DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Mércores, 31 de maio de 2006 Páx. 8.710

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE VIVENDA E SOLO

ORDE do 9 de maio de 2006 pola que se aproban os modelos de carteis indicativos da promoción de vivendas de protección autonómica e actuacións de rehabilitación.

As actuacións protexidas en materia de vivenda, na súa dobre faceta de promoción pública e privada de vivendas de protección autonómica de nova construción ou de rehabilitación, en áreas en proceso de degradación, en centros históricos ou en vivendas no medio rural, aconsellan que durante o período de execución das obras, se coloque nun lugar visible un cartel ou varios, segundo modelo oficial, indicativo de que estan acollidas a axudas públicas de acordo coas normas ditadas pola Administración autonómica e estatal.

Por todo isto, coa finalidade de pór de manifesto non só que tales actuacións están protexidas senón que, no caso de vivendas de nova construción, calquera interesado poida identificar de inmediato se son de promoción pública ou privada, esta consellería

DISPÓN:

Artigo único.-Apróbanse os modelos de carteis que serán instalados, e mantidos en bo estado de conservación, polos promotores, nun lugar visible desde a vía pública, durante a execución das obras de construción de edificios que se promovan ao abeiro do réxime legal de vivendas de protección autonómica de promoción pública ou privada, así como nas actuacións protexidas de rehabilitación en áreas de rehabilitación integral, centros históricos ou vivendas no medio rural.

Os modelos de carteis serán os que figuran como anexo a esta disposición.

O modelo número 1 será de aplicación ás vivendas de protección autonómica de promoción pública de nova construción, o número 2 ás vivendas de promoción privada, o número 3 ás obras de rehabilitación que se acometan en áreas de rehabilitación integral ou centros históricos e o número 4 correspondará á rehabilitación de vivendas no medio rural.

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2006.

María Teresa Táboas Veleiro

Conselleira de Vivenda e Solo

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

E XUSTIZA