DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Xoves, 01 de xuño de 2006 Páx. 8.751

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2006, da Secretaría Xeral de Comunicación, pola que se convocan axudas para a promoción e difusión do patrimonio audiovisual galego.

Correspóndelle á Secretaría Xeral de Comunicación, a través da Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual, o fomento da promoción e difusión do patrimonio audiovisual galego e das artes da imaxe, de acordo co previsto no Decreto 44/2006, do 2 de marzo.

A) A Secretaría Xeral de Comunicación, a través da Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual, é consciente da importancia que posúen os festivais e mostras no sector audiovisual, como actos públicos de promoción das producións audiovisuais e o relevante efecto divulgativo que producen, propiciando un contexto competitivo ou de mera participación no que se favoreza a excelencia profesional e aproveitando o beneficioso efecto que producen no sector audiovisual galego.

Con estes eventos incentívase a profesionalidade e mellórase o coñecemento das producións audiovisuais e mais poténciase a imaxe xeral do audiovisual galego, consolidándoa. Tamén se considera de interese a procura de oportunidades de compartir e proxectar un axeitado perfil profesional deste sector.

B) A Secretaría Xeral de Comunicación, a través da Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual, considera oportuno potenciar a comercialización de producións audiovisuais galegas co obxectivo de fomentar a promoción desas obras audiovisuais nos mercados, foros de coprodución, festivais e outros eventos de relevancia, nacional e internacional, considerando que a participación neses eventos supón un paso necesario para a promoción internacional das obras galegas e o aproveitamento das sinerxías derivadas das interrelacións entre os profesionais dese sector.

C) A Secretaría Xeral de Comunicación, a través da Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual, recoñece a importancia do primeiro acto de promoción das producións audiovisuais e o relevante impacto divulgativo que producen, achegando aos profesionais e ao público en xeral un coñecemento e información da obra audiovisual rematada que se vai integrar nos circuítos do sector audiovisual.

Con estes actos de estrea mellórase o coñecemento da produción audiovisual que se está a facer en Galicia e mais poténciase a imaxe xeral do cine galego,

consolidándoa. Tamén se considera de interese a procura de oportunidades de compartir e proxectar a profesionalidade deste sector.

Por todo isto, en virtude da desconcentración de competencias operada pola disposición adicional 2ª c) do Decreto 44/2006, do 2 de marzo,

DISPOÑO:

Único.-De acordo coas seguintes bases, convócanse as liñas de axuda que se sinalan:

A) Axudas para apoiar o desenvolvemento e organización de festivais, dentro da Comunidade Autónoma de Galicia.

B) Axudas para apoiar a comercialización de producións audiovisuais galegas, pola asistencia a mercados, foros de coprodución e/ou misións comerciais ou pola asistencia a festivais, no eido audiovisual.

C) Axudas para apoiar actos de estrea ou presentación de producións audiovisuais galegas ou en lingua galega dentro da Comunidade Autónoma de Galicia.

As bases xerais desta convocatoria son as contidas no Decreto 172/2001, do 12 de xullo, sobre incentivos para o desenvolvemento económico e fomento da actividade empresarial na comunidade autónoma (DOG nº 142, do 23 de xullo), que recolle o réxime de axudas rexionais autorizado pola Unión Europea (axuda estatal nº 498/2000).

Para a convocatoria das ditas liñas, a Secretaría Xeral de Comunicación dedicará un importe de 600.000 A, que se financiarán con cargo ao capítulo 7º nas aplicacións dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o 2006, segundo o sinalado nos artigos 8, 20 e 32 desta convocatoria.

I. Bases xenéricas para a concesión das subvencións.

Artigo 1º.-Lugar e prazos de presentación de solicitudes.

1. As solicitudes e a documentación sinalada para cada liña de axudas presentaranse no Rexistro Xeral da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. Tamén poderá presentarse nas delegacións provinciais desa consellería ou de acordo co previsto no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común.

2. O prazo de presentación de solicitudes, segundo a liña de axuda, será:

-Para a liña A, un mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

-Para as liñas B e C, o prazo comeza ao día seguinte da publicación desta convocatoria e remata o 31 de decembro de 2006.

3. A presentación dunha solicitude de subvención a esta convocatoria implica a aceptación expresa e formal destas bases e comportará a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesourería Xeral da Seguridade Social e a Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia.

4. Non se poderá conceder máis dunha axuda para a organización e desenvolvemento dun mesmo festival ou para a realización dunha mesma estrea.

5. Todos os formularios necesarios nesta convocatoria pódense obter das páxinas web da Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual http://www.xunta.es/comunicacion/dxca

6. Aquelas produtoras que, nas anualidades 2002, 2003, 2004 e 2005, solicitasen axudas ao audiovisual, outorgadas por esta comunidade autónoma, poderán xuntar unha declaración responsable de que se manteñen invariables as circunstancias de constitución e representación da entidade solicitante, téndose por presentada esa documentación.

Artigo 2º.-Prazo para resolver estas convocatorias de axudas.

1. Para os efectos establecidos no artigo 42.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común, o prazo máximo para resolver as solicitudes correspondentes a esta convocatoria será de tres meses, contados desde o seguinte ao remate do prazo de presentación de solicitudes, para o caso da liña A; para as outras liñas, os tres meses contaranse desde a data de entrada no rexistro xeral da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e aquelas solicitudes presentadas despois do 1 de outubro resolveranse, en todo caso, antes do 31 de decembro de 2006.

2. De non notificarse resolución de concesión de subvención nese prazo, entenderase desestimada a solicitude correspondente, podendo interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o secretario xeral de Comunicación no prazo dun mes previo ao recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Artigo 3º.-Modificación da resolución de concesión.

Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

Artigo 4º.-Publicidade de axudas adxudicadas.

1. A publicidade das axudas adxudicadas efectuarase no Diario Oficial de Galicia e tamén segundo

o previsto no artigo 44 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos da comunidade autónoma para 2006.

2. En ningún caso o importe das subvencións concedidas poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia coas concedidas a través doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais e internacionais, supere o custo da actividade que vaia desenvolver o beneficiario ou, se é o caso, a porcentaxe máxima do investimento subvencionable que se estableza legalmente.

Artigo 5º.-Incumprimentos.

O incumprimento por parte do beneficiario de calquera das obrigas previstas nestas bases facultará o secretario xeral de Comunicación a instruír un expediente sancionador, conforme o previsto no artigo 79 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, modificado pola Lei 14/2004, do 29 de decembro, de medidas tributarias e de réxime administrativo e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común; se procede, anulará os beneficios concedidos e terá lugar a devolución das cantidades percibidas, se as houber, segundo o procedemento que establece o Regulamento xeral de recadación.

Artigo 6º.-Réxime xurídico desta convocatoria.

Aplicaranse a esta convocatoria de axudas os artigos 78 e 79 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia; a Lei estatal 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións; o Decreto autonómico 287/2000, do 21 de novembro e a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común, e as bases contidas nesta convocatoria.

II Bases específicas para a concesión das subvencións.

A. Axudas para apoiar o desenvolvemento e organización de festivais dentro da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 7º.-Obxecto.

Esta liña de axudas ten por obxecto apoiar a organización e desenvolvemento de festivais e mostras de cinematografía e artes audiovisuais na Comunidade Autónoma de Galicia durante o ano 2006 e convócase en réxime de concorrencia competitiva.

Para os efectos desta convocatoria, entenderase por festivais aqueles certames, semanas, mostras ou galas que teñan por obxecto a promoción e difusión da produción cinematográfica e audiovisual e se celebren en Galicia.

Artigo 8º.-Aplicacións orzamentarias.

A Secretaría Xeral de Comunicación, a través da Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual, dedicará un importe global de 300.000 A, que distribuidamente se imputará nas aplicacións 04.31.353 B 770.1 (4.000 A), 760.1 (2.000 A) e 780.1 (294.000 A) dos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para 2006.

Artigo 9º.-Beneficiarios.

Poden optar ás subvencións convocadas as entidades e persoas físicas que actúen como promotoras dun festival obxecto desta convocatoria na Comunidade Autónoma de Galicia e que teñan previsto a súa celebración no ano 2006, cumprindo cos requisitos desta convocatoria.

Artigo 10º.-Requisitos para solicitar subvención.

As entidades que actúen como promotoras dun festival do artigo 1º desta convocatoria deberán posuír un obxecto social que abranga a organización e realización destes eventos.

As persoas físicas que actúen como promotoras dun festival do artigo 1º desta convocatoria deberán acreditar a súa profesionalidade no sector audiovisual.

Artigo 11º.-Gastos subvencionables.

Para os efectos desta convocatoria de liña de axudas A, considéranse gastos subvencionables os seguintes:

a) Gastos de comunicacións: teléfono, fax, correo, mensaxaría, cun límite máximo do 35 % do orzamento de gastos subvencionable.

b) Gastos de publicidade e propaganda.

c) Gastos de edición de publicacións.

d) Aluguer de salas de exhibición e equipos de proxección.

e) Subtitulado das copias das películas participantes.

f) Gastos de viaxe e aloxamento dos invitados participantes.

g) Gastos de axentes de aduanas e transitarios.

h) Gastos de organización de actos protocolarios do festival.

i) Premios ou galardóns oficiais, que se entreguen en metálico.

Artigo 12º.-Contía das axudas.

O importe da axuda poderá acadar, globalmente, ata o 40% do orzamento de gastos subvencionables previstos para organización e desenvolvemento do festival.

Artigo 13º.-Documentación que hai que presentar para solicitar unha axuda.

a) Solicitude, empregando a sinalada no anexo I.

b) Documentación respecto do solicitante:

1. Copia cotexada do acto constitutivo e dos estatutos da entidade.

2. Copia cotexada do DNI do representante e acreditación suficiente da representación que exerza.

c) Declaración responsable de que o solicitante non incorre en prohibicións para obter subvencións a que se refire o artigo 13.2º da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

d) De ser persoa física: historial profesional do solicitante, que reflicta a súa actividade no eido audiovisual.

e) De ser unha entidade: memoria de actividades desenvolvidas no eido audiovisual.

f) Bases de participación e/ou regulamento do festival que se vai celebrar.

g) Orzamento desagregado e detallado de ingresos e gastos necesarios para a celebración do festival; sinalarase expresamente a orixe dos ingresos previstos, así como a solicitude doutras axudas públicas estatais e internacionais; expresarase os gastos aos que se vai aplicar a subvención solicitada.

h) Declaración do conxunto de todas as solicitudes de subvencións efectuadas, ou concedidas, para esa mesma actividade perante as administracións públicas ou outros entes públicos.

Artigo 14º.-Tramitación, órgano instrutor, órgano colexiado e criterios de valoración.

1. Os servizos competentes da Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual tramitarán as solicitudes e instrumentarán os procedementos necesarios para a concesión da subvención.

2. A proposta de concesión formularáselle ao secretario xeral de Comunicación por un órgano colexiado, a través da Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual, que é o órgano instrutor.

3. O referido órgano colexiado terá a seguinte composición:

-O subdirector xeral de Telecomunicacións e Audiovisual, que é o presidente.

-O director-xerente do Consorcio Audiovisual de Galicia.

-Dous vogais, designados pola secretaría xeral entre personalidades de recoñecido prestixio no ámbito de festivais e eventos audiovisuais.

-A xefa de servizo de Estudos e Análises de Telecomunicación e Audiovisual.

-Como secretario, un funcionario da Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual.

4. A valoración das solicitudes efectuarase en aplicación dos seguintes criterios de valoración:

a) Historial do festival que se vai celebrar (sinalar número de edicións celebradas).

b) Tipoloxía audiovisual a que se dirixe o festival, con especial atención á produción audiovisual independente.

c) Incidencia na industria audiovisual, busca de novos valores e restantes circunstancias relevantes para o interese cinematográfico e cultural do festival.

d) Atención e cobertura prestada polos medios de comunicación social e audiovisual (caso de edición precedente).

e) Número de países e producións participantes.

f) Proxección, repercusión e/ou recoñecemento a nivel internacional.

g) Actividades paralelas que se desenvolvan dentro do festival.

Artigo 15º.-Resolución.

Dentro das dispoñibilidades orzamentarias, o secretario xeral de Comunicación resolverá esta convocatoria no prazo referido no artigo 2º destas bases.

Artigo 16º.-Notificación e aceptación da axuda. Solicitude de anticipos.

1. A notificación da concesión ou denegación da subvención efectuarase ao beneficiario, xunto co importe adxudicado e festival a que se destina.

2. Calquera modificación nas datas de celebración do festival e/ou nos orzamentos inicialmente presentados na solicitude deberán ser notificadas ante a Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual, que decidirá o que proceda e adoptará as medidas que considere oportunas.

3. Notificada a resolución de subvención, os beneficiarios deberán manifestar expresamente a súa aceptación nun prazo máximo de 10 días naturais, empregando o modelo que figura como anexo V desta convocatoria. Transcorrido o devandito prazo sen facela, entenderase que o beneficiario da axuda renuncia á subvención concedida e procederase, sen máis trámite, ao arquivo do expediente.

4. Logo da aceptación expresa da subvención, o adxudicatario poderá solicitar un anticipo do 20% da subvención, constituíndo calquera das garantías do artigo 17 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro.

Artigo 17º.-Xustificación do obxecto da subvención e solicitude en pagamento único.

1. Para o libramento da subvención, en pagamento único, ou pagamento final, ante a Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual, a produtora solicitará o pagamento nun prazo máximo de tres meses dende a realización do festival, e en calquera caso antes do 30 de decembro de 2006. Tamén xuntará a documentación que se sinala neste artigo.

2. Documentación para xustificar o obxecto da subvención, que se presentará por duplicado (caderno de copias compulsadas e caderno de simples copias):

a) Baixo responsabilidade do declarante, unha conta xustificativa dos gastos realizados para cumprir o obxecto da subvención, mediante relación numerada e ordenada das facturas emitidas a nome do promotor do festival que xustifiquen os gastos subvencionables. Desagregarase o imposto sobre o valor engadido que non se considerará subvencionable.

b) Facturas relativas aos gastos subvencionables nos termos expresados no orzamento presentado coa solicitude. Presentarase coa mesma orde e mesmo número ordinal que o asignado na relación numerada da alínea a).

c) Declaración complementaria do conxunto de axudas obtidas e/ou solicitadas para o mesmo proxecto en calquera outra Administración, organismo ou ente público ou privado. En caso de ser beneficiario dalgunha axuda ou subvención para a mesma actuación, deberase achegar a documentación necesaria para a súa valoración para os efectos de concorrencia coa axuda concedida.

d) Memoria final, asinada por representante legal do promotor do festival, xustificativa da aplicación da subvención na que se concreten e expliquen as actividades desenvolvidas en relación coa finalidade da subvención e as súas condicións.

e) Balance de ingresos e gastos totais, respecto do festival celebrado; sinalarase a orixe dos ingresos (axudas, fondos propios, cotas...).

Artigo 18º.-Obrigas dos beneficiarios.

As legalmente establecidas e tamén se sinalan expresamente as seguintes:

a) Destinar e aplicar a subvención para o obxecto concreto para o que se concedeu. A Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual poderá realizar as oportunas comprobacións para o mellor coñecemento da dita efectiva realización.

b) Facer constar a imaxe corporativa da Xunta de Galicia-Presidencia-Secretaría Xeral de Comunicación-Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual, que figurará en calquera material promocional vencellado aos actos do festival, incluíndo as invitacións.

c) Nos actos públicos previstos polo festival, a Secretaría Xeral de Comunicación e a Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual terán unha axeitada presenza institucional.

d) Proporcionar en todo momento a información que lle sexa requirida en relación á subvención concedida e someterse ás actuacións de comprobación da Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual, da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, do Tribunal de Contas, do Consello de Contas e doutros órganos competentes.

B. Axudas para apoiar a comercialización de producións audiovisuais galegas, pola asistencia a mercados, foros de coprodución e/ou misións comerciais ou pola asistencia a festivais.

Artigo 19º.-Obxecto.

Esta actuación de fomento ten por obxecto apoiar a comercialización de producións audiovisuais, mediante unha liña de axudas por asistencia a mercados, foros de coprodución e/ou misións comerciais (liña B.1) e outra liña por asistencia a festivais (liña B.2).

Artigo 20º.-Aplicación orzamentaria.

A Secretaría Xeral de Comunicación, a través da Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual dedicará, para ambas liñas de axudas, un importe global de 200.000 A que se imputará na aplicación 04.31.353B.770.1 dos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para 2006, atribuíndose inicialmente o importe de 100.000 A para a liña B.1 e 100.000 A para a liña B.2, sen prexuízo da distribución definitiva que resulte das resolucións de adxudicación. O crédito non adxudicado nunha modalidade pode aplicarse na outra, ata acadar o límite total sinalado.

