DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Xoves, 25 de maio de 2006 Páx. 8.345

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CENTRO DE ESTUDOS XUDICIAIS E SEGURIDADE PÚBLICA DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2006 pola que se convoca un curso de especialización en autocad para elaboración de atestados e dispositivos de tráfico.

Dentro das actividades programadas para o ano 2006, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 1/2005, do 4 de xaneiro, do Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia, anúnciase a celebración dun curso de especialización en autocad para elaboración de atestados e dispositivos de tráfico, que deberá desenvolverse conforme as seguintes bases:

Obxectivos.

1. Perfeccionarse nos coñecementos de expresión gráfica.

2. Especializarse no manexo de paquetes de deseño para a confección de atestados ou informes.

3. Adoptar técnicas automatizadas para a representación gráfica nos informes.

Destinatarios.

O curso vai dirixido aos membros dos corpos de policía local de Galicia e aos membros da Unidade do CNP adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia.

Inscrición.

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

Prazas.

30 prazas.

Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar neste curso deberá presentar, cuberta á máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 6 de xuño de 2006, ás 14.00 horas.

3. As instancias deberán enviarse ao Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia, sito na avenida da Cultura, s/n, 36680 A Estrada; ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Datas.

O curso terá unha duración total de 60 horas, dividido en dúas partes:

1ª parte: que será presencial, cunha duración de 40 horas lectivas, e que se desenvolverá durante os días 12, 13, 14, 19 e 20 de xuño en horario de 9.30 a 14.00 e de 15.30 a 19.00 horas.

2ª parte: a distancia, consistente en 20 horas, as cales serán tutorizadas polo profesor ao longo do curso e consistirán na realización dun traballo de acordo co exposto neste.

Relación de admitidos.

A relación de admitidos farase pública o día 8 de xuño a partir das 14.00 horas, no taboleiro de anuