DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Mércores, 05 de xullo de 2006 Páx. 10.750

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 15 de xuño de 2006 pola que se dispón o cesamento dun membro do Comité Ético de Investigación Clínica de Galicia.

Os comités éticos de investigación clínica son os encargados de informar todos os ensaios clínicos que se realicen dentro do seu ámbito territorial. Os ensaios clínicos e os comités éticos de investigación clínica regúlanse na comunidade autónoma polo Decreto 32/1996, do 25 de xaneiro.

A Orde do 11 de xullo de 1996 pola que se crea o Comité Ético de Investigación Clínica de Galicia, no seu artigo 3, dispón que a composición do comité se axustará ao establecido no Decreto 32/1996, e que os seus membros serán nomeados por orde da Consellería de Sanidade.

En consecuencia, en virtude das facultades que me confire o artigo 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, reformada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, a Orde do 11 de xullo de 1996, e a disposición adicional primeira do Decreto 32/1996, do 25 de xaneiro, polo que se regula a realización de ensaios clínicos na Comunidade Autónoma de Galicia, por proposta da Subdirección Xeral de Farmacia e Produtos Sanitarios do Servizo Galego de Saúde,

DISPOÑO:

Artigo único.-Cesa, por petición propia, como membro do Comité Ético de Investigación Clínica de Galicia, creado pola Orde do 11 de xullo de 1996, a persoa que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2006.

María José Rubio Vidal

Conselleira de Sanidade

ANEXO

Persoa que cesa como membro do CEIC de Galicia: David Simón Lorda, médico especialista en psiquiatría do Complexo Hospitalario de Ourense.