DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Mércores, 31 de maio de 2006 Páx. 8.709

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 12 de maio de 2006 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento do asociacionismo na utilización de maquinaria agrícola en Galicia e se convocan para o ano 2006.

Apreciado erro na Orde do 12 de maio de 2006, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento do asociacionismo na utilización de maquinaria agrícola en Galicia e se convocan para o ano 2006, procede facer a seguinte corrección:

Na páxina 8.037, no artigo 7º, punto 1.3, onde di: «...agás as recollidas no punto 6 do artigo 4º desta orde, sempre e cando...», debe dicir: «...agás as recollidas no punto 6 do artigo 4º, que poderán acadar o 50% sempre e cando...».