DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Venres, 26 de maio de 2006 Páx. 8.401

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 24 de abril de 2006 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de axudas de apoio á dinamización sectorial e seguridade no ámbito da minaría na Comunidade Autónoma de Galicia, en réxime de concorrencia competitiva, e se procede á súa convocatoria para o ano 2006.

Advertidos erros na devandita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 88, do martes 9 de maio de 2006, cómpre facer as seguintes correccións:

No artigo 9º do anexo I:

Na numeración despois do punto 3.4.7, onde di: «3.2 e os seus correlativos», debe dicir: «3.5 e os seus correlativos».

No artigo 12º do anexo I:

No segundo parágrafo onde di «...estará presidida pola directora xeral...», debe dicir «...estará presidida polo director xeral...».

No artigo 19º do anexo I:

Na letra k onde di: «beneficiario de calquera subvención plurianual,...», debe dicir: «O beneficiario de calquera subvención plurianual,...».