DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Mércores, 21 de xuño de 2006 Páx. 9.957

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

ORDE do 16 de xuño de 2006 pola que se dispón o nomeamento dos membros do Consello Asesor de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia.

O artigo 1 do Decreto 15/2006, do 2 de febreiro, polo que se establece a composición do Consello Asesor de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia, determina que este estará composto por un total de dezanove membros (un/unha presidente/a, os tres reitores das universidades de Galicia, tres representantes da Administración autonómica, a/o delegada/o do Consello Superior de Investigacións Científicas en Galicia, seis representantes dos axentes sociais, catro representantes de recoñecido prestixio no ámbito da I+D+I e un/unha secretario/a), que serán nomeados por orde da/do conselleira/o de Innovación e Industria.

En consecuencia, en virtude da facultade que me confire o devandito precepto,

DISPOÑO:

Artigo único.-O nomeamento das seguintes persoas como membros do Consello Asesor de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia:

1) Mª Tarsy Carballas Fernández, presidenta.

2) Senén Barro Ameneiro, reitor da Universidade de Santiago de Compostela.

3) José Mª Barja Pérez, reitor da Universidade da Coruña.

4) Alberto Gago Rodríguez, reitor da Universidade de Vigo.

5) Salustiano Mato de la Iglesia, director xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación.

6) Emilio Nogueira Moure, secretario xeral da Consellería de Innovación e Industria.

7) Rogelio Conde-Pumpido Tourón, director xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica do Sistema Universitario de Galicia.

8) Uxío Labarta Fernández, delegado do Consello Superior de Investigacións Científicas de Galicia.

9), 10) e 11) Fernando Sabio Maroño, Juan Carlos Fernández Fernández e Félix Mª Sarmiento Escalona, polas organizacións sindicais máis representativas (CIG, UGT e CC.OO., respectivamente).

12), 13) e 14) Eduardo Giménez Domínguez, Miguel Castrillón Fagil e José Ramón Pais Curto, en representación da Confederación de Empresarios de Galicia.

15), 16), 17) e 18) Javier Riera Nieves, José Luis Fernández Carnero, Laura Tato Fontaíña e José Luis Labandeira García, por proposta da Comisión Interdepartamental de Ciencia e Tecnoloxía.

19) José Manuel Cotos Yáñez, subdirector xeral de Innovación Empresarial, secretario.

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2006.

Fernando Xabier Blanco Álvarez

Conselleiro de Innovación e Industria

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

E XUSTIZA