexistros. Termos e prazos.

Tema 66. Iniciación, ordenación e instrución do procedemento administrativo: a proba. Participación dos interesados. Terminación: a resolución. Terminación convencional. Outros modos de terminación. Breve referencia aos procedementos sancionador, de responsabilidade patrimonial e de elaboración de disposicións xerais.

Tema 67. Recursos administrativos: concepto, clases e principios xerais da súa regulación. Recursos ordinarios: alzada e reposición potestativa; outros procedementos de impugnación. Recurso extraordinario de revisión.

II.-Dereito administrativo, parte especial.

Conferencia maxistral para dar comezo a esta parte do programa. Correrá a cargo do profesor Francisco Caamaño Domínguez, catedrático de dereito constitucional da Universidade de Valencia e secretario de Estado da Secretaría de Relacións coas Cortes.

Tema 1. A estrutura da Comunidade Autónoma galega. A base persoal e territorial. A configuración xeral das institucións de autogoberno. O Parlamento galego.

Tema 2. A organización administrativa da Xunta de Galicia. O Consello. O presidente. Os conselleiros. As comisións delegadas.

Tema 3. Órganos superiores e demais altos cargos da Administración autonómica. A Comisión de Secretarios Xerais. Conflitos de atribucións entre órganos da mesma ou de distinta consellería. A Administración periférica da Xunta de Galicia.

Tema 4. A Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia: a asistencia xurídica. A escala e o estatuto persoal dos letrados da Xunta de Galicia. Organización. Funcións de asesoramento xurídico. Funcións contenciosas. Defensa de funcionarios. A Asesoría Xurídica do Sergas.

Tema 5. Regulación de estranxeiría: réxime xeral de entrada, residencia e traballo. Réxime sancionador. Asilo político e condición de refuxiado.

Tema 6. Urbanismo e dereito. Evolución e réxime legal vixente. Distribución de competencias entre o Estado e as comunidades autónomas na doutrina do Tribunal Constitucional: especial referencia á sentenza do Tribunal Constitucional 61/1997, do 20 de marzo, e as súas consecuencias no plano lexislativo. Dereito urbanístico galego.

Tema 7. Réxime urbanístico do solo: clasificación do solo; patrimonio municipal do solo; parcelacións e reparcelacións. Plans de ordenación: clases. A súa formación e aprobación. Efectos. Execucións dos plans de ordenación: sistemas de actuación.

Tema 8. Exercicio das facultades relativas ao uso e edificación do solo; fomento da edificación. Intervención na edificación e uso do solo. Disciplina urbanística. Réxime xurídico.

Tema 9. A discrecionalidade administrativa no planeamento urbanístico. Características e control. Exercicio e límites. A discrecionalidade administrativa e o seu control xudicial na clasificación, cualificación do solo e noutras determinacións do planeamento.

Tema 10. Acción administrativa en relación coa vivenda: competencias da Xunta de Galicia. O Instituto Galego da Vivenda e Solo. A Lei de vivenda de Galicia; referencia á Lei de ordenación da edificación. Vivendas de promoción pública.

Tema 11. Orde e seguridade cidadá: competencias da Xunta de Galicia: réxime xeral. A policía autonómica. As policías locais; a súa coordinación. Uso e tenza de armas e explosivos. Competencias da Xunta de Galicia en materia de protección civil e de xogos e apostas.

Tema 12. A sanidade pública. Competencias da Xunta de Galicia e servizos traspasados. A ordenación sanitaria de Galicia, en especial, o Servizo Galego de Saúde (Sergas): organización e competencias.

Tema 13. Grupo normativo de normalización lingüística. Especial referencia á lingua galega. As competencias e acción administrativa para a protección da lingua galega.

Tema 14. A Administración e o ensino. Competencias da Xunta de Galicia. O sistema educativo. Os centros docentes. A autonomía universitaria; o sistema universitario galego.

Tema 15. A cultura. Competencias da Xunta de Galicia. Especial referencia á lingua galega. O Consello da Cultura Galega. O patrimonio histórico-artístico. Arquivos, bibliotecas e museos. O deporte.

Tema 16. A acción administrativa en materia de agricultura e gandaría. Competencias da Xunta de Galicia. Estruturas agrarias. Concentración parcelaria. Desenvolvemento rural. Vías pecuarias.

Tema 17. As competencias da Xunta de Galicia en materia de Administración de xustiza, de protección civil, xogos e apostas, espectáculos e asociacións.

Tema 18. A acción administrativa en materia de protección e asistencia social, traballo e emprego.

