DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Venres, 07 de xullo de 2006 Páx. 10.958

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

VICEPRESIDENCIA DA IGUALDADE E DO BENESTAR

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 15 de xuño de 2006 pola que se regulan as axudas económicas para a atención da primeira infancia a través do cheque infantil en escolas infantís 0-3 non sostidas con fondos públicos e se procede á súa convocatoria.

Advertido erro na devandita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 119, do xoves 22 de xuño de 2006, cómpre realizar as seguintes correccións:

Na páxina 10.022, punto cuarto da parte expositiva, onde di: «As axudas que se establecen no articulado desta orde financiaranse con cargo á aplicación orzamentaria 14.02.212A.470.0», debe dicir: «As axudas que se establecen no articulado desta orde financiaranse con cargo á aplicación orzamentaria 05.20.212A.470.0».

Na páxina 10.025, no artigo 7.2, onde di: «O prazo de presentación de solicitudes de reserva de praza, así como para as/os posibles beneficiarias/os do artigo 3.2.b) e 3.3», debe dicir: «O prazo de presentación de solicitudes de reserva de praza, así como para as/os posibles beneficiarias/os do artigo 3.2.b) e 3.2.c)».

Na páxina 10.033, no anexo VII de relación de centros partícipes no Programa Cheque Infantil na Comunidade Autónoma de Galicia (curso 2006/2007), deberá engadirse co código 151102 a Escola Infantil Pitufos, r/ Fernández Mato, 11, Boiro (A Coruña).