DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Venres, 16 de xuño de 2006 Páx. 9.670

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 96/2006, do 8 de xuño, polo que se nomea reitor magnífico da Universidade de Vigo o profesor doutor Alberto Gago Rodríguez.

A Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, no seu artigo 20, dispón que o reitor será elixido pola comunidade universitaria e nomeado polo órgano correspondente da comunidade autónoma.

Do mesmo xeito, os estatutos da Universidade de Vigo, aprobados polo Decreto 421/2003, do 13 de novembro (DOG do 5 de decembro), dispoñen no seu artigo 58 que o reitor será nomeado polo órgano correspondente da Xunta de Galicia.

Recibido na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria escrito da Universidade de Vigo polo que se remite certificación na que consta que na sesión da Comisión Electoral Central do día 26 de maio de 2006, foi proclamado reitor electo con carácter definitivo o profesor doutor Alberto Gago Rodríguez, en cumprimento do disposto legalmente, proceder ao oportuno nomeamento.

Na súa virtude, en uso das atribucións que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, por instancia da Universidade de Vigo, e por proposta da conselleira de Educación e Ordenación Universitaria e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día oito de xuño de dous mil seis,

DISPOÑO:

Artigo único.-Nomeo reitor magnífico da Universidade de Vigo o profesor doutor Alberto Gago Rodríguez.

Santiago de Compostela, oito de xuño de dous mil seis.

Emilio Pérez Touriño

Presidente

Laura Sánchez Piñón

Conselleira de Educación e Ordenación

Universitaria

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

E XUSTIZA