Tema 19. Os montes: disposicións xerais e competencias da Xunta de Galicia. Clasificación e réxime xurídico dos montes. Xestión, conservación e protección forestal. Montes veciñais en man común.

Tema 20. Pesca, marisqueo e cultivos mariños: competencias da Xunta de Galicia. A regulación xurídica do sector.

Tema 21. Costas: competencias da Xunta de Galicia. Delimitación, protección e utilización do dominio público marítimo-terrestre.

Tema 22. Os portos: competencias da Xunta de Galicia; organización administrativa.

Tema 23. Augas terrestres: competencias da Xunta de Galicia. O dominio público hidráulico. Organismos de bacía. Utilización do dominio hidráulico. Exame especial das concesións de augas. A planificación hidrolóxica.

Tema 24. Minas: teorías sobre a propiedade mineira e criterio do ordenamento español. Competencias da Xunta de Galicia. Clasificación e réxime de explotación dos xacigos mineiros e outros recursos xeolóxicos. En particular, os permisos de explotación e de investigación e as concesións de explotación. A intervención administrativa no sector enerxético.

Tema 25. A Administración e a economía. O modelo económico constitucional e comunitario. A liberdade de empresa. A reserva do sector público na actividade económica.

Tema 26. As competencias autonómicas e a unidade de mercado. A delimitación competencial entre o Estado e a Xunta de Galicia. O Tribunal de Contas e os órganos fiscalizadores das comunidades autónomas. O Consello de Contas.

Tema 27. A intervención administrativa en materia de industria. O sector público industrial. A actividade administrativa de fomento das actividades económicas: réxime xurídico das subvencións. O Instituto Galego de Promoción Económica.

Tema 28. A intervención administrativa en materia de institucións de crédito e caixas de aforro; competencias da Xunta de Galicia. Réxime xurídico das transaccións económicas co exterior.

Tema 29. A Administración e o medio ambiente. Competencias da Xunta de Galicia. Avaliación de impacto ambiental e réxime de actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas. Os espazos naturais protexidos. A caza e a pesca fluvial; competencias da Xunta de Galicia.

Tema 30. O comercio interior. A delimitación competencial entre o Estado e a Xunta de Galicia. Réxime xeral do comercio retallista. A intervención administrativa en materia de consumo.

Tema 31. As obras públicas: competencias da Xunta de Galicia. Estradas: competencias da Xunta de

Galicia. Réxime xurídico xeral. Transportes: competencias da Xunta de Galicia e réxime xurídico xeral.

Tema 32. As telecomunicacións: o seu réxime xurídico. Especial referencia á radio e á televisión. A Administración e o turismo; competencias da Xunta de Galicia.

Tema 33. A acción exterior da Xunta de Galicia. A Administración galega e a Unión Europea. A competencia da Comunidade Autónoma en materia de emigración.

III.-Proceso contencioso-administrativo.

Conferencia inicial: A actividade da Administración e o control xurisdicional.

Juan Carlos Trillo Alonso, presidente da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Tema 1. O proceso contencioso-administrativo. Evolución da nosa lexislación nesta materia. Réxime legal vixente. A Lei do 27 de decembro de 1956 e incidencia nela da Constitución española. A Lei 29/1998, do 13 de xullo: características, sistemáticas e novidades que introduce respecto da lexislación anterior.

Tema 2. Natureza, extensión e límites da orde xurisdicional contencioso-administrativa. Concepto da Administración pública para efectos do recurso. Cuestións as que se estende o coñecemento e cuestións excluídas desta orde xurisdicional.

Tema 3. Os órganos da orde xurisdicional contencioso-administrativa. Regras determinantes da súa respectiva competencia. Referencia á constitución de salas e distribución de asuntos.

Tema 4. As partes no proceso contencioso-administrativo: capacidade, lexitimación, consideración especial das administracións autonómicas e locais; representación e defensa da Administración nas súas diversas esferas.

Tema 5. Actuación administrativa impugnable: exclusións legais. Pretensións das partes. Acumulación. Contía do recurso. O esgotamento da vía administrativa.

Tema 6. O obxecto do recurso contencioso-administrativo. O recurso contra disposicións xerais. A impugnación indirecta; efectos da sentenza. O recurso contra a inactividade da Administración: modalidades. O recurso contra a vía de feito.

Tema 7. O procedemento no recurso contencioso-administrativo. Exame do procedemento ordinario.