Artigo 21º.-Beneficiarios.

Poderán optar a estas axudas as empresas de produción audiovisual independentes que estean legalmente constituídas con sede social e domicilio fiscal en Galicia ou establecidas nun Estado membro da Unión Europea con axencia permanente en Galicia.

Para a liña B.1, respecto daquelas produtoras que o soliciten, por asistencia e presenza nun mercado, foro de coprodución ou misión comercial, no eido do audiovisual, dos que se sinalan no anexo VI.

Para a liña B.2, respecto daquelas produtoras que o soliciten, pola participación ou selección dunha produción audiovisual nun festival no eido audiovisual, sexa en sección oficial ou seccións paralelas, dos que se sinalan no anexo VII.

Artigo 22º.-Requisitos para solicitar subvención.

Poderán solicitar estas liñas de axudas, aquelas produtoras que teñan asistido a mercados, foros de coprodución, misión comercial, ou festivais que se celebraran entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2006.

Para a liña B.2, ademais, deberá posuírse a titularidade, como mínimo, do 20% dos dereitos de explotación das ditas obras audiovisuais, ou ter unha participación económica igual ou superior ao 30% do orzamento de produción delas.

Artigo 23º.-Gastos subvencionables para ambas liñas.

Se consideran gastos subvencionables:

a) A tiraxe e o subtitulado das copias necesaria para a proxección do produto audiovisual nos mercados que teñan lugar nel.

b) O transporte de materiais.

c) A contratación de casetas, decoración e modulación delas.

d) A inscrición, desprazamento e aloxamento das delegacións participantes, cun máximo de dous representantes; agás viaxes en avión ou tren, por desprazamentos e aloxamento considerarase un gasto máximo de 100 A por persoa e día.

e) O 40% da cota de inscrición, no caso de que exista, cun máximo de 2 persoas por empresa, e sempre que non supere o 40% dos gastos subvencionables.

Artigo 24º.-Contía das axudas.

1. Segundo tipos de mercado ou foro sinalados no anexo VI, para a liña B.1, sinálanse os seguintes importes:

-Por mercado ou foro tipo a), unha axuda de 1.500 A.

-Por mercado ou foro tipo b), unha axuda de 1.000 A.

-Por mercado ou foro tipo c), unha axuda de 500 A.

En todo caso, engadirase un importe do 40% da cota de inscrición (cun importe máximo de dúas cotas por produtora solicitante) no caso de que exista ese gasto e ata un máximo do 40% dos restantes gastos subvencionables.

O importe máximo por produtora e mercado non poderá superar a cifra de 15.000 A.

En ningún caso poderá disfrutarse acumuladamente, por produtora e ano, dunha contía superior a 60.000 A.

Non se considerará presenza nun evento a inscrición dunha obra audiovisual nun mercado ou foro de coprodución para figurar nun catálogo ou para ser visionado (screening).

2. Segundo tipos de festivais sinalados no anexo VII, para a liña B.2, sinálanse os seguintes importes:

-Por festivais tipo X), unha axuda de 1.000 A, cun máximo de 3 axudas por produtora e obra durante o ano 2006.

-Por festivais tipo Y), unha axuda de 500 A, cun máximo de 2 axudas por produtora e obra durante o ano 2006.

-Por festivais tipo Z), unha axuda de 300 A, cun máximo de 1 axuda por produtora e obra durante o ano 2006.

Artigo 25º.-Documentación que hai que presentar para solicitar unha axuda.

1. Documentación de carácter xeral:

a) Solicitude, empregando a sinalada no anexo II, para a liña B.1 ou a sinalada no anexo III para a liña B.2.

b) Fotocopia compulsada do DNI do representante ou solicitante e acreditación suficiente da representación que exerza mediante poder notarial debidamente inscrito.

c) Fotocopia compulsada da documentación acreditativa da constitución legal da empresa, do domicilio fiscal en Galicia; para o caso, da axencia constituída en Galicia.

d) Fotocopia compulsada da tarxeta de identificación fiscal (NIF).

e) Fotocopia compulsada do certificado da inscrición no rexistro de empresas do Instituto de Cinematografía e Artes Audiovisuais (ICAA).

f) Declaración responsable na que faga constar que a empresa solicitante non incorre en prohibicións para obter axudas ou subvencións públicas a que se refire o artigo 13.2º da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

g) Concorrencia a eventos subvencionables expresando: datas de celebración, relación das persoas que asistiron, xustificación documental da relación contractual deses asistentes coa produtora solicitante da axuda, documento oficial da inscrición ou invitación ao evento, copia compulsada da factura dos gastos de viaxe (avión, tren, autobús) e aloxamento (hoteis) que coincidan co 60% do tempo de duración do evento e non superen o 140% dese tempo.

h) Para a liña B.2, ademais, mediante certificación do ICAA ou de EGEDA, deberá acreditarse a titularidade, como mínimo, do 20% dos dereitos de explotación da obra audiovisual ou de ter nela unha participación económica igual ou superior ao 30% do orzamento de produción.

