DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Luns, 03 de xullo de 2006 Páx. 10.587

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

ORDE do 19 de xuño de 2006 pola que se aproba o expediente de desafectación do dominio público comunal dun ben do concello de Larouco para a súa conversión en patrimonial.

O Concello de Larouco acordou iniciar un expediente para alterar a cualificación xurídica dun predio rústico, de 105,21 hectáreas, dentro do monte comunal As Carballeiras ou Monte Seixas, desafectándoa do seu carácter comunal para a súa cualificación como ben inmoble patrimonial. O predio encontrábase incluído no libro inventario de bens do concello con natureza de monte comunal e cualificación urbanística de rural; así mesmo, estaba inscrita no Rexistro da Propiedade da Pobra de Trives e non foi obxecto de aproveitamento comunal durante máis de dez anos.

O procedemento, no cal se acredita a súa oportunidade e legalidade, deu cumprimento aos requisitos exixidos na lexislación vixente, concretamente nos artigos 81.1º da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, 269 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, 8 e 100 do Real decreto 1372/1986, do 13 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de bens das entidades locais e 78.1º do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, polo que se aproba o texto refundido de disposicións legais vixentes en materia de réxime local, e seguiu os trámites que a seguir se indican:

Primeiro.-O Pleno do Concello de Larouco, en sesión celebrada o 24 de febreiro de 2006, acordou aprobar inicialmente, por maioría absoluta do seu número legal de membros, a alteración da cualificación xurídica do predio rústico, de 105,21 hectáreas, dentro do monte comunal As Carballeiras ou Monte Seixas.

Segundo.-O expediente e o acordo municipal expuxéronse a información pública polo prazo dun mes mediante anuncio no BOP de Ourense número 58, do 11 de marzo, sen que se tivesen producido alegacións.

Terceiro.-Mediante escrito do 12 de abril, o alcalde remitiu o expediente de desafectación á comunidade autónoma para a súa aprobación definitiva.

A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza ten atribuída a competencia na materia, ao abeiro do Real decreto 1014/1979, do 13 de febreiro, artigo 1.8º.4, e do Decreto 27/1979, do 9 de xuño, artigo 4.18º, en relación co Decreto 578/2005, do 29 de decembro, polo que se establece a súa estrutura orgánica.

Por todo isto, esta consellería

DISPÓN:

Aprobar o expediente, incoado polo Concello de Larouco, de desafectación do dominio público comu

nal, para a súa conversión en ben patrimonial do predio rústico, de 105,21 hectáreas, dentro do monte comunal As Carballeiras ou Monte Seixas.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2006.

José Luis Méndez Romeu

Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E TRANSPORTES