DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Xoves, 01 de xuño de 2006 Páx. 8.784

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ORDE do 22 de maio de 2006 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para mellorar a formación, a xestión e a consolidación do asociacionismo agrario en Galicia e se convocan axudas para o ano 2006.

O amplo abano de seccións recollidas nesta orde ao longo do tempo, que se viu ampliada e modificada, fai necesaria a redacción dunhas novas bases reguladoras para mellorar a interpretación por parte do administrado, e introducir as modificacións e ampliacións con novas seccións que demanda a evolución do sector.

O asociacionismo e o cooperativismo agrarios representan un medio fundamental que contribúe moi positivamente na continua modernización do sector agrario galego e na súa progresiva adaptación a un mercado cada vez máis amplo, diverso e exixente.

En consecuencia, a Consellería do Medio Rural considera interesante apoiar aquelas accións orientadas a incrementar a formación cooperativa dos agricultores e gandeiros socios, os seus traballadores e membros familiares vinculados á actividade agraria, así como a mellorar a xestión e os servizos prestados, mediante un maior coñecemento da súa realidade e posibilidades de futuro e a contratación do persoal necesario, xerando creación neta de

emprego, propiciar a modernización e desenvolvemento sustentable do asociacionismo agrario que representa o modelo máis dinámico e eficiente desde un punto de vista socieconómico.

Así mesmo, a experiencia na xestión desta axuda, os resultados que se obtiveron durante os exercicios pasados, obrigan a ampliar as súas seccións e introducir modificacións puntuais que afectan fundamentalmente aos condicionantes, criterios de valoración, conceptos subvencionables e contía económica das liñas de axuda establecidas.

Tendo en conta as modificacións citadas e para que a normativa sexa o máis comprensible posible, elabóranse as bases reguladoras das axudas para mellorar a formación, xestión e consolidación do asociacionismo agrario en Galicia. Así mesmo, co inicio do exercicio orzamentario 2006, procede realizar a convocatoria de axudas para este ano.

Por todo o exposto, en consonancia co establecido no artigo 30º.I. 1 e 3 do Estatuto de autonomía de Galicia, e no uso das facultades que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Liñas de axuda.

1. Pola presente orde, establécense as bases reguladoras das seguintes liñas de axuda:

a) Axudas para mellorar a formación cooperativa.

b) Axudas para a realización de auditorías, análises de xestión, estudos de viabilidade e estudos de mercado.

c) Axudas para a informatización.

d) Axudas para a contratación de persoal.

e) Axudas para actuacións relacionadas coa calidade.

f) Axudas para os investimentos en instalacións conxuntas de tratamento e valorización de residuos agrarios.

g) Axudas á promoción e adecuación do idioma galego nas cooperativas agrarias e de explotación comunitaria da terra.

h) Axudas ás organizacións representativas das cooperativas agrarias galegas.

2. Así mesmo, convócanse estas axudas para o ano 2006, segundo se establece na sección novena desta orde, en réxime de concorrencia competitiva.

Sección primeira

Axudas para mellorar a formación cooperativa

Artigo 2º.-Obxecto.

Esta liña de axudas ten por obxecto mellorar a capacitación profesional e a formación empresarial do persoal e dos socios das cooperativas e sociedades agrarias de transformación (en diante SAT), así como divulgar

o asociacionismo agrario nesta comunidade autónoma, mediante a realización de actividades formativas, fundamentalmente a organización de cursos, seminarios e xornadas técnicas. Estas poderán levar asociado viaxes formativas debidamente xustificadas cando a actividade formativa así o requira polo seu caracter innovador ou que contribúan á dinamización de subsectores pouco desenvolvidos ou asentados en zonas desfavorecidas, en especial as de montaña, definidas no regulamento CEE 1257/1999.

Artigo 3º.-Beneficiarios.

Poderán acceder a esta liña de axudas as cooperativas agrarias, as de explotación comunitaria da terra e as SAT domiciliadas en Galicia.

Artigo 4º.-Condicionantes.

1. Poderanse subvencionar as solicitudes de axuda para actividades de formación que se realicen de acordo coas condicións exixidas nesta orde.

2. Nas resolucións de concesión especificarase o prazo para a realización das actividades de formación que se subvencionan, que en xeral non excederá do 31 de outubro de cada ano. O incumprimento do prazo concedido poderá supoñer a perda da subvención aprobada.

3. Os cursos para os socios deberán fomentar o asociacionismo agrario e ter unha duración mínima de 20 horas lectivas.

4. As accións formativas han de tratar de temática específica e non de carácter xeneralista, nas que polo menos o 20% da súa programación debe tratar especificamente de temas de carácter asociativo.

5. O número de alumnos non será inferior a 15 nin superior a 25, a non ser que as peculiaridades do subsector, a súa dispersión poboacional ou que a entidade asociativa estea situada en zonas desfavorecidas,especialmente as de montaña, aconsellen executar a acción formativa cun número inferior a este.

6. De acordo co previsto no artigo 5.3º do Estatuto de autonomía de Galicia, nas accións subvencionadas pola Consellería do Medio Rural reguladas nesta sección empregarase preferentemente a lingua galega, tanto a nivel oral como na documentación escrita que se empregue como material didáctico dos cursos, publicidade e difusión destes, calquera que sexa o medio.

Artigo 5º.-Conceptos subvencionables e contía económica.

1. Poderanse subvencionar os gastos derivados da organización e realización de cursos, seminarios, xornadas técnicas e viaxes formativas por parte das cooperativas e SAT, destinados ao seu persoal, aos socios e demais membros da unidade familiar, así como aos agricultores e gandeiros galegos en xeral. Tamén se poderá subvencionar calquera outra actividade semellante que a Consellería do Medio Rural considere de interese.

2. A axuda non poderá ser superior ao 80% dos gastos de organización e realización das actividades formativas subvencionables, principalmente os gastos de profesorado, medios e material didáctico necesarios.

A subvención poderá chegar ata un máximo de 5.000 euros por actividade formativa que se realice. Esta cantidade poderase ampliar ata 8.000 euros en caso de viaxes formativas.

3. Como norma xeral, e salvo excepcións debidamente xustificadas, a dotación económica de cada curso axustarase ao seguinte baremo:

-Profesorado: 40 euros/hora lectiva.

-Coordinación: 125 euros/curso.

-Gastos xerais: 70 euros/alumno.

4. A Dirección Xeral de Produción, Industrias e Calidade Agroalimentaria, se o considera oportuno e en función das características e do programa das actividades formativas subvencionables, poderá establecer uns importes máximos auxiliables, sen superar os límites citados anteriormente.

5. En calquera caso, ningunha entidade beneficiaria poderá percibir máis de 100.000 euros nun mesmo período de tres anos.

Artigo 6º.-Documentación específica.

1. Ademais da documentación de carácter xeral requirida no artigo 58º, coas solicitudes achegarase unha memoria explicativa das actividades formativas que está previsto realizar, na cal se faga referencia aos seguintes aspectos:

a) Motivación e obxectivos.

b) Número e relación de participantes.

c) Duración, datas, horario e lugares de celebración.

d) Programa, debidamente xustificado.

e) Coordinador-responsable das actividades.

f) Relación do profesorado, con currículo e experiencia asinados polos interesados no labor docente.

g) Orzamento desagregado por partidas ou facturas pro forma.

