DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Luns, 29 de maio de 2006 Páx. 8.439

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES

ORDE do 19 de maio de 2006 pola que se dispón o nomeamento de vogal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de San Cibrao, Ferrol e a súa ría.

O artigo 40 da Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante, dispón que a designación dos vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias dos portos de interese xeral será acordada polo órgano competente da comunidade autónoma por proposta das administracións públicas, entidades e organismos a que representen aqueles.

Polo exposto, e vista a proposta do ente público Portos do Estado, e en exercicio da facultade que

me foi atribuída polo Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 10 de xaneiro de 2002,

DISPOÑO:

O nomeamento de Gonzalo Sirvent Zaragoza como vogal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de San Cibrao, Ferrol e a súa ría, en representación da Administración xeral do Estado.

Santiago de Compostela, 19 de maio de 2006.

María José Caride Estévez

Conselleira de Política Territorial, Obras Públicas

e Transportes

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

E XUSTIZA