Tema 8. O procedemento abreviado. Procedementos especiais: o proceso contencioso-administrativo de protección de dereitos fundamentais. A cuestión de ilegalidade. O procedemento nos casos de sus

pensión administrativa previa de acordos. O proceso contencioso-electoral.

Tema 9. As medidas cautelares no recurso contencioso-administrativo: criterios xurisprudenciais. Medidas cautelares previas ao recurso.

Tema 10. A sentenza no proceso contencioso-administrativo. Execución provisional e definitiva de sentenzas. Suspensión e inexecución delas.

Tema 11. Réxime xeral de impugnación das resolucións ditadas no proceso contencioso-administrativo: evolución histórica e situación actual. Recursos contra providencias e autos. Recurso de apelación.

Tema 12. Recurso de casación común; natureza, resolucións susceptibles de recurso; motivos. Procedemento. A sentenza; pronunciamentos posibles.

Tema 13. O recurso de casación para unificación de doutrina estatal e autonómica. O recurso en interese de lei estatal e autonómica. O recurso de revisión.

Conferencia de clausura. Emilia Casas Baamonde. Presidenta do Tribunal Constitucional. Catedrática de Dereito do Traballo e a Seguridade Social da Universidade Complutense de Madrid.

3. Destinatarios. O curso convocado ten como destinatarios os letrados da Xunta de Galicia, ademais de funcionarios de carreira ou persoal interino dos grupos A e B, que estean en posesión do título de licenciado en dereito, pertencentes á Xunta de Galicia ou á Administración local galega, así como o persoal laboral dunha ou doutra administración, dos grupos I e II, que se atopen en posesión do título de licenciado en dereito; alumnos das facultades de dereito; letrados doutras administracións; maxistrados, xuíces e profesionais do dereito interesados nas materias que se van impartir.

4. Prazas. O número de prazas é limitado á capacidade do salón de actos da Escola Galega de Administración Pública.

5. Dereitos de inscrición. Os dereitos de inscrición fíxanse nas seguintes contías, segundo estes casos:

1. Mil douscentos euros (1.200 euros) para todos aqueles solicitantes que pertenzan á Xunta de Galicia ou á Administración local galega. Esta circunstancia acreditarase mediante a certificación expedida polo secretario xeral da respectiva consellería ou xefe superior de persoal da delegación, deputación ou concello municipal, segundo o modelo que se une como anexo II á convocatoria deste curso no DOG.

O importe anterior farase efectivo en dous prazos de seiscentos euros (600 euros) cada un, de acordo coa seguinte modalidade:

-O primeiro prazo, deberá ingresarse no momento de formalizar a inscrición.

-O segundo prazo, farase efectivo dentro dos primeiros quince días de xaneiro de 2007.

2. Dous mil catrocentos euros (2.400 euros) para o resto dos solicitantes.

A contía consignada farase efectiva polos interesados en dous prazos de mil douscentos euros (1.200 euros) cada un, de acordo coa seguinte modalidade:

-O primeiro prazo, deberá ingresarse no momento de formalizar a inscrición.

-O segundo prazo, farase efectivo dentro dos primeiros quince días de xaneiro de 2007.

6. Forma de pagamento. O aboamento do primeiro prazo efectuarase mediante o ingreso na conta corrente do Tesouro da Xunta de Galicia na Caixa de Aforros de Galicia, oficina de organismos de Santiago de Compostela, nº 2091 0300 47 3110063172.

O pagamento do segundo prazo realizarase utilizando o impreso que lles entregará a dirección do curso aos alumnos admitidos nel.

7. Incumprimento dos prazos de pagamento. Os alumnos que non fagan efectivo o importe dos dereitos de inscrición, dentro dos prazos marcados para cada caso, perderán a súa condición de asistentes a este curso e non terán dereito á devolución das contías ingresadas con anterioridade.

8. Prazo de inscrición, solicitudes e documentos. Para a participación neste curso, ábrese un prazo de inscrición que comezará a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio do curso no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 30 de setembro dese mesmo ano, para que as persoas que figuran como destinatarias deste curso poidan formalizala, segundo o modelo que figura no anexo I da convocatoria deste curso no DOG.

Para a formalización da inscrición, será preciso achegar o pertinente boletín cos seguintes documentos, sendo rexeitadas as solicitudes que non se ateñan aos modelos establecidos:

a) Se o peticionario é funcionario ou persoal interino:

-Fotocopia do DNI.

-Dúas fotos a cor, tamaño carné.