2. Calquera modificación significativa que afecte o desenvolvemento da actividade de formación aprobada (programa, horario, datas, lugar de celebración, etc.), deberase comunicar obrigatoriamente ao Servizo de Fomento Asociativo Agrario con antelación suficiente para a realización dos controis oportunos. O incumprimento desta obriga poderá ser causa da revogación da axuda aprobada.

Artigo 7º.-Criterios de valoración.

1. Para a aprobación das solicitudes de axuda teranse en conta como criterios preferenciais:

-O caracter específico e innovador, con vocación de diversificación dos produtos agrarios debidamen

te motivado, das accións formativas que se vaian realizar.

-A relación existente entre o programa e a actividade produtiva desenvolvida polos membros da entidade solicitante.

-O número de participantes, que debe ser acorde co tipo de actividade formativa prevista.

-O menor número de solicitudes de subvención, para os mesmos conceptos, que se lle concederon nos últimos tres anos.

2. Aos criterios de valoración citados anteriormente outorgaráselles ata unha puntuación máxima de catro, dous, dous e un punto, respectivamente.

Artigo 8º.-Xustificación da axuda.

Unha vez realizada a actividade de formación e comprobada a súa correcta execución, procederase ao pagamento da subvención. Para tal efecto, previamente as entidades beneficiarias deberán presentar:

-Memoria-informe das accións formativas desenvolvidas, describindo aquelas incidencias e aspectos técnicos máis relevantes.

-Relación definitiva de todos os participantes, cos seus correspondentes datos persoais e enderezo, control de asistencia, así como relación do profesorado.

-Xustificación dos gastos efectuados, mediante facturas e recibos orixinais ou as súas copias compulsadas, perfectamente detallados e clasificados por capítulos, co IVE especificado correctamente. Así mesmo achegaranse orixinais ou copias compulsadas das transferencias bancarias ou documento similar que acredite fidedignamente os pagamentos realizados.

Sección segunda

Axudas para a realización de auditorías,

análises de xestión, estudos de viabilidade

e estudos de mercado

Artigo 9º.-Obxecto.

O obxecto desta liña de axudas é dobre:

-Que as entidades asociativas agrarias regularicen a súa contabilidade e coñezan o mellor posible a súa situación económica real, mellorando a xestión empresarial e facéndoa máis transparente ante os socios, mediante a realización de auditorías e análises de xestión.

-Que as entidades asociativas agrarias coñezan e analicen as súas posibilidades e perspectivas de futuro, a conveniencia de poñer en marcha novos servizos e actividades, a situación do mercado e do seu contorno e a mellora da comercialización das súas producións, mediante a elaboración de estudos de viabilidade e de estudos de mercado.

Artigo 10º.-Beneficiarios.

Poderán acceder a esta axuda as cooperativas agrarias, as de explotación comunitaria da terra e as SAT que teñan o seu domicilio social en Galicia.

Artigo 11º.-Condicionantes.

1. As auditorías e análises de xestión deben ser realizadas por censores xurados de contas ou auditores rexistrados oficialmente. No caso dos estudos de viabilidade e de mercado, serán realizados por técnicos ou equipos técnicos, competentes na materia, colexiados e con experiencia suficiente.

2. Os informes das auditorías e análises de xestión e as conclusións dos estudos, conxuntamente cos ditames efectuados, deberanse explicar con claridade ao conxunto dos socios na primeira asemblea xeral que teña lugar con posterioridade a súa realización. Esta exposición detallada ante o socio recollerase expresamente na acta da devandita sesión plenaria.

3. O prazo para facer as auditorías e os estudos, así como a súa exposición aos socios, remata o 30 de setembro do ano seguinte ao exercicio económico auditado. Poderase ampliar este prazo sempre que se expoñan razóns formais que así o motiven.

4. No caso das auditorías e análises de xestión as entidades solicitantes deberán facturar como mínimo 1.500.000 euros, e un máximo de 3.100.000 euros, e, en todo caso, quedarán excluídas as cooperativas agrarias cando estean obrigadas segundo a lexislación vixente en materia de auditorías salvo que:

-Se constituísen nos últimos cinco anos naturais.

-Participen en proxectos de fusión, absorción ou integración cooperativa.

Artigo 12º.-Conceptos subvencionables e contía económica.

1. Son subvencionables as auditorías, análises de xestión, estudos de viabilidade e estudos de mercado que se realicen de acordo co establecido nesta orde.

2. A contía da subvención poderá chegar ata o 50% do seu custo, cun máximo de 3.000 euros por auditoría e análise de xestión. No caso de estudos de viabilidade e estudos de mercado a contía da axuda poderá chegar ata os 6.000 euros.

3. Ningún beneficiario poderá recibir axudas por máis de 100.000 euros nun mesmo período de tres anos.

Artigo 13º.-Documentación específica.

Presentarase a documentación xeral que se establece no artigo 58º, así como a documentación específica que se detalla seguidamente:

a) Memoria xustificativa da necesidade de realizar o estudo e esquema proposto del.

b) Orzamento ou facturas pro forma.

c) Identificación e cualificación do equipo técnico realizador.

Artigo 14º.-Criterios de valoración.

1. Para a aprobación desta axuda teranse en conta preferentemente:

-As razóns expostas na memoria xustificativa.

-Que sexa a primeira vez que soliciten.

-Que as entidades solicitantes teñan como actividade principal a transformación e a comercialización dos produtos dos socios.

-Que as entidades inicien novas actividades ou servizos.

2. Aos criterios de valoración establecidos anteriormente outorgaráselles ata unha puntuación máxima de tres, dous, dous e dous puntos, respectivamente.

Artigo 15º.-Xustificación da axuda.

1. Para proceder ao pagamento das subvencións concedidas será necesario que as entidades beneficiarias xustifiquen os gastos realizados mediante facturas orixinais ou as súas copias compulsadas.

Tamén se achegará copia compulsada da transferencia bancaria, certificación expedida polo equipo técnico realizador ou calquera outro documento similar que acredite fidedignamente o pagamento das devanditas facturas.

2. Ademais, para a xustificación dos gastos, será necesario presentar a seguinte documentación:

-Copia dos informes de auditoría e análises de xestión e copia dos estudos de viabilidade e de mercado que se subvencionaron, así como das conclusións e ditames resultantes.

-Copia compulsada da acta da sesión plenaria, certificación desta ou compromiso de presentala, na cal se lle explicase aos socios con claridade os estudos, auditoría e informes realizados.

3. O Servizo de Fomento Asociativo Agrario da Dirección Xeral de Produción, Industrias e Calidade Agroalimentaria, á vista da documentación xustificativa que segundo este artigo é necesario presentar, valorará se as análises de xestión, auditorías, estudos de viabilidade e estudos de mercado realizados se axustan ao inicialmente solicitado, con base no que se describe na memoria e demais documentación que se xunta coa solicitude. De non ser así, emitirá informe ao respecto, que se poderá considerar condicionante para a determinación do importe final da axuda concedida.

Sección terceira

Axudas para a informatización

Artigo 16º.-Obxecto.