2. Documentación xustificativa dos gastos realizados pola asistencia, que se presentará por duplicado (caderno de copias compulsadas e caderno de simples copias):

a) Baixo responsabilidade do declarante, unha conta xustificativa dos gastos realizados pola asistencia ao evento, mediante relación numerada e ordenada das facturas emitidas a nome da produtora que xustifiquen os gastos subvencionables; a xustificación acadará o importe de axuda multiplicado por 2,5, como mínimo. Desagregarase o imposto sobre o valor engadido que non se considerará subvencionable.

b) Facturas relativas aos gastos subvencionables. Presentarase coa mesma orde e mesmo número ordinal que o asignado na relación numerada da liña anterior.

c) Declaración do conxunto de axudas obtidas e/ou solicitadas para o mesmo proxecto en calquera outra Administración, organismo ou ente público ou privado. En caso de ser beneficiario dalgunha axuda ou subvención para a mesma actuación, deberase achegar a documentación necesaria para a súa valoración para os efectos de concorrencia coa axuda concedida.

Artigo 26º.-Tramitación, órgano instrutor e órgano colexiado.

1. Os servizos competentes da Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual tramitarán as solicitudes e instrumentarán os procedementos necesarios para a concesión da subvención.

2. A proposta de concesión formularáselle ao secretario xeral de Comunicación por un órgano colexiado, a través do director xeral de Comunicación Audiovisual, que é o órgano instrutor.

O dito órgano colexiado terá a seguinte composición:

-O subdirector xeral de Telecomunicacións e Audiovisual.

-O director-xerente do Consorcio Audiovisual de Galicia.

-A xefa de servizo de Estudos e Análises de Telecomunicación e Audiovisual.

-Como secretario, un funcionario da Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual.

3. As solicitudes analizaranse e, se cumpren os requisitos desta convocatoria obterán axuda segundo a prelación que determine a súa entrada no rexistro xeral da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Para a concesión ou denegación da axuda atenderase exclusivamente ao cumprimento dos requisitos desta convocatoria e ata o límite orzamentario sinalado para estas liñas.

Artigo 27º.-Resolución.

Dentro das dispoñibilidades orzamentarias, o secretario xeral de Comunicación resolverá ditando un acto individual por cada solicitude que cumpra os requisitos desta convocatoria.

Artigo 28º.-Notificación.

A notificación da concesión ou denegación da subvención efectuarase ao beneficiario, sinalándolle o importe adxudicado.

Artigo 29º.-Aceptación.

Notificada a resolución de subvención, os beneficiarios deberán manifestar expresamente a súa aceptación nun prazo máximo de 10 días naturais, ante a Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual, empregando para este trámite o modelo que figura como anexo V desta convocatoria. Transcorrido o devandito prazo sen facela, entenderase que o beneficiario da axuda renuncia á subvención concedida e procederase, sen máis trámite, ao arquivo do expediente.

Artigo 30º.-Solicitude en pagamento único.

Entenderase solicitado o pagamento da axuda coa aceptación expresa da axuda, formulada ante a Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual.

C) Axudas para apoiar os actos de estrea ou presentación de producións audiovisuais galegas ou en lingua galega dentro da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 31º.-Obxecto.

1. Esta liña de axudas ten por obxecto apoiar as produtoras nos actos de estrea ou presentación de producións audiovisuais galegas ou en lingua galega dentro da Comunidade Autónoma de Galicia durante o ano 2006.

2. Para os efectos desta convocatoria entenderase por estrea ou presentación a promoción ou divulgación na que se faga accesible por primeira vez ao público o seu contido. Así mesmo, considerarase estrea cando a produción teña participado en festivais que exixan que a obra non estea estreada ou cando a divulgación realizada fora nun ámbito doméstico ou restrinxido.

Só se admitirá unha única solicitude de axuda sexa por acto de estrea ou acto de presentación da produción audiovisual.

Artigo 32º.-Aplicación orzamentaria.

A Secretaría Xeral de Comunicación, a través da Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual, dedicará un importe de 100.000 A, que se imputarán na aplicación orzamentaria 04.31.353B.770.1 (96.000 A) e 780.1 (4.000 A) dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006.

Artigo 33º.-Beneficiarios.

Poderán optar a estas axudas as empresas de produción audiovisual independentes que estean legalmente constituídas con sede social e domicilio fiscal en Galicia ou establecidas nun Estado membro da Unión Europea con axencia permanente en Galicia.

As asociacións de profesionais do sector audiovisual galego poderán solicitar estas axudas, cumprindo coas bases desta convocatoria.

Artigo 34º.-Requisitos para solicitar subvención.

Para solicitar subvención deberán cumprirse os seguintes requisitos:

a) A produtora deberá dispoñer dun contrato e/ou acordo de distribución e dun plan de promoción e mercadotecnia viable para o produto audiovisual que se vai presentar.

b) A copia que se vai utilizar na estrea ou presentación deberá estar sonorizada en galego ou dobrada integramente ao galego en caso de que a versión orixinal sexa en castelán, agás nos casos nos que o guión exixa que determinados personaxes utilicen un idioma específico. Nos casos nos que o idioma orixinal sexa distinto do castelán ou galego, poderase utilizar unha copia en versión orixinal subtitulada en galego.

c) O acto de presentación terá lugar entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2006 no territorio da Comunidade Autónoma galega.

d) Para o caso de tratarse de producións cinematográficas, a obra deberá contar con cando menos 2 copias no momento da súa estrea comercial en Galicia. Así mesmo, deberá cumprirse cando menos un dos requisitos seguintes:

1. Tratarse dunha produción ou coprodución galega. No caso das coproducións, a participación económica da produtora galega deberá ser superior ao 30% do orzamento de produción da película e/ou posuír, como mínimo, o 20% dos dereitos de explotación da obra audiovisual que se vai estrear, o que deberá ser acreditado con certificación do ICAA ou EGEDA.

2. Ter recibido unha axuda ao desenvolvemento e/ou á produción audiovisual da Comunidade Autónoma de Galicia, publicada no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 35º.-Gastos subvencionables.

Considéranse gastos subvencionables, para os efectos destas axudas:

a) Publicidade en calquera tipo de medio: inclúe tanto a creatividade do material que se vai utilizar na estrea ou acto de presentación que se vai realizar, como a adaptación do existente, á súa realización e o custe de inserción en calquera tipo de medio. Deberán achegarse orixinais da publicidade realizada no momento da xustificación do gasto.

b) Material de difusión e promoción: inclúe a elaboración de folletos, carteis e demais material informativo impreso ou audiovisual, así como expositores que se realicen con motivo da estrea ou acto de presentación.

c) Prensa: inclúe os gastos de contratación de axencias de relacións públicas ou axentes de prensa para actividades de promoción da película no lugar da estrea ou acto de presentación. Así mesmo, inclúense os gastos derivados da organización de roldas e pases de prensa.

d) Traslados do equipo de produción e/ou artístico: comprende os gastos de desprazamento e aloxamento (pasaxes e hotel) dos actores principais, do director da película e dos produtores, para realización de actividades de promoción con motivo da estrea ou acto de presentación da produción audiovisual. Na documentación xustificativa dos gastos, deberán aparecer claramente indicados os nomes dos artistas e do director.

e) Tiraxe de copias: inclúe os gastos de realización das copias, os gastos do proceso de dobraxe e subtitulado para cine e calquera outro gasto inherente ao proceso de tiraxe e mantemento de copias precisas para o acto de estrea ou de presentación.

f) Outros gastos: inclúe os custos polo aluguer de sala de exhibición e polo alugamento do equipamento necesario para a efectiva exhibición.

Artigo 36º.-Contía da axuda.

A axuda poderá acadar ata o 40% do orzamento de gastos subvencionables previstos para o acto de estrea ou presentación, establecéndose as seguintes contías máximas, segundo o tipo de obra audiovisual que se vai presentar e sempre que exista dotación orzamentaria:

a) Longametraxe de ficción, de animación ou documental cunha duración non inferior a 60 minutos: 15.000 A.

b) Telefilme ou piloto de serie de televisión: 8.000 A.

c) Curtametraxes de ficción, de animación ou documental cunha duración inferior a 60 minutos: 4.000 A.

d) Videoxogos para consolas: 15.000 A.

e) Videoxogos para PC: 8.000 A.

f) Outras obras multimedia: 4.000 A.

Artigo 37º.-Documentación que hai que presentar para solicitar subvención.

a) Solicitude, empregando a sinalada no anexo IV.

b) Documentación respecto do solicitante:

1. Copia cotexada da documentación acreditativa da constitución legal da empresa, que teña sede social e domicilio fiscal en Galicia; no caso das establecidas nun Estado membro da Unión Europea, a axencia permanente en Galicia.

2. Copia cotexada do DNI do representante e acreditación suficiente da representación que exerza mediante poder notarial debidamente inscrito no Rexistro Mercantil.

c) Declaración responsable de que o solicitante non incorre en prohibicións para obter subvencións a que se refire o artigo 13.2º da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

d) Declaración responsable que reflicta:

1. Título da obra que se vai presentar.

2. Tipo de produción.

3. Porcentaxe de coprodución da obra.

4. De ser o caso, a recepción dunha axuda á produción audiovisual da Comunidade Autónoma de Galicia, publicada no Diario Oficial de Galicia.

5. Que esta non se estreou de xeito comercial ou doutro xeito, nin foi obxecto de ningún acto público expreso de divulgación ou comunicación, agás en festivais recoñecidos onde a produción se presentase con carácter de obra inédita.

e) No caso de tratarse de coproducións, achegarase unha declaración xurada do produtor executivo na que sinale que lle consta a conformidade de todos os coprodutores á solicitude desta subvención e as obrigas que eso implica.

f) Para as producións cinematográficas exixirase a declaración do representante da empresa de que a longametraxe que se vai estrear conta con máis de 2 copias no momento da súa estrea comercial en Galicia.

g) Unha copia da obra audiovisual que se vai presentar en soporte DVD.

h) Plan de distribución, promoción e mercadotecnia, incluíndo o orzamento detallado do plan de mercadotecnia. Sinalarase expresamente a data elixida para a estrea ou presentación así como calendario das actuacións que comprende o plan.

i) Orzamento desagregado e detallado de ingresos e gastos necesarios para a celebración do acto de estrea ou presentación; sinalarase expresamente a orixe dos ingresos previstos así como a solicitude doutras axudas públicas estatais e internacionais; expresarase os gastos aos que se vai aplicar a subvención solicitada.

Artigo 38º.-Tramitación, órgano instrutor e órgano colexiado.

1. Os servizos competentes da Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual tramitarán as solicitudes e instrumentarán os procedementos necesarios para a concesión da subvención.

2. A proposta de concesión formularáselle ao secretario xeral de Comunicación por un órgano colexiado, a través da Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual, que é o órgano instrutor. O referido órgano terá a seguinte composición:

a) O subdirector xeral de Telecomunicacións e Audiovisual.

b) O director xerente do Consorcio Audiovisual de Galicia.

c) A xefa de servizo de Estudos e Análises de Telecomunicación e Audiovisual.

d) Como secretario, un funcionario da dita dirección xeral.

3. As solicitudes analizaranse e, se cumpren os requisitos desta convocatoria, obterán axuda segundo a prelación que determine a súa entrada no Rexistro da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

4. Para a concesión ou denegación da axuda atenderase exclusivamente ao cumprimento dos requisitos desta convocatoria e ata o límite orzamentario sinalado para esta liña de axudas.

Artigo 39º.-Resolución.

Dentro das dispoñibilidades orzamentarias, o secretario xeral de Comunicación resolverá ditando un acto individual por cada solicitude que cumpra os requisitos desta convocatoria.

Artigo 40º.-Notificación e aceptación das axudas.

1. A notificación da concesión ou denegación da subvención efectuarase ao beneficiario, sinalando o importe adxudicado, para o acto de estrea ou presentación. A axuda outorgarase respectando as seguintes porcentaxes:

1) Publicidade en calquera medio: ata un máximo do 40% da axuda.

2) Material de difusión e promoción: ata un máximo do 40% da axuda.

3) Prensa: ata un máximo do 40% da axuda.

4) Copias: ata un máximo do 20% da axuda.

5) Traslados: ata un máximo do 30% da axuda.

6) Outros gastos: ata un máximo do 30% da axuda.

2. Notificada a resolución de subvención, os beneficiarios deberán manifestar expresamente a súa aceptación nun prazo máximo de 10 días naturais, ante a Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual, empregando para este trámite o modelo que figura como anexo V desta convocatoria. Transcorrido o devandito prazo sen facela, entenderase que o beneficiario da axuda renuncia á subvención concedida e procederase, sen máis trámite, ao arquivo do expediente.

3. No caso de que se producisen modificacións nas datas de estrea ou acto de presentación ou nos orzamentos inicialmente presentados na solicitude, o beneficiario deberá comunicalo ante a Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual antes da estrea ou acto de presentación da produción audiovisual.

Artigo 41º.-Xustificación do obxecto da subvención e solicitude en pagamento único.

1. Para o libramento da subvención, en pagamento único, ante a Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual, a produtora solicitará o pagamento nun prazo máximo de tres meses desde a realización da estrea ou acto de presentación, e en calquera caso antes do 30 de decembro de 2006. Tamén xuntará a documentación que se sinala neste artigo.

2. Documentación para xustificar o obxecto da subvención, que se presentará por duplicado (caderno de copias compulsadas e caderno de simples copias):

a) Baixo responsabilidade do declarante, unha conta xustificativa dos gastos realizados para cumprir o obxecto da subvención, mediante relación numerada e ordenada das facturas emitidas a nome do beneficiario que xustifiquen os gastos subvencio

nables, respectando as porcentaxes dos conceptos recollidos no artigo 40º destas bases. Desagregarase o imposto sobre o valor engadido que non se considerará subvencionable.

b) Facturas relativas aos gastos subvencionables nos termos expresados no orzamento presentado coa solicitude. Presentarase coa mesma orde e mesmo número ordinal que o asignado na relación numerada da alínea a).

c) Declaración complementaria do conxunto de axudas obtidas e/ou solicitadas para o mesmo proxecto en calquera outra Administración, organismo ou ente público ou privado. En caso de ser beneficiario dalgunha axuda ou subvención para a mesma actuación, deberase achegar a documentación necesaria para a súa valoración para os efectos de concorrencia coa axuda concedida.

d) Memoria final, asinada por representante legal do promotor do festival, xustificativa da aplicación da subvención na que se concreten e expliquen as actividades desenvolvidas en relación coa finalidade da subvención e as súas condicións.

e) Balance de ingresos e gastos totais, respecto da estrea ou acto de presentación celebrado; sinalarase a orixe dos ingresos (axudas, fondos propios, patrocinios...).

Artigo 42º.-Obrigas dos beneficiarios.

As legalmente previstas, e expresamente establécense as seguintes:

a) Autorizar a Secretaría Xeral de Comunicación e a Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual para a utilización do título audiovisual nas súas actuacións de promoción e difusión do patrimonio audiovisual galego.

b) Facer constar na cartelaría e material de promoción que se elabore para o acto de estrea ou presentación a imaxe corporativa da Xunta de Galicia-Presidencia-Secretaría Xeral de Comunicación-Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual.

c) Nos actos públicos previstos pola estrea ou presentación, a Secretaría Xeral de Comunicación e a Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual terán unha axeitada representación institucional.

d) Proporcionar en todo momento a información que lle sexa requirida en relación á subvención concedida e someterse ás actuacións de comprobación da Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual, da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, do Tribunal de Contas, do Consello de Contas e doutros órganos competentes.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2006.

Juan Fernando Salgado García

Secretario xeral de Comunicación

ANEXO VI

Mercados, foros de coprodución e misións

comerciais e tipo de axuda

EventoLocalizaciónTipo

de axuda

NAPTEAs Vegas-EE.UU.B

Short Film Market (Clermont-Ferrand)FranciaC

European Film MarketBerlínA

MIP TV-Milia TVCannes-FranciaA

MercadocMálaga-EspañaC

Marche du FilmCannes-FranciaA

Marché International du Film d'AnimationAnnecy-FranciaB

Cinema JoveValencia-EspañaC

Sunny Side of the DocsLa Rochelle-FranciaB

MIP COMCannes-FranciaA

MIFEDMilán-ItaliaB

American Film MarketSanta Mónica-EE.UU.A

Spain Tv ExpoMiami-FloridaC

Mercado Madrid de Cine-Screenings de cine españolMadridC

E3 Electronic Entertainment ExpoEE.UU.A

Game ConectionLyon-FranciaB

Game Developer ConferenceEE.UU.A

Game Developer ConferenceLondres-InglaterraB

3GSMBarcelonaC

Mercado do film do MercosurMar del Plata-ArxentinaA

Mercados asiáticosSingapur e Hong KongB

Mercado Audiovisual EnifilmArxentinaA

BélxicaB

Foro Iberoamericano de HuelvaHuelva-EspañaC

CinemartRóterdam-HolandaB

Foro de Coprodución de DocumentalAmsterdam-HolandaB

Cartoon ForumC

Cartoon MovieC

Misión Comercial a Canadá organizada polo Consorcio Audiovisual de GaliciaCanadáB

Misión Comercial a Brasil organizada polo Consorcio Audiovisual de GaliciaBrasilB

Misión Comercial a Xordania organizada polo Consorcio Audiovisual de GaliciaXordaniaB

Misión Comercial a Arxentina organizada polo Consorcio audiovisual de GaliciaArxentinaB

ANEXO VII

Festivais seleccionados

* Festivais tipo X.

