DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Venres, 02 de xuño de 2006 Páx. 8.862

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

VICEPRESIDENCIA DA IGUALDADE E DO BENESTAR

ORDE do 16 de maio de 2006 pola que se modifica a do 2 de febreiro de 2006 pola que se establecen subvencións para o desenvolvemento de programas de incorporación sociolaboral destinadas a persoas en situación ou risco de exclusión social e se procede á súa convocatoria.

A Orde do 2 de febreiro de 2006 pola que se establecen subvencións para o desenvolvemento de programas de incorporación sociolaboral destinadas a persoas en situación ou risco de exclusión social e se procede á súa convocatoria (DOG nº 29, do 10 de febreiro), establece no seu artigo 6º que a concesión destas subvencións terá como límite global o crédito asignado para estes fins nos orzamentos da comunidade autónoma para o ano 2006 polo importe de 566.224 euros con cargo á aplicación orzamentaria 05.31.212A.482.1.

Existindo outra dotación dispoñible para o mesmo fin, cómpre ampliar o importe dos créditos destinados ás subvencións que poderán ser concedidas ao abeiro da dita orde coa finalidade de facer chegar estas ao maior número de beneficiarios posible.

Por todo o exposto e no uso das facultades que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo único.

1. Ampliar o importe total das subvencións que se van conceder ao abeiro da Orde do 2 de febreiro de 2006, pola que se establecen subvencións para o desenvolvemento de programas de incorporación sociolaboral destinadas a persoas en situación ou risco de exclusión social na contía de 60.000 euros, cofinanciados nun 75% polo Fondo Social Europeo, con cargo á aplicación orzamentaria 05.31.212A.482.1.

2. Esta modificación non afecta o prazo establecido na dita orde para a presentación de solicitudes.

Disposición derradeira

Única.-A presente disposición entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2006.

Anxo Manuel Quintana González

Vicepresidente da Igualdade e do Benestar