DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Luns, 29 de maio de 2006 Páx. 8.438

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

DECRETO 82/2006, do 26 de maio, polo que se dispón que cese Santiago Antonio Roura Gómez como director xeral de Xustiza.

En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, por proposta do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e seis de maio de dous mil seis,

DISPOÑO:

Que cese, por pase a outro destino, Santiago Antonio Roura Gómez, como director xeral de Xustiza, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, vinte e seis de maio de dous mil seis.

Emilio Pérez Touriño

Presidente

José Luis Méndez Romeu

Conselleiro de Presidencia, Administracións

Públicas e Xustiza

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E TRANSPORTES