Festival Internacional de Cine de Berlín.

Berlín (Alemaña).

Festival Internacional de Cine de El Cairo.

El Cairo (Exipto).

Festival Internacional de Cine de Cannes.

Cannes (Francia).

Festival Internacional de Cine de Karlovy Vary.

Karlovy Vary (Chequia).

Festival Internacional de Cine de Locarno.

Locarno (Suíza).

Festival Internacional de Cine de Moscú.

Moscú (Rusia).

Festival Internacional de Cine de Mar del Plata.

Mar del Plata (Arxentina).

Festival Internacional de Cine de Shangai.

Shangai (China).

Festival Internacional de Cine de San Sebastián.

San Sebastián (España).

Festival Internacional de Cine de Tokyo.

Tokyo (Xapón).

Mostra Internacional de Cine de Venecia.

Venecia (Italia).

*Festivais tipo Y.

Festival de Cine de Sydney.

Sydney (Australia).

Festival Internacional de Cine de Melbourne.

Melbourne (Australia).

Festival Internacional de Cine de Noruega.

Haugesund (Noruega).

Festival Internacional de Cine de Toronto.

Toronto (Canadá).

Festival de Cine de Londres.

Londres (Gran Bretaña).

Festival Internacional de cine de Viena. Viennale.

Viena (Austria).

Festival de Cine de Kolkata.

Kolkata (India).

Festival Internacional de Curtametraxes Tampere.

Tampere (Finlandia).

Festival Internacional de Curtametraxes Oberhausen.

Oberhausen (Alemaña).

Festival de Cine de Cracovia.

Cracovia (Polonia).

Festival Internacional de Cine Documental, Curtametraxes e Animación de San Petersburgo.

San Petersburgo (Rusia).

Festival de Cine de Sundance.

Sundance (EE.UU.).

BAFICI. Buenos Aires Festival Internacional de Cine Independente.

Buenos Aires (Arxentina).

Festival Internacional de Cine de Róterdam.

Róterdam (Holanda).

Festival Internacional de Cine Documental de Amsterdam.

Amsterdam (Holanda).

Fidmarseille. Festival Internacional de Cine Documental de Marsella.

Marsella (Francia).

Festival de Cine Latino de Miami.

Miami (EE.UU.).

Festival Internacional de Cine de Sochi.

Sochi (Rusia).

Festival Internacional de Curtametraxes Clermont-Ferrand.

Clermont-Ferrand (Francia).

Festival Internacional del Nuevo Cine Latinoamericano.

A Habana (Cuba).

Festival Internacional de Cine en Guadalajara.

Guadalajara (México).

Festival Internacional de Cine Fantástico de Bruxelas.

Bruxelas (Bélxica).

Festival Internacional de Cine de Istambul.

Istambul (Turquía).

FANTASPORTO. Festival Internacional de Cinema do Porto.

Porto (Portugal).

Festroia. Festival Internacional de Cinema de Setúbal.

Setúbal (Portugal).

Festival Internacional de Cine Kiev.

Kiev (Ucrania).

Festival de Cine de Sarajevo.

Sarajevo (Bosnia-Herzegovina).

Festival Internacional de Cine para Niños.

Frankfurt (Alemaña).

Festival de Cine de Gante.

Gante (Bélxica).

Festival de Cine de Bogotá.

Bogotá (Colombia).

Festival Internacional de Cine de Pusan.

Pusan (Corea).

Festival Internacional de Cine de Varsovia.

Varsovia (Polonia).

Mostra Internacional de Cinema Sao Paulo.

Sao Paulo (Brasil).

Festival Internacional de Cine de Ljubljana.

Ljubljana (Eslovenia).

Festival de Cine de Turín.

Turín (Italia).

Festival Internacional de Cine de Estocolmo.

Estocolmo (Suecia).

Festival Internacional de Cine de Tesalónica.

Tesalónica (Grecia).

Festival Internacional de Cine de India.

Goa (India).

Courmayeur Noir in Festival.

Courmayeur (Italia).

Festival Internacional de Kerala.

Kerala (India).

Festival de Cine y Televisión Céltico.

Cardiff (Gran Bretaña).

Festival Internacional de Cine de Vancouver.

Vancouver (Canadá).

Festival de Cine Golfish de Moscú.

Moscú (Rusia).

* Festivais tipo Z.

Semana Internacional de Cine Valladolid. Seminci.

Valladolid (España).

Festival de Cine Iberoamericano de Huelva.

Huelva (España).

Festival de Málaga. Cine Español.

Málaga (España).

Festival Internacional de Cine. Cinema Jove.

Valencia (España).

Mostra de Valencia. Cinema del Mediterrani.

Valencia (España).

Festival Internacional de Cine de Gijón.

Xixón (España).

Festival Internacional de Cinema de Catalunya.

Sitges (España).

Festival Internacional de Cine Documental y Cortometraje. Zinebi.

Bilbao (España).

Festival de Cine de Alcalá de Henares. Alcine.

Alcalá de Henares (España).

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E TRANSPORTES