DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Luns, 05 de xuño de 2006 Páx. 8.924

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

ORDE do 10 de maio de 2006 pola que se acorda a cesión en propiedade dun guindastre pórtico automotor á Confraría de Pescadores de Malpica de Bergantiños.

A Lei 9/1993, do 8 de xullo, de confraría de pescadores de Galicia, no seu artigo 1 define estas como corporacións de dereito público, dotadas de personalidade xurídica e capacidade de obrar, para o cumprimento dos fins e o exercicio das funcións que lles están encomendadas, atribuíndolles, entre outros, segundo o artigo 3.3º c) da citada norma legal, a función de xestionar e administrar aqueles bens patrimoniais que lles sexan cedidos polas administracións públicas.

Por outra banda, e tendo en conta a suxeición das confrarías de pescadores á tutela da Administración pública galega, exercida a través desta consellería, cómpre ceder o uso de bens mobles adscritos a este organismo, para seren destinados por estas corporacións con fins de utilidade pública ou interese social.

Para tal fin, a Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos tramitou o expediente de cesión, de conformidade co disposto no artigo 35 bis, da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e no artigo 96 bis, do seu regulamento, aprobado polo Decreto 50/1989, do 9 de marzo, engadido polo Decreto 238/1998, do 24 de xullo.

Polo exposto, e en uso das facultades que me confiren os artigos 34.6º e 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, reformada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Acórdase a cesión en propiedade, a favor da Confraría de Pescadores de Malpica de Bergantiños dun travelling marca Marine Travelift, modelo 100 BFM II, das seguintes características:

Guindastre pórtico automotor sobre pneumáticos cunha capacidade de elevación de 100 toneladas.

Motorización diésel John Deere de 84 Kw a 2.200 r.p.m. e número de serie PE 4045H461671.

Número de cabrestantes de elevación: 4.

Número de eslingas: 8 de 300 milímetros de largo e 12 metros de lonxitude cada unha e números de serie 151772-1, 151772-2, 151772-3, 151772-4, 151772-5, 151772-6, 158168-1 e 158168-2.

Velocidade de elevación en carga de 2 metros/minuto e en baleiro de 5 metros/minuto; velocidade de translación variable entre os 0 e os 39,7 metros/minuto.

Equipamento dotado dun guindastre de 2 toneladas situado sobre unha das vigas do pórtico e número de serie: 356-1005.

Número de fabricación do travelling: 3234-1005.

Ano fabricación: 2005.

Ano de adquisición: 2006.

Valor total: 362.527 A.

Artigo 2º

A cesión sinalada no artigo anterior queda sometida ás seguintes cláusulas:

a) O ben cedido tal como establecen os artigos 35 bis da Lei 3/1985, do patrimonio da Comunidade Autómona de Galicia, e 96 bis do Decreto 50/1989, polo que se aproba o seu regulamamento, destinarase a fins de utilidade pública ou interese social da confraría cesionaria, concretamente á mellora das súas condicións técnicas aos confrades e ao sector.

b) Coa cesión outorgaráselle á confraría de pescadores citada a propiedade do ben moble cedido.

c) Se o ben cedido non se aplicase ao fin sinalado, se se descoidase ou utilizase con grave quebramento ou se se incrumprisen as condicións do acordo, considerarase resolta a cesión e o ben reverterá na Comunidade Autónoma de Galicia, que terá dereito a percibir, logo da taxación pericial, o valor dos detrimentos ou deterioracións que experimentase.

d) Serán por conta da corporación cesionaria todos os gastos de conservación e mantemento do ben moble cedido.

Artigo 3º

A devandita cesión formalizarase mediante acta subscrita polo secretario xeral desta consellería ou funcionario en que delegue, debendo constar nela o acordo de cesión e a aceptación do cesionario.

Disposición derradeira

A Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, a través da secretaría xeral, realizará os trámites necesarios para a efectividade de canto se dispón nesta orde.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2006.

María Carmen Gallego Calvar

Conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos