DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Xoves, 01 de xuño de 2006 Páx. 8.804

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CENTRO DE ESTUDOS XUDICIAIS E SEGURIDADE PÚBLICA DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 23 de maio de 2006 pola que se convoca un curso sobre medición de ruídos.

Dentro das actividades programadas para o ano 2006, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 1/2005, do 4 de xaneiro, de creación do Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia, anúnciase a celebración dun curso sobre medición de ruídos, que deberá desenvolverse conforme as seguintes bases:

* Obxectivos:

-Coñecer a normativa actualizada sobre protección acústica.

-Introducir os alumnos nos conceptos fundamentais sobre acústica e as súas características.

-Proporcionar a información suficiente para manexar e entender a terminoloxía relacionada coas medicións acústicas e o manexo e mantemento de sonómetros e aparellos técnicos asociado ás medicións do ruído.

-Dotar os participantes dos coñecementos suficientes para avaliar unha situación acústica, facer medicións e elaborar informes.

* Destinatarios:

O curso vai dirixido aos membros dos corpos de Policía Local de Galicia.

* Inscrición:

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

* Prazas:

40 prazas.

* Solicitudes:

1. O persoal que desexe participar neste curso deberá presentar, cuberta a máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 13 de xuño de 2006, ás 14.00 horas.

3. As instancias deberán enviarse ao Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia,

sito na avenida da Cultura, s/n, 36680 A Estrada; ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Datas:

O curso realizarase en datas do 19 ao 21 de xuño.

O horario será das 9.30 ás 14.00 horas e das 15.30 ás 19.00 horas, excepto o día 21 que será das 9.30 ás 13.30 horas.

* Contido:

-A protección acústica desde o punto de vista normativo e administrativo.

-Fundamentos básicos da acústica.

-Instrumentos de medición.

-Parámetros de avaliación acústica e elaboración de informes.

* Relación de admitidos:

A relación de admitidos farase publica o día 15 de xuño a partir das 14.00 horas, no taboleiro de anuncios do Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia e na páxina web http://cexesga.xunta.es, ou ben poden coñecer e confirmar a súa asistencia chamando ao teléfono: 986 59 02 41.

* Lugar:

O curso desenvolverase no Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia, sito na avenida da Cultura, s/n, no Concello da Estrada.

* Certificado de asistencia:

Ao remate do curso entregaráselle un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada a el.

* Modificacións:

O Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia poderá modificar o desenvolvemento do curso para adaptalo ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 23 de maio de 2006.

Carlos Suárez-Mira Rodríguez

Director xeral do Centro de Estudos Xudiciais

e Seguridade Pública de Galicia

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

E XUSTIZA