DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Mércores, 05 de xullo de 2006 Páx. 10.756

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 2006 pola que se lle dá publicidade aos avais concedidos polo Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

O artigo 13.2º do Decreto 284/1994, do 15 de setembro, de regulación de avais do Instituto Galego de Promoción Económica establece que aos avais

concedidos polo Igape se lles dará publicidade no Diario Oficial de Galicia.

En virtude do exposto anteriormente,

RESOLVO:

Un.-Darlles publicidade aos avais concedidos polo Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape):

-Aval por importe máximo de 1.650.000 euros á empresa Treves Galicia, S.L.U., concedido o 19 de xullo de 2005.

-Liña de avais cun límite de risco máximo de 1.250.000 euros á empresa Intelsis Sistemas Inteligentes, S.A., concedido o 19 de xullo de 2005 e modificado o 22 de decembro de 2005.

-Aval por importe máximo de 2.375.901 euros á empresa Mantenimiento y Conservaciones Ibéricas, S.L. (Maconsi), concedido o 19 de xullo de 2005.

-Aval por importe máximo de 430.000 euros á empresa Volvoreta, S.A., concedido o 2 de marzo de 2006.

Dous.-Darlles publicidade aos avais concedidos mediante resolución do director xeral do Igape en virtude do convenio polo que se establece unha liña de avais do Igape para financiar a adquisición de dereitos de pesca por parte de agrupacións de produtores para o acceso da flota galega a caladoiros:

-Aval por importe máximo de 535.000 euros á empresa Arrastreros Asociados, A.I.E.

-Aval por importe máximo de 595.000 euros á empresa Arrastreros Coruñeses, A.I.E.

-Aval por importe máximo de 514.047,06 euros á empresa Organización de Productores de Pesca Fresca del Puerto de La Coruña.

-Aval por importe máximo de 90.151,82 euros á empresa Arrastreros de Gran Sol Asociados, A.I.E.

-Aval por importe máximo de 1.202.500 euros á empresa Derechos de Pesca 2005, A.I.E.

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2006.

José Antonio Delgado Arce

Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica