DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Luns, 03 de xullo de 2006 Páx. 10.596

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 23 de xuño de 2006 pola que se resolve o concurso público de cinco bolsas de colaboración en diversos proxectos de museísmo pedagóxico, que se están a desenvolver no Museo Pedagóxico de Galicia (Mupega).

Por orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 14 de febreiro de 2006 (DOG nº 39, do 24 de febreiro), corrixida por outra do 10 de marzo (DOG nº 54, do 17 de marzo), apróbanse as bases que rexerán o concurso público de cinco bolsas de colaboración en diversos proxectos de museísmo pedagóxico, que se están a desenvolver no Museo Pedagóxico de Galicia (Mupega), e se anuncia a súa convocatoria.

Os expedientes foron estudados pola comisión de valoración prevista na base sexta da convocatoria.

De acordo coas valoracións realizadas pola citada comisión, e á vista da proposta formulada polo secretario xeral desta consellería,

RESOLVO:

Primeiro.-Conceder as axudas para cinco bolsas de colaboración en diversos proxectos de museísmo pedagóxico que se están a desenvolver no Museo Pedagóxico de Galicia (Mupega), ás persoas que se relacionan nos anexos I, II e III, polo período que medie entre a data da súa incorporación e o 31 de decembro de 2006, que se poderán prorrogar anualmente ata un máximo total, incluídas as prórrogas, de tres anos, á vista do traballo realizado polo/a bolseiro/a, sempre que o proxecto ao cal estea vinculado requira do seu labor e así o permitan as dispoñibilidades orzamentarias.

Segundo.-Establecer unha lista de suplentes para os efectos de posibles renuncias constituída polas persoas que se relacionan nos anexos IV, V e VI por orde decrecente de prioridade.

Terceiro.-Unha vez recibidas as notificacións de concesión das bolsas polos/as beneficiarios/as, estes/as dispoñen dun prazo de cinco días naturais para asinar un documento de aceptación da bolsa e outros cinco días naturais para a súa incorporación ao Mupega.

Se transcurridos eses 10 días naturais non se produce a súa incorporación, entenderase como renuncia á bolsa.

Cuarto.-A inobservancia por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde da convocatoria do 14 de febreiro de 2006 suporá a perda do dereito a percibir a subvención correspondente.

Quinto.-As subvencións faranse efectivas aos beneficiarios por mensualidades vencidas, logo de presentación dun informe do coordinador científico do Mupega.

Antes do último pagamento deberán presentar, ademais, unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para o mesmo fin, das distintas administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.

Sexto.-Contra esta resolución poderán os interesados interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta

resolución no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2006.

Laura Sánchez Piñón

Conselleira de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I

NOME E APELIDOSTIPO DE BOLSA

ANA BELÉN JUSTO RAJOPROXECTO DE INVENTARIO E CATALOGACIÓN DE FONDOS MOBLES DO MUPEGA

ANA MARTÍNEZ ARENAZPROXECTO DE INVENTARIO E CATALOGACIÓN DE FONDOS MOBLES DO MUPEGA

ANEXO II

NOME E APELIDOSTIPO DE BOLSA

PABLO SANMARTÍN LÓPEZPROXECTO DE CATALOGACIÓN DOS FONDOS BIBLIOGRÁFICOS E DOCUMENTAIS DO MUPEGA

ANEXO III

NOME E APELIDOSTIPO DE BOLSA

LUIS VALLE REGUEIROPROXECTO DE INVESTIGACIÓN E DOCUMENTACIÓN HISTÓRICO-EDUCATIVA

ALICIA DÍAZ BALADOPROXECTO DE INVESTIGACIÓN E DOCUMENTACIÓN HISTÓRICO-EDUCATIVA

ANEXO IV

Suplentes do anexo I

NOME E APELIDOSPUNTUACIÓN

MARÍA JOSÉ FOLGAR BREA7,9379

JORGE GUITIAN CASTROMIL7,6111

EDUARDO NIETO MUÑIZ7,3836

SUSANA ÁLVAREZ MARTÍNEZ7,3193

NATALIA ESTÉVEZ CRUZ7,1656

MARÍA IGLESIAS RODRÍGUEZ7,1553

PILAR PREGO LAMAS7,1115

Mª ESTHER RODRÍGUEZ CALVO7,0812

BLANCA GONZÁLEZ LÓPEZ6,9424

GONZALO ENRIQUE RODRÍGUEZ AMORÍN6,9036

MARÍA CALO ABELLEIRA6,8844

MARÍA RÍOS NEIRA6,7487

DESIRÉE Mª DOMÍNGUEZ PALLAS6,6458

LIDIA BECEIRO NÚÑEZ6,5359

ANEXO V

Suplentes do anexo II

NOME E APELIDOSPUNTUACIÓN

Mª MONSERRAT GÓMEZ FUENTES7,6667

JORGE GUITIAN CASTROMIL7,6111

JOSÉ TIZÓN RODRÍGUEZ7,5938

Mª ESTHER RODRÍGUEZ CALVO7,0812

ALEJANDRA SOTO MEIJOMENCE6,9336

ÓSCAR PORRAL VICENTE6,6720

ÁLVARO SÁNCHEZ MÉNDEZ6,5000

ANEXO VI

Suplentes do anexo III

NOME E APELIDOSPUNTUACIÓN

JOSÉ TIZÓN RODRÍGUEZ7,5938

EDUARDO NIETO MUÑIZ7,3836

Mª ESTHER RODRÍGUEZ CALVO7,0812

BLANCA LÓPEZ GONZÁLEZ6,9424

MARÍA RÍOS NEIRA6,7487

LIDIA BECEIRO NÚÑEZ6,5359

ÁLVARO SÁNCHEZ MÉNDEZ6,5000

BERTA LONGUEIRA DOVAL6,4774

JORGE PARRA FABE6,4430

JESÚS BLANCO ROSAS6,4074

GLORIA SANTOS GARCÍA6,3532

ISRAEL SANMARTÍN BARROS6,2000

ANA BERDEAL FERNÁNDEZ5,9867

HELENA CARRO CRUZ5,9512