-Certificado, conforme o modelo do anexo II desta convocatoria, no cal consten expresamente estes datos:

1. Que o/a interesado/a é funcionario/a de carreira ou persoal interino dos grupos A ou B da Xunta de Galicia ou da Administración local galega.

2.1. Se é funcionario/a: que se atopa en situación administrativa de servizo activo ou de servizos especiais en calquera das dúas aludidas administracións.

2.2. Se é persoal interino: que está ocupando praza dos grupos A ou B dunha ou doutra das mencionadas administracións.

Este certificado, igual ca o anterior do punto 1, deberá expedilo, segundo os casos, o secretario xeral da respectiva consellería ou xefe superior de persoal da delegación, deputación ou concello municipal, segundo o modelo que como anexo II figura na convocatoria deste curso no DOG

-Xustificante da transferencia dos respectivos dereitos de inscrición polo primeiro prazo.

-Copia cotexada do título de licenciado en dereito.

b) Se o/a peticionario/a é persoal laboral:

-Fotocopia do DNI.

-Dúas fotos a cor, tamaño carné.

-Certificado en que conste expresamente que o/a interesado/a é persoal laboral dos grupos I ou II da Xunta de Galicia ou da Administración local galega, e que se atopa en situación de servizo activo ou de excedencia forzosa en calquera das dúas citadas administracións.

Este documento deberá expedilo, segundo os casos, o secretario xeral da respectiva consellería ou xefe superior de persoal da delegación, deputación ou concello municipal, segundo o modelo do aludido anexo II.

-Xustificante da transferencia dos respectivos dereitos de inscrición polo primeiro prazo.

-Copia cotexada do título de licenciado en dereito.

c) Para os restantes peticionarios:

-Fotocopia do DNI.

-Dúas fotos a cor tamaño carné.

-Copia cotexada do título de licenciado en dereito.

-Currículo.

-Xustificante da transferencia dos respectivos dereitos de inscrición polo primeiro prazo.

Para calquera información poden dirixirse á Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia, aos seguintes teléfonos: 981 54 58 98/981 54 58 76.

9. Criterios selectivos. Se os solicitantes son funcionarios, persoal interino ou persoal laboral, os criterios selectivos para a admisión neste curso serán, por esta orde, os seguintes:

1º Que exista unha relación directa entre as tarefas que realiza o interesado no desempeño do seu posto de traballo e a materia obxecto deste curso.

2º Ter realizado, durante os últimos cinco anos, un menor número de cursos relacionados con contidos temáticos similares ao que agora se convoca.

3º A antigüidade, e como tal enténdese a data de ingreso do/a interesado/a na Administración pública.

De quedaren prazas libres, despois de feita a selección entre o persoal funcionario ou laboral de calquera das administracións públicas galegas indicadas anteriormente, o criterio selectivo dos restantes peticionarios, nos que non concorra a mencionada condición, será como se expresa a continuación:

-Gozarán de preferencia aqueles solicitantes que documentalmente acrediten que a súa actividade profesional mantén relación co dereito público e poidan demostrar, a través do seu currículo, unha constatada experiencia neste campo (por exemplo, publicacións, cursos de especialización, traballos de investigación, etc., vinculados coa materia expresada).

Toda a documentación que remitan os solicitantes, que non sexa orixinal, terá que vir debidamente cotexada.

En calquera caso, esta convocatoria rexerase polos criterios de participación nas actividades docentes da Escola Galega de Administración Pública, publicados no DOG nº 149, do 3 de agosto de 1994.

10. Certificado de asistencia. Para a superación deste curso e a obtención do certificado de asistencia é imprescindible que os alumnos acudan con regularidade a este e que a súa asistencia a esta actividade supoña unha porcentaxe superior ao 85% das horas programadas. Os participantes que non alcancen aquel límite, sexa cal sexa a causa, quedarán eliminados coa perda de todos os dereitos.

11. Desenvolvemento. O curso realizarase na Escola Galega de Administración Pública, rúa de Madrid, 2-4, polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela. Comezará o 16 de outubro de 2006 e rematará o día 18 de xuño do ano 2007.

A súa duración será de 236 horas, que se distribuirán a razón de 8 horas por semana, ordinariamente os luns e mércores, desde as 16.30 horas ás 20.30 horas.

12. Modificacións. A dirección do curso resérva para si a facultade de interpretar e resolver as incidencias que puidesen xurdir no desenvolvemento deste curso, así como de cancelalo se o escaso número de solicitudes non xustificasen a súa realización.

Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2006.

Antonio Izquierdo Escribano

Director da Escola Galega de Administración Pública