DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Venres, 09 de xuño de 2006 Páx. 9.293

II. AUTORIDADES E PERSOAL

SUBSTITUCIÓNS:

PRESIDENCIA

DECRETO 94/2006, do 8 de xuño, polo que se encarga o despacho de asuntos da Consellería de Sanidade, durante a ausencia da súa titular, ao conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Con motivo da ausencia da conselleira de Sanidade é necesario prover a súa substitución.

Polo tanto, en uso das atribucións que me confire o artigo 26.7º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo único.-Durante a ausencia da conselleira de Sanidade, encárgaselle o despacho de asuntos da citada consellería, desde o día 10 de xuño ata a súa incorporación, ao titular da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Santiago de Compostela, oito de xuño de dous mil seis.

Emilio Pérez Touriño

Presidente

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

E XUSTIZA