Lograr que a xestión empresarial das entidades asociativas agrarias sexa máis eficaz, modernizar os procedementos de xestión técnico-administrativa e

incrementar a prestación de servizos aos seus socios, mediante a adquisición de equipos e programas informáticos, software para internet e fotocopiadoras.

Artigo 17º.-Beneficiarios.

1. Poderanse acoller as cooperativas agrarias, as cooperativas de explotación comunitaria de terra e as SAT que transformen e comercialicen as producións dos seus socios, sempre que teñan a súa sede social na Comunidade Autónoma de Galicia.

2. As CUMA para adquirir programas informáticos específicos para a súa xestión técnico-económica dos parques de maquinaria.

Artigo 18º.-Condicionantes.

1. Só se poderán conceder axudas para a informatización ás cooperativas agrarias nos tres primeiros anos posteriores ao da súa constitución ou cando diversifiquen a súa actividade e que xustificadamente precisen implementar o seu equipamento informático.

A axuda limitarase proporcionalmente ás necesidades creadas por tal aumento de novas actividades.

2. Ademais, as entidades que amplíen significativamente as súas actividades e soliciten estas axudas, deberán facturar como mínimo 1.000.000 de euros, salvo que:

-Se constituísen nos derradeiros cinco anos naturais.

-Participen en proxectos de fusión, absorción ou integración cooperativa.

-Comercialicen as producións dos seus socios en nome e por conta da entidade asociativa.

3. As entidades beneficiarias deben ter como obxectivo adaptar conxuntamente a produción dos seus membros ás necesidades do mercado, prevendo normas comúns sobre a produción, en particular sobre a calidade dos produtos e as prácticas culturais, sobre a comercialización e relativas á información dos produtos.

4. As entidades beneficiarias deberán establecer normas que preveñan que os produtores socios permanezan nelas durante polo menos tres anos e que notifiquen a súa baixa cun mínimo de doce meses de antelación.

5. Esta axuda concederase nunha única vez, cando se adquira o material informático, software e fotocopiadora subvencionables por parte das entidades asociativas agrarias recentemente constituídas ou que amplíen significativamente as súas actividades, segundo o punto 1 deste artigo.

6. Non se concederán axudas nesta sección que teñan como obxectivo o equipamento informático de xeito directo nas explotacións dos seus socios.

7. As fotocopiadoras soamente se subvencionarán a entidades de nova creación.

8. O prazo para a realización dos investimentos recollidos nesta liña de axudas será ata o 31 de outubro do ano en curso.

Artigo 19º.-Conceptos subvencionables e contía económica.

1. Poderase subvencionar a adquisición de equipamentos e programas informáticos, o software relacionado coa presenza na internet e a compra de fotocopiadoras.

2. A contía da subvención poderá chegar ata o 50% do seu custo, sen superar os seguintes límites máximos:

-Equipamentos e programas informáticos: 10.000 euros. No caso de proxectos de investimento que realicen conxuntamente varias entidades asociativas por razóns de integración ou fusión esta cantidade poderá multiplicarse por cada unha das entidades participantes, cun límite máximo de 60.000 euros por proxecto.

-Software para internet: 5.000 euros.

-Sofware específicos para xestión de maquinaria: 1.200 euros.

-Fotocopiadoras: 1.500 euros.

3. Non se subvencionará ningunha reposición de material establecido nesta sección.

4. Ningun beneficiario poderá recibir axudas por máis de 100.000 euros nun mesmo período de tres anos.

Artigo 20º.-Documentación específica.

Para solicitar esta axuda é necesario presentar a documentación xeral establecida no artigo 58º desta orde, así como a documentación específica seguinte:

a) Relación e características do equipamento informático e fotocopiadora que posúen as entidades asociativas recollidas nesta sección, no momento da solicitude.

b) Memoria xustificativa da necesidade e aplicación da fotocopiadora, do software para a internet ou para xestión de maquinaria e dos equipamentos e programas informáticos que se pretenden adquirir, así como xustificación dos condicionantes establecidos no artigo 18º desta orde.

c) Especificación detallada das características técnicas do novo equipamento informático, software para a internet ou para xestión de maquinaria e fotocopiadora.

d) Orzamentos ou facturas pro forma.

Artigo 21º.-Criterios de valoración.

1. Para a concesión desta axuda teranse en conta os seguintes criterios preferenciais:

-As razóns expostas na memoria xustificativa.

-As características técnicas do novo equipamento e a súa concordancia coas necesidades da entidade asociativa solicitante, segundo a súa actividade.

-A dimensión socioeconómica da entidade asociativa.

2. Aos criterios de valoración establecidos anteriormente outorgaráselles ata unha puntuación máxima de catro, catro e dous puntos, respectivamente.

Artigo 22º.-Xustificación da axuda.

Para efectuar o pagamento da axuda concedida será necesario que as entidades asociativas agrarias beneficiarias xustifiquen os gastos realizados, mediante facturas orixinais ou as súas copias compulsadas.

Tamén se deberá presentar copia compulsada da transferencia bancaria, ou calquera outro documento similar que acredite fidedignamente o pagamento das referidas facturas.

Sección cuarta

Axudas para a contratación de persoal

Artigo 23º.-Obxecto.

Mellorar e profesionalizar a xestión empresarial das entidades asociativas, fortalecer as súas estruturas produtivas e comerciais tanto técnica como funcionalmente, realizar novas actividades e ofrecer máis servizos profesionais, mediante a contratación de persoal para consolidar ou cubrir novos postos de traballo cualificados que sexa necesario crear.

Artigo 24º.-Beneficiarios.

Poderán acceder a esta axuda as cooperativas agrarias de carácter agropecuario, as cooperativas de explotación comunitaria da terra, as CUMA e as SAT de carácter comunitario (procedentes da integración de dúas ou varias explotacións agrarias) que comercialicen e transformen as súas producións conxuntamente, e que teñan o seu domicilio social en Galicia, sempre que contraten persoal para xerencia, técnicos, axentes de substitución e persoal cualificado.

Artigo 25º.-Condicionantes.

1. Só se poderá subvencionar a contratación de persoal cando supoña a creación neta de emprego.

2. As axudas para os postos de traballo creados concédense para o primeiro ano de contrato. A concesión da subvención para a primeira anualidade non implica ningún dereito preferente ás axudas para prórrogas de contratos.

Polo tanto, a solicitude e concesión de subvencións para as prórrogas farase cada ano ao abeiro da orde de axudas correspondente, sempre que se cumpran as condicións establecidas e se manteña a creación neta de emprego.

3. En todos os casos a duración da contratación deberá ser como mínimo superior nun ano ao período de tempo subvencionado.

4. Pola súa tipoloxía, os contratos subvencionables deberán garantir a estabilidade do emprego xerado. En consecuencia, no primeiro ano deberán ser de

carácter indefinido ou de duración determinada por obra ou servizo determinado. No caso das prórrogas, os contratos subvencionables deberán ser exclusivamente de carácter indefinido

5. O importe da axuda decrecerá anualmente.

6. Cando se produza a rescisión dun contrato para o que se concedeu subvención, procederase á substitución do traballador no prazo máximo dun mes, en similares condicións ás inicialmente aprobadas, para seguir tendo dereito á axuda concedida. Os datos do substituto e a copia compulsada do seu contrato remitiranse no prazo máis breve posible á Dirección Xeral de Produción, Industrias e Calidade Agroalimentaria.

