Advertido erro no texto da mencionada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 98, do mércores día 24 de maio de 2006, procede facer a seguinte corrección:
Na páxina 8.232, onde di: «Corrección de erros.-Orde do 27 de abril de 2006 pola que se establecen os criterios para a elaboración de regulamentos e realización dos procesos electorais nas federacións deportivas galegas», debe dicir: «Corrección de erros.-Orde do 27 de abril de 2006 pola que se regula o réxime de concesión de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de actividades deportivas no ano 2006».