DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Luns, 03 de xullo de 2006 Páx. 10.597

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE TRABALLO

RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 2006, do Consello Galego de Cooperativas, pola que se fai pública a concesión dos premios sobre cooperativismo no ensino dirixidos aos centros educativos de Galicia.

Por Resolución do 3 de marzo de 2006, o Consello Galego de Cooperativas fixo públicas as bases do Certame cooperativismo no ensino, dirixido aos centros educativos de Galicia. No anexo I establecéronse as modalidades de debuxo, pintura e/ou vídeo e de actividades cooperativizadas, dirixidas os centros educativos de educación primaria e secundaria obrigatoria. No anexo II, estableceuse a modalidade de proxectos empresariais cooperativos dirixida a centros de formación profesional.

Nas bases reguladoras destes premios establecíase que os traballos participantes neste concurso serían examinados e valorados por un xurado e que a concesión dos mesmos publicaríase no DOG.

Os xurados dos premios, na súa reunión do día 15 de xuño de 2006, resolveron a concesión destes.

Polo que antecede, e no uso das atribucións que teño conferidas pola Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia e polo Decreto 25/2001, do 18 de xaneiro, polo que se regula a organización

e o funcionamento do Consello Galego de Cooperativas,

DISPOÑO:

A publicación da resolución dos premios acordados polos xurados, en cada unha das modalidades dos anexos I e II:

ANEXO I

Certame cooperativismo no ensino dirixido a centros educativos de educación primaria e secundaria obrigatoria.

1. Modalidade de debuxo, pintura e/ou vídeo:

Categoría A.

1º Premio: alumnos/as de 1º e 2º educación primaria:

A Ledicia de colorín un dos vagóns do tren da paz.

C.E.I.P. Domaio-Moaña (Pontevedra).

1º Accésit: Iria Vidal López.

Iria Rodríguez Penas.

Yaiza Segade García.

Alumnas de 2º de educación primaria.

Veña que os dous podemos.

C.E.I.P. Mestre Pastor Barral (Melide).

Categoría B:

1º Premio: alumnos/as de 3º e 4ª de educación primaria.

Mural sobre a nosa horta.

C.E.I.P. Domaio-Moaña (Pontevedra).

1º Accésit: Mª Carmen Saa Torres.

María Montes Gutiérrez.

Andrea Sobral Carballeda.

Pablo Torres González.

Alumnos de 4º de educación primaria.

A casa é de todos.

C.E.P. Monte Porreiro (Pontevedra).

Categoría C:

1º Premio: alumnos de 5º e 6º de educación primaria.

Mural dos maios sobre estrutura cónica.

C.E.I.P. Domaio-Moaña (Pontevedra).

1º Accésit: alumnos de 5º A de educación primaria.

A videira boa da bos acios.

C.E.I.P. Irmáns Villar (Peña Trevinca) Ourense.

Categoría D: tendo en conta que nesta categoría non se presentou ningún centro. O xurado deixouno deserto.

Categoría E: tendo en conta que nesta categoría non se presentou ningún centro. O xurado deixouno deserto.

2. Modalidade de actividades cooperativizadas:

Categoría D:

1º Premio: alumnos do 1º curso do 1º ciclo da ESO.

A voz d'Andaina.

C.P.R. Andaina-A Zapateira (A Coruña).

Categoría E:

1º Premio: alumnos do 2º ciclo da ESO.

Festival benéfico de fin de curso.

C.P.I. Luís Díaz Moreno-Barralla (Lugo).

ANEXO II

Certame cooperativismo no ensino dirixido a centros de formación profesional

1. Modalidade de proxectos empresariais cooperativos:

Premio ao mellor proxecto empresarial cooperativo:

Solución Sociedade Cooperativa Galega.

I.E.S. As Mercedes-Lugo.

Accésit aos dous proxectos empresariais finalistas:

Arcometal S. Coop. Gallega.

I.E.S. Marco do Camballón-Vila de Cruces (Pontevedra).

-Gardería Picariños, S. Coop. Galega.

I.E.S. Leliadoura-Ribeira (A Coruña).

A entrega dos premios terá lugar o día 1 de xullo de 2006 nos actos públicos previstos con motivo da conmemoración do día do cooperativismo que se celebrarán nas instalacións de Melisanto S. Coop. Galega no Concello de Melide.

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2006.

Ricardo Jacinto Varela Sánchez.

Presidente do Consello Galego de Cooperativas

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

E XUSTIZA