7. Serán subvencionables todas aquelas contratacións de persoal e prórrogas que se realicen ata o 1 de setembro do ano en curso, como data límite para a formalización do contrato de traballo.

8. As entidades solicitantes deberán facturar como mínimo 2.000.000 de euros, salvo que:

-Se constituísen nos últimos cinco anos naturais.

-Que se trate de cooperativas de utilización de maquinaria agrícola (CUMA).

-Participen en proxectos de fusión, absorción ou integración cooperativa.

-Comercialicen as producións dos seus socios en nome e por conta da entidade asociativa, no caso das cooperativas agrarias.

-Transformen e comercialicen as súas producións, no caso das cooperativas de explotación comunitaria da terra e das SAT.

9. No caso das cooperativas de explotación comunitaria da terra e das SAT non se subvencionará a contratación de traballadores que sexan socios da entidade peticionaria ou que sexan familiares directos deles ata primeiro e segundo grao.

10. As entidades asociativas que poñan en funcionamento novas actividades de diversificación quedan excluídas do punto 1 do presente artigo.

Artigo 26º.-Conceptos subvencionables e contía económica.

1. Poderanse subvencionar as retribucións económicas dos traballadores contratados ao abeiro desta liña de axudas, tanto durante o primeiro ano de duración da contratación, como nos casos de prórroga. Para o cálculo do importe económico da axuda terase en conta o establecido no contrato, así como os conceptos e contías incluídos nas súas nóminas. A subvención aprobada non comprenderá as cotizacións á Seguridade Social que lle correspondan á entidade contratante agás para a contratación de axentes de substitución.

2. Contía económica e limitacións:

a) No caso da contratación de persoal co perfil profesional determinado no artigo 24º, o importe da

subvención poderá chegar ata o 70% das retribucións económicas do primeiro ano de contrato.

Poderase prorrogar a súa contratación durante un ou dous anos. No segundo ano a axuda poderá chegar ata o 50%, e no terceiro ano ata o 30%.

b) As retribucións económicas subvencionables deberán estar en consonancia cos cometidos e co nivel do posto de traballo desenvolvido. As subvencións concedidas para a primeira anualidade non poderán superar os seguintes límites máximos:

-Xerentes: 21.000 euros.

-Técnicos: 21.000 euros.

-Axentes de substitución: 16.000 euros.

-Persoal cualificado: 12.000 euros.

c) Para as prórrogas, aplicaranse os límites proporcionais que correspondan en cada caso.

Artigo 27º.-Documentación específica.

Ademais da documentación de carácter xeral que se detalla no artigo 58º desta orde, é necesario presentar a documentación específica seguinte:

a) Memoria xustificativa sobre a necesidade, cometidos e cualificación do posto de traballo, así como viabilidade das contratacións que se pretenden realizar.

b) Orzamento anual das novas contratacións e prórrogas, calculado e detallado mes a mes, a partir da data en que se produce a contratación ou prórroga.

c) Data prevista da nova contratación ou prórroga e a súa duración. Se non fose posible a contratación na data establecida, comunicarase nun prazo máximo de dez días naturais á Dirección Xeral de Produción, Industrias e Calidade Agroalimentaria a nova data de formalización do contrato.

d) Compromiso formal de manter o posto de traballo que se crea durante o tempo mínimo que se fixa nesta orde, segundo cada caso.

e) Compromiso formal sobre as condicións de substitución do traballador, en caso de rescisión do contrato de traballo subvencionado antes de finalizar o período de duración establecido.

f) Copia compulsada dos TC1 e TC2 dos meses de abril e novembro do ano anterior, especificando o nome completo dos traballadores que se corresponden cos códigos do TC2, para efectos da súa identificación e control.

g) No caso dos axentes de substitución nas explotacións, relación asinada polos socios interesados en dispoñer deste servizo e duración prevista del, así como copia do Regulamento de réxime interno deste servizo, ou compromiso de presentalo antes da xustificación da axuda. Para as prórrogas, copia da contabilidade xustificativa deste posto de traballo.

h) Relación completa dos empregados que ten no cadro a entidade asociativa, no momento de presentar a solicitude de axuda.

Artigo 28º.-Criterios de valoración.

1. Para a aprobación das solicitudes de axuda teranse en conta como criterios preferenciais:

-As razóns expostas na memoria xustificativa, a viabilidade da contratación e o coñecemento do cooperativismo que acredite o persoal que se vai contratar.

-Que sexa a primeira vez que soliciten.

-Que incrementen significativamente o seu cadro de persoal.

-Que poñan en marcha novas actividades ou servizos.

-A dimensión socioeconómica da entidade solicitante.

2. Aos criterios de valoración establecidos anteriormente outorgaráselles ata unha puntuación máxima de tres, dous, dous, dous e un punto, respectivamente.

3. En canto aos postos de traballo que se crean, consideraranse preferenciais os postos de xerentes, técnicos, axentes de substitución e persoal cualificado, por esta orde.

4. En canto á tipoloxía dos contratos, terán prevalencia os que sexan de carácter indefinido.

Artigo 29º.-Xustificación da axuda.

1. Para poder realizar o pagamento das subvencións concedidas será necesario xustificar debidamente os gastos efectuados, mediante:

-Copia compulsada das nóminas pagadas pola entidade beneficiaria ao novo persoal contratado ou prorrogado.

-Copia compulsada dos TC1 e TC2 correspondentes ao período xustificado, ou de ser o caso, compromiso de presentalos.

-No caso dos axentes de substitución é necesario presentar a facturación contable específica que acredite e permita determinar os custos e coñecer os servizos prestados aos socios, ou polo menos comprometerse a presentala antes de rematar o período subvencionado.

2. Coa primeira liquidación tamén se achegará a documentación seguinte:

-Copia compulsada do DNI, NIF ou documento de similar valía do novo persoal contratado.

-Copia compulsada do contrato ou contratos, nos cales deben figurar os datos persoais e profesionais dos novos traballadores. Os contratos deberán estar asinados por ambas as dúas partes, así como rexistrados e formalizados debidamente ante o organismo competente en materia de emprego.

-Copia compulsada do título académico, diploma ou acreditación formal da cualificación do traballador, perfectamente lexible. Non se admitirán certificacións nin declaracións dos propios interesados. No caso específico dos axentes de substitución acreditación de realizar un curso específico, ou compromiso de realizalo na primeira convocatoria que faga a Dirección Xeral de Investigación, Tecnoloxía e Formación Agroforestal, para traballar neste servizo ou ben titulación académica equivalente a ciclo de grao medio ou superior de orientación agropecuaria.

-Nos casos de prórroga, copia compulsada dos novos contratos.

3. A partir do primeiro pagamento iranse facendo sucesivas liquidacións da axuda, por trimestres naturais, para as que é necesario previamente presentar as nóminas, TC 1 e TC 2 pertinentes.

4. As contratacións de persoal, por razón da súa duración, adoitan culminar alén do propio exercicio orzamentario, polo cal o gasto correspondente terá carácter plurianual.

Sección quinta

Axudas para actuacións relacionadas coa calidade

Artigo 30º.-Obxecto.

Mellorar a competitividade das entidades asociativas agrarias, mediante a incentivación e o fomento da implantación de sistemas de xestión da calidade e de xestión ambiental, incluída a súa certificación.

Artigo 31º.-Beneficiarios.

Poderanse acoller a esta liña de axudas as cooperativas agrarias, as cooperativas de explotación comunitaria da terra e as SAT domiciliadas en Galicia.

Artigo 32º.-Condicionantes.

1. Para que as entidades asociativas agrarias poidan beneficiarse desta liña de axudas é imprescindible que rematen o proceso de implantación das normas de calidade elixidas e obteñan a certificación acreditativa.

2. A empresa de consultoría externa deberá estar acreditada e ter suficiente experiencia na realización de procesos similares.

Artigo 33º.-Conceptos subvencionables e contía económica.

1. Poderanse subvencionar:

a) Estudos previos sobre o interese da implantación. Neste caso non é obrigatorio cumprir o establecido no punto 1 do artigo anterior.

b) Gastos da entidade asociativa agraria, que se produzan e sexan necesarios como consecuencia da implantación dos sistemas de xestión da calidade e de xestión ambiental.

c) Gastos de consultoría externa para elaborar a documentación básica dos sistemas de calidade, así como para asesoramento e implantación.

d) Gastos derivados da certificación: auditorías de control, concesión, rexistro e emisión de certificados.

e) A primeira renovación dos certificados. Estas axudas acóllense ao Regulamento (CE) nº 1860/2004 da Comisión do 6 de outubro de 2004 relativo á aplicación dos artigos 87 y 88 do Tratado CE ás ayudas de minimis nos sectores agrario e pesqueiro.(DO L 325, 28-10-2004).

2. A contía da subvención poderá chegar ata o 50% dos gastos subvencionables, cos seguintes importes máximos:

-1.500 euros, no caso dos gastos contemplados na alínea «a».

-15.000 euros, para os gastos da alínea «b», salvo que o interese e a excepcionalidade do proxecto de implantación de normas de calidade aconsellen superar este límite.

-6.000 euros, para os gastos da alínea «c».

-6.000 euros, para os gastos da alínea «d».

-3.000 euros, para os gastos da alínea «e».

3. En todo caso, ningún beneficiario poderá percibir máis de 100.000 euros, nun mesmo período de tres anos.

Artigo 34º.-Documentación específica.

Presentarase a documentación xeral que se detalla no artigo 58º desta orde, así como a documentación específica seguinte:

a) Memoria xustificativa presentada pola cooperativa ou SAT, onde en xeral conste a súa evolución, actividade, volume de facturación, número de empregados e as súas tarefas, instalacións, estrutura organizativa, produtos que comercializa, clientes e mercados que atende, situación actual da produción, previsións futuras e interese da acreditación.

b) Memoria descritiva do proxecto de implantación de normas de calidade e a súa acreditación, que conteña as actividades que se van realizar, os obxectivos previstos e todos os elementos significativos para a avaliación do proxecto.

c) Programa de investimento e orzamento ou facturas pro forma, desagregado por capítulos de gastos.

d) Prazo de execución do proxecto e cadro de resultados previstos.

e) Memoria de presentación da empresa de consultoría externa, onde se indique a súa organización, metodoloxía e experiencia nestes procesos.

Artigo 35º.-Criterios de valoración.

1. Para a aprobación desta axuda teranse en conta preferencialmente:

-Aplicación práctica do proxecto de implantación de normas de calidade e a súa acreditación no relanzamento e previsións futuras da entidade.

-Coherencia do proxecto coa estrutura socioeconómica da entidade.

-Carácter innovador, en canto á achega de coñecementos ou habilidades inexistentes ou inusuais, que no seu conxunto repercutan favorablemente na entidade e nos seus socios.

-Que a cooperativa ou SAT solicitante realice procesos de transformación de materias primas mediante unha industria de carácter agrario, así como a posterior comercialización dos produtos resultantes.

2. Aos criterios de valoración establecidos anteriormente outorgaráselles ata unha puntuación máxima de tres, tres, dous e dous puntos, respectivamente.

Artigo 36º.-Xustificación da axuda.

1. Para proceder ao pagamento das subvencións concedidas será necesario que as entidades beneficiarias xustifiquen os gastos realizados, mediante facturas orixinais ou as súas copias compulsadas.

Tamén se achegará copia compulsada da transferencia bancaria, certificacións expedidas pola empresa consultora e pola entidade de acreditación, ou calquera outro documento similar que acredite fidedignamente o pagamento das devanditas facturas.

2. Ademais, coa xustificación dos gastos presentarase a seguinte documentación:

-Informe técnico ou memoria xustificativa en que se describa a realización do proxecto de acreditación e se recollan aquelas incidencias máis significativas que ocorreron na súa execución.

-Copia compulsada dos certificados de acreditación obtidos, unha vez rematado o proceso de implantación das normas de calidade elixidas.

3. O Servizo de Fomento Asociativo Agrario da Dirección Xeral de Produción, Industrias e Calidade Agroalimentaria, á vista da documentación xustificativa presentada, valorará se a implantación das normas de calidade e os gastos derivados están acordes co inicialmente previsto nas solicitudes de axuda aprobadas. De non ser así, emitirá informe ao respecto, que se poderá considerar condicionante para determinar o importe final da subvención concedida.

Sección sexta

Axudas para os investimentos en instalacións

conxuntas de tratamento e valorización

de residuos agrarios

Artigo 37º.-Beneficiarios.

Poderánse acoller a estas axudas as cooperativas agrarias, as súas entidades participadas, e as SAT

de carácter comunitario sempre que teñan a súa sede social na Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 38º.-Condicionantes.

1. Só se admitirán como subvencionables os investimentos destinados ao tratamento conxunto e centralizado dos residuos producidos nas explotacións agrogandeiras, sempre que inclúan a súa valorización.

2. Os investimentos non poden estar iniciados con anterioridade á presentación da solicitude de axuda.

Artigo 39º.-Conceptos subvencionables e contía económica.

1. Consideránse subvencionables os seguintes conceptos:

a) Construción e adquisición de bens inmobles, excepto a compra de terreos.

b) Maquinaria e equipamentos novos, incluídos os programas informáticos e os soportes lóxicos.

c) Os gastos de proxecto, dirección de obra e estudos de viabilidade, patentes e licenzas, sen que, en todo caso, superen o 12% dos custos indicados nas alíneas a e b anteriores.

2. As axudas consistirán en subvencións a fondo perdido de ata un 50% dos investimentos.

3. Estas axudas están cofinanciadas polo Feoga-Orientación nos termos establecidos no Programa operativo integrado de Galicia 2000-2006.

Artigo 40º.-Documentación específica.

Presentarase a documentación xeral que se detalla no artigo 58º desta orde, así como a documentación específica seguinte:

a) Estudo, anteproxecto ou proxecto que conteña a seguinte documentación:

-Datos de identificación do solicitante, capital social, relación de socios ou accionistas e actividades actuais.

-Descrición do sistema de procesamento que se vai instalar (tecnoloxía, capacidade de produción, volume e características dos residuos que se van tratar e dos produtos que se van obter, comercialización dos produtos finais).

-Relación desagregada e cuantificada dos investimentos que se prevé realizar.

-Análise do impacto ambiental do proxecto.

-Financiamento do proxecto, contas de explotación previsionais e análise económica do investimento.

-Planos de localización, obras e instalacións básicas, así como de distribución da maquinaria e equipamentos.

b) Xustificación do orzamento proposto mediante a presentación de facturas pro forma ou orzamento desagregado por unidades de obra.

c) No caso de investimentos que inclúan novas construcións: xustificación da dispoñibilidade actual ou futura do terreo e da súa cualificación urbanística.

d) Copia da escritura de constitución.

Artigo 41º.-Criterios de valoración.

1. Para a aprobación das solicitudes de axuda teranse en conta como criterios preferenciais:

-A capacidade da iniciativa de dar resposta eficiente a un problema de residuos agrarios evaluable e cuantificable.

-A tecnoloxía utilizada que asegure a valorización en usos agrarios dos residuos.

-A viabilidade económica e financeira do proxecto.

2. Aos criterios de valoración citados anteriormente outorgaráselles ata unha puntuación máxima de dous, tres e cinco puntos, respectivamente.

Artigo 42º.-Xustificación da axuda.

1. O beneficiario poderá xustificar o investimento dunha soa vez ou de forma fracionada, de acordo coas condicións establecidas na resolución, sen que, en todo caso, o número de pagamentos fracionados sexa superior a tres.

2. As solicitudes de pagamento presentaranse acompañadas da seguinte documentación:

a) Xustificantes dos investimentos efectuados, que consistirán de forma xeral nas facturas orixinais, sobre as que se realizará a toma de razón, e das que se entregará unha fotocopia. As facturas deberán estar acompañadas dos xustificantes do seu pagamento efectivo, dos cales se entregará tamén unha fotocopia.

b) Relación das diferenzas existentes entre os traballos previstos e os que se realizaron.

c) Declaración do beneficiario sobre outras axudas concedidas e/ou solicitadas para os mesmos investimentos, achegando, se é o caso, copia da resolución de concesión.

d) Fotocopia do NIF e certificado bancario de existencia da conta bancaria onde se solicita que se ingrese a subvención, xunto coa ficha de domiciliación de pagamentos correspondente.

e) Calquera outra que se indique expresamente na resolución de concesión.

3. Con carácter excepcional e por resolución motivada da consellería, poderase autorizar un anticipo de ata o 50% da subvención naqueles casos en que o investimento exixa pagamentos inmediatos, sen prexuízo das limitacións que poidan existir, se é o caso, na normativa básica da Union Europea sobre fondos estruturais. Nese caso será necesario presentar unha garantía constituída mediante seguro de caución, prestado por unha entidade aseguradora ou mediante aval solidario da entidade de crédito ou sociedade de garantía recíproca, que deberá aca

dar como mínimo ata os dous meses seguintes ao remate do prazo de xustificación previsto.

A garantía deberá cubrir o importe do anticipo, xunto cos xuros deste, que se calcularán segundo o tipo de xuro legal do diñeiro que estea vixente no momento da concesión, e polo prazo que medie entre a data da solicitude e como mínimo aquela en que se cumpran dous meses desde a data de remate do prazo de xustificación previsto. Unha vez comprobada a realización da actividade ou proxecto para o que se concedeu a subvención, liberaranse as garantías.

Sección sétima

Axudas á promoción do idioma galego nas

cooperativas agrarias e de explotación

comunitaria da terra

Artigo 43º.-Obxecto.

Promocionar por medio de axudas o idioma galego no contorno das cooperativas agrarias galegas por supoñer un forte recurso cultural e de identidade para o seu desenvolvemento socioeconómico.

Artigo 44º.-Beneficiarios.

Poderanse beneficiar das axudas establecidas nesta sección as cooperativas agrarias e cooperativas de explotación comunitaria da terra que estean domiciliadas na Comunidade Autónoma de Galicia á data de publicación desta orde.

Artigo 45º.-Conceptos subvencionables e cuantía económica.

1. Poderanse subvencionar a totalidade dos gastos derivados da tradución do conxunto de documentación e normas constitutivas, normas de funcionamento interno, así como os gastos derivados de toda a súa tramitación incluída a inscrición no rexistro, a súa reprodución e encadernación para a entrega ós socios, agás as taxas correspondentes.

2. A axuda de gastos derivados da nova rotulación de instalacións, sedes sociais e equipamentos móbiles ata o 80% do custo sen superar a cantidade de 3.000 A por entidade solicitante.

Artigo 46º.-Condicionantes.

1. A tradución ao idioma galego do conxunto da documentación e normas de constitución, así como os regulamentos de réxime interno deberán ser validados polo Servizo de Tradución da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, antes da remisión aos seus socios. Esta simple tradución non implicará a súa aprobación pola asemblea xeral.

2. As cooperativas que decidan facer efectiva a inscrición deste ou doutros cambios nos seus estatutos no rexistro de cooperativas, obrigatoriamente deben ser aprobado pola asemblea xeral nos termos establecidos no artigo 74.C da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de coooperativas de Galicia.

Artigo 47º.-Documentación específica.

Presentarase a documentación xeral que se detalla no artigo 58º desta orde, así como a documentación específica seguinte:

-Orzamentos ou facturas pro forma detalladas por concepto.

Artigo 48º.-Criterios de valoración.

1. Para a aprobación desta axuda teranse en conta preferentemente:

-A antigüidade de constitución da cooperativa.

-A utilización actual constatable do idioma galego nas comunicacións cos socios.

-A dimensión socioeconómica.

2. Os sistemas de valoración establecidos anteriormente outórgaselles ata unha puntuación máxima de 5, 4 e 3 puntos respectivamente.

Artigo 49º.-Xustificación da axuda.

Para efectuar o pagamento da axuda concedida será necesario que as entidades asociativas agrarias beneficiarias xustifiquen os gastos realizados, mediante facturas orixinais ou as súas copias compulsadas.

Tamén se deberá presentar copia compulsada da transferencia bancaria ou calquera outro documento similar que acredite fidedignamente o pagamento das referidas facturas.

No referente ao artigo 46º, certificación expedida polo Servizo de Tradución da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Sección oitava

Axudas ás organizacións representativas

das cooperativas agrarias galegas

Artigo 50º.-Obxecto.

Esta sección ten por obxecto potenciar mediante axudas a acción das organizacións representativas das cooperativas agrarias galegas, así como potenciar o labor de formación dos representantes das cooperativas asociadas en xeral, e dos socios delas en particular, así como dos agricultores e gandeiros galegos en xeral.

Artigo 51º.-Beneficiarios.

Poderanse beneficiar das axudas establecidas nesta sección as organizacións representativas das cooperativas agrarias galegas que estean legalmente constituídas e o seu obxecto social recolla a representación profesional dos seus asociados.

Artigo 52º.-Actividades subvencionables.

1. Poderanse subvencionar ata o cen por cento as actividades que as organizacións representativas de cooperativas agrarias galegas desenvolvan durante o ano en curso, e que cumpran coas condicións exixidas nesta orde.

2. Considéranse subvencionables os gastos derivados das seguintes actividades:

-Accións dirixidas a representar e defender o interese do cooperativismo agrario galego.

-Acción de promoción, fomento e divulgación do cooperativismo agrario.

-Acción de información, formación e estudo dos problemas que os afecten para promover un desenvolvemento socioeconómico nos seus contornos, así como a promoción da intercooperación e integración cooperativa a todos os niveis.

Artigo 53º.-Documentación específica.

Presentarase a documentación xeral que se detalla no artigo 58º desta orde, así como a documentación específica seguinte:

a) Memoria suficientemente detallada das actividades contempladas nesta sección e que ten previsto desenvolver cada organización representativa das cooperativas agrarias galegas.

b) Orzamento desagregado previsto das ditas actividades.

Artigo 54º.-Criterios de valoración.

1. As subvencións concederanse de acordo cos principios de publicidade, concorrencia, obxectividade, transparencia e igualdade.

2. Para a aprobación das solicitudes de axuda teranse en conta como criterios preferenciais:

-Ámbito xeográfico e dimensión das entidades asociativas representadas.

-Dimensión socioeconómica das entidades representadas.

-Sectores agrarios que acada a súa acción.

3. Aos criterios de valoración establecidos nesta sección outorgaraselles ata unha puntuación máxima de cinco, cinco e tres puntos.

Artigo 55º.-Xustificación da axuda.

1. Para proceder a realizar o pagamento das subvencións concedidas será necesario xustificar debidamente os gastos correntes efectuados por medio de memoria xustificativa en que se detallen as accións e actividades desenvolvidas durante 2006, xunto coa seguinte documentación:

a) Certificación que acredite, de xeito desagregado, os gastos correntes contraídos polas actividades obxecto de subvención.

b) Copia compulsada das nóminas, TC1 e TC2 do persoal da organización. A suma do seu importe non poderá superar o 70% do total dos gastos presentados.

c) Facturas orixinais dos gastos, ou as súas copias compulsadas, debidamente conformadas polo presidente ou representante legal da organización beneficiaria. As facturas deberán traer o IVE desagregado correctamente.

d) Certificación de todas as axudas solicitadas ante as distintas administracións públicas para os mesmos fins recollidos nesta orde, tanto as concedidas como as pendentes de resolución. Esta certificación debe vir asinada polo presidente ou representante legal da organización.

Sección novena

Disposicións xerais

Artigo 56º.-Solicitudes.

1. As solicitudes de axuda presentaranse segundo o modelo adxunto, que se compón dos seguintes anexos:

-Anexo I: instancia de solicitude.

-Anexo II: relación das liñas de axuda solicitadas.

-Anexo III: relación da documentación que se xunta.

2. As solicitudes deben vir debidamente cubertas e asinadas polo presidente ou polo representante legal da entidade peticionaria. Os anexos é imprescindible cubrilos correctamente na súa totalidade.

Xuntaráselle a documentación que se detalla nesta orde, tanto de carácter xeral como específica, para cada liña de axudas. No caso de solicitar subvención por varias liñas, a documentación de carácter xeral que sexa coincidente só se presentará unha vez.

3. As solicitudes dirixiranse ao conselleiro do Medio Rural. Presentaranse preferentemente no rexistro xeral desta consellería nos servizos centrais, ou do xeito previsto no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

4. A presentación da solicitude de concesión de axuda ou subvención polo interesado comportará a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que teñan que emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia, segundo o requirido nas correspondentes bases reguladoras, de acordo co previsto no artigo 43 da Lei 7/2005, do 30 de decembro, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006.

Artigo 57º.-Condición previa.

Non se admitirán como subvencionables os investimentos, actividades e gastos realizados ou iniciados con anterioridade á presentación dunha solicitude de axuda.

Artigo 58º.- Documentación xeral.

As solicitudes presentaranse xunto coa documentación específica que se detalla nesta orde para cada

liña de axudas, e coa documentación de carácter xeral que a continuación se cita:

a) Copia compulsada ou certificación da acta da reunión do consello rector, segundo o modelo do anexo IV, na cal se:

-Aproba realizar as accións para as que se vai pedir a subvención.

-Acorda solicitar a subvención.

-Autoriza a persoa encargada dos trámites.

b) Informe xeral sobre a entidade solicitante, segundo o modelo do anexo V, completamente cuberto.

c) Copia compulsada do CIF.

d) Copia completa da declaración do imposto de sociedades correspondente ao último exercicio económico. No caso das cooperativas de nova constitución, presentarán copia da declaración censal.

e) Certificacións, segundo o modelo do anexo VI, sobre os seguintes aspectos:

-Cumprimento dos requisitos necesarios para acollerse a esta orde de axudas, así como das obrigas e compromisos que nela se establecen.

-Autenticidade dos datos facilitados e da documentación presentada.

-Compromiso de facilitar a documentación complementaria que se poida requirir, así como de permitir as comprobacións e inspeccións que para o efecto esta Administración considere oportunas.

-Compromiso de non beneficiarse de ningunha outra subvención procedente de entidades públicas para os mesmos fins para os que se solicita axuda ao abeiro desta orde.

f) Certificación bancaria do número de conta.

g) Cando o importe do investimento subvencionable supere a contía de 30.000,00 euros no caso de obra, ou de 12.000 euros no suposto de subministración de bens de equipamento ou prestación de servizos por empresas de consultoría ou asistencia técnica, o beneficiario deberá presentar como mínimo tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á entrega do ben ou á contratación do compromiso para a prestación do servizo, agás nos casos en que polas especiais características dos gastos subvencionables non exista no mercado suficiente número de entidades que o subministren ou presten.

A elección destas ofertas realizarase conforme criterios de eficiencia e economía, debendo xustificarse expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa.

Artigo 59º.-Tramitación.

As unidades administrativas receptoras remitirán no prazo máis breve posible as solicitudes de axuda recibidas á Dirección Xeral de Produción, Industrias

e Calidade Agroalimentaria, para que o servizo competente comprobe que a solicitude e a documentación presentada reúnen os requisitos exixidos nesta orde e que as actuacións e investimentos incluídos na solicitude de axuda non se iniciaron fóra dos prazos permitidos pola normativa vixente.

Se os impresos de solicitude non están debidamente cubertos, se non se achega a documentación establecida ou se o expediente presenta defectos corrixibles, requirirase o interesado para que nun prazo máximo de dez días emende os erros ou presente os documentos preceptivos, coa advertencia de que de non facelo terase por desistido da súa petición, logo de resolución ditada nos termos previstos no artigo 42º, de conformidade co disposto no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Artigo 60º.-Resolución.

1. O órgano competente para levar a cabo a tramitación da presente orde de axudas é a Dirección Xeral de Produción, Industrias e Calidade Agroalimentaria. A avaliación das solicitudes será levada a cabo por un órgano colexiado composto polo subdirector xeral competente en Produción Agraria Sustentable e Fomento Asociativo, o xefe do servizo competente en Fomento Asociativo Agrario, un xefe de sección e un xefe de negociado que actuará como secretario. O órgano colexiado valorará as solicitudes de axuda segundo os criterios establecidos e emitirá informe co resultado da avaliación ao director xeral de Produción, Industrias e Calidade Agroalimentaria que pola súa vez formulará proposta de concesión ao conselleiro do Medio Rural.

2. O conselleiro do Medio Rural resolverá sobre a aprobación das axudas solicitadas en réxime de concorrencia competitiva axustándose aos principios de publicidade, concorrencia, obxectividade, transparencia, igualdade e non-discriminación.

3. Seguidamente notificaráselles ás entidades asociativas beneficiarias a resolución de concesión da subvención e o seu importe previsto, segundo as normas e criterios establecidos nesta orde, así como en función das solicitudes presentadas e da dotación orzamentaria existente. De todas formas, o pagamento queda supeditado á súa correcta xustificación.

4. Se non se notificase a resolución de concesión no prazo de seis meses, poderá entenderse desestimada a axuda solicitada.

Artigo 61º.-Incompatibilidade.

As subvencións reguladas pola presente orde son incompatibles con calquera outra axuda procedente das administracións públicas que se conceda para os mesmos obxectivos e investimentos, agás para as axudas establecidas na sección sexta desta orde que serán compatibles con calquera outras para o mesmo fin, sempre que non estean financiadas ou

cofinanciadas por outros fondos estruturais da Unión Europea, e que os seus importes sumado ao concedido a través desta orde non supere o 50% de subvención total.

A vulneración deste precepto dará lugar á perda da subvención concedida.

Artigo 62º.-Xustificación e pagamento.

1. A xustificación do gasto correspondente ás accións subvencionables para cada unha das liñas de axuda reguladas nesta orde deberá realizarse antes do 31 de outubro.

O incumprimento do prazo poderá implicar a perda da subvención concedida, sen necesidade de aviso ou notificación ás entidades beneficiarias.

2. A xustificación do gasto estará prioritariamente dirixida ao Servizo de Fomento Asociativo Agrario, (Consellería do Medio Rural, rúa dos Irmandiños, s/n, Santiago de Compostela).

3. As subvencións concedidas faranse efectivas mediante pagamentos nominativos a favor das entidades asociativas agrarias beneficiarias, unha vez que acrediten debidamente as actividades e gastos realizados, de acordo co que se especifica para cada liña de axudas no texto desta orde e na pertinente resolución de concesión.

As facturas que se presenten para xustificar os gastos realizados deberán traer o IVE especificado correctamente e virán acompañadas da transferencia bancaria, certificación ou calquera outro documento que acredite fidedignamente que xa están pagas.

4. Para proceder ao pagamento da subvención concedida é imprescindible que previamente a entidade beneficiaria presente certificación de todas as axudas solicitadas ante as distintas administracións públicas para os mesmos fins establecidos nesta orde, tanto as concedidas como as pendentes de resolución. Esta certificación debe vir asinada polo secretario da cooperativa ou SAT, co visto e prace do seu presidente.

5. Coa resolución de concesión das subvencións que se regulan nesta orde poderase solicitar a documentación adicional de carácter complementario que se considere necesaria para a xustificación, seguimento e control destas axudas.

6. O importe final das axudas concedidas calcularase en función das facturas e demais xustificantes e documentación que se presente ao respecto, unha vez descontado o IVE. Se os gastos totais xustificados son inferiores aos orzados e admitidos, practicarase a redución proporcional pertinente, sempre que se cumprisen os obxectivos previstos.

7. Quedan exentas de achegar os xustificantes de estar ao día coa Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Consellería de Economía e Facenda da Xunta

de Galicia as entidades asociativas beneficiarias de axudas que non superen os 1.500 A, de acordo co establecido no artigo 41 da Lei 7/2005, do 30 de decembro, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006.

Artigo 63º.-Seguimento e control.

1. As entidades beneficiarias están obrigadas a comunicarlle á Dirección Xeral de Produción, Industrias e Calidade Agroalimentaria calquera circunstancia ou eventualidade que poida afectar substancialmente o destino ou correcta aplicación da subvención concedida.

2. Toda alteración das condicións que se tiveron en conta para a concesión da subvención, incluída a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

3. Así mesmo, deberán permitir que a devandita dirección xeral realice as comprobacións e inspeccións que considere oportunas co fin de comprobar a veracidade dos datos e da documentación presentada, así como o lóxico seguimento e control das axudas concedidas. Tamén facilitarán toda a información que lles sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas.

4. As entidades beneficiarias quedan obrigadas ao reintegro total ou parcial da subvención ou axuda pública percibida nos supostos e causas previstas no artigo 78 da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia (Decreto lexislativo 1/1999).

Artigo 64º.-Réxime de recursos.

1. A convocatoria destas axudas, as súas bases e todos cantos actos administrativos deriven dela, poderán ser impugnados polos interesados nos casos e na forma establecidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

2. As resolucións expresas ou presuntas ditadas en aplicación da presente orde esgotan a vía administrativa, e contra delas poderase interpor potestativamente recurso de reposición ante o conselleiro do Medio Rural, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación se é expresa, ou de tres meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto, segundo os casos; ou ben poderá ser impugnada directamente ante o órgano xurisdicional contencioso-administrativo no prazo de dous meses.

3. En todo o non previsto nesta orde aplicarase o sinalado nos artigos 78 e 79 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba

o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, e no Decreto 287/2000, do 21 de novembro polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Sección décima

Disposicións específicas para a convocatoria

do ano 2006

Artigo 65º.-Convocatoria.

Convócanse, de acordo coas bases reguladoras establecidas nesta orde, as axudas para mellorar a formación, xestión e consolidación do asociacionismo agrario en Galicia para o ano 2006.

Artigo 66º.-Prazo de presentación.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partir do día seguinte ao de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 67º.-Financiamento.

A concesión das axudas previstas nesta orde realizarase con cargo ás aplicacións orzamentarias 11.03.612-A.770.0, por un importe de 800.000 A para o presente exercicio e 200.000 A para o vindeiro exercicio económico; 11.03.615A.770.0, por un importe de 100.000 A, 11.01.611A.480.0, por un importe de 110.000 A e 11.03.712-B.770.0, por un importe de 25.000 A dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, así como con outros remanentes que puidesen existir nas mesmas aplicacións.

En todo caso, a concesión das axudas para mellorar a formación, xestión e consolidación do asociacionismo agrario en Galicia estará condicionada á existencia de crédito axeitado e suficiente e limitarase ás dispoñibilidades orzamentarias.

Disposición derrogatoria

Quedan derrogadas as ordes do 27 de febreiro de 2003, DOG nº 48, do 10 de marzo, a Orde do 29 de abril de 2003, DOG nº 91, do 13 de maio, e a Orde do 14 de abril de 2004, DOG nº 75, do 20 de abril, pola que se establecían axudas para mellorar a formación, xestión e consolidación do asociacionismo agrario en Galicia.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Produción, Industrias e Calidade Agroalimentaria da Consellería do Medio Rural para que, no ámbito das súas competencias, dite as normas necesarias para a correcta aplicación, desenvolvemento e cumprimento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2006.

Alfredo Suárez Canal

Conselleiro do Medio Rural