DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Luns, 10 de xullo de 2006 Páx. 11.038

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

ORDE do 21 de xuño de 2006 pola que se clasifica de interese cultural a Fundación Luso Galaica.

Visto o expediente de clasificación da Fundación Luso Galaica, con domicilio en Vigo.

Supostos de feito.

1. Antonio Reguera Repiso, na súa condición de presidente do padroado da fundación, formulou solicitude de clasificación para os efectos da súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

2. A fundación foi constituída en escritura pública outorgada en Vigo o día 12 de decembro de dous mil cinco, ante o notario José Luis Prieto Fenech co número de protocolo dous mil trescentos noventa por Antonio Reguera Repiso, Miguel Ángel Durán Abollo e Antonio Eusebio Vidal Negreira, que interveñen no seu propio nome e dereito, e ademais Antonio Reguera Repiso como mandatario verbal de María Teresa Ramona Rosario Vidal Gallego, Josefa Migues Nantes, José Manuel da Costa Madureira e Ángel José Niño Pardo.

3. Segundo consta no artigo seis dos seus estatutos, a fundación ten por obxecto o turismo, cultura, gastronomía, cursos de formación a mulleres e homes, desenvolvemento da economía, intercambio empresarial, e todo o relacionado co interese de promoción de Galicia e Portugal.

4. O padroado da fundación estará integrado por Antonio Reguera Repiso como presidente, Miguel Ángel Durán Abollo como secretario, María Teresa Ramona Rosario Vidal Gallego como tesoureira, e por Antonio Eusebio Vidal Negreira, Josefa Migues Nantes, José Manuel da Costa Madureira e Ángel José Niño Pardo como vogais.

5. A comisión integrada polos secretarios xerais de todas as consellerías eleva ao conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza proposta de clasificación como de interese cultural da Fundación Luso Galaica dado o seu obxecto e finalidade, polo que, véndose cumpridos os requisitos exixidos na Lei 7/1983, do 22 de xuño, e na Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da lei anterior, de réxime das fundacións de interese galego, e segundo establece o artigo 32.1 e 2 do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, procede a súa clasificación como de interese cultural e a súa adscrición á Consellería de Cultura e Deporte.

Fundamentos de dereito.

1. O artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral de acordo coa lei, e o artigo 27.26 do Estatuto de autonomía para Galicia outórgalle competencia exclusiva sobre o réxime das fundacións de interese galego.

2. De acordo co disposto no artigo 32.2.c) do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, corresponde a esta consellería a clasificación da fundación e a adscrición á consellería correspondente, quen exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

3. En vista do que antecede, pódense considerar cumpridas as finalidades tanto legais como regulamentarias establecidas para o caso, de acordo coa proposta realizada pola Comisión de secretarios xerais na súa reunión do día dezanove de xuño de dous mil seis.

Vista a Constitución española de 1978, o Estatuto de autonomía de Galicia (Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril); a Lei 7/1983, do 22 de xuño, e na Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da anterior, de réxime das fundacións de interese galego, así como as demais normas de desenvolvemento e de xeral aplicación.

Na súa virtude,

DISPOÑO:

Clasificar de interese cultural a Fundación Luso Galaica adscribíndoa á Consellería de Cultura e Deporte, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2006.

José Luis Méndez Romeu

Conselleiro de Presidencia, Administracións

Públicas e Xustiza