DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Xoves, 01 de xuño de 2006 Páx. 8.773

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 5 de maio de 2006 pola que se autoriza o cambio de denominación do CEP Caixa de Aforros de Vigo.

Tendo en conta o artigo 8 punto 1º do anexo do Decreto 374/1996, do 17 de outubro, polo que se aproba o Regulamento das escolas de educación infantil e dos colexios de educación primaria (DOG do 21 de outubro), así como os correspondentes informes, por proposta da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, esta consellería

DISPÓN:

Autorizar o cambio de denominación do colexio que no anexo se relaciona.

Santiago de compostela, 5 de maio de 2006.

Laura Sánchez Piñón

Conselleira de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: Pontevedra.

Concello: Vigo.

Localidade: Couto.

Código de centro: 36010496.

Denominación: Colexio de Educación Primaria Caixa de Aforros de Vigo.

Nova denominación: Colexio de Educación Primaria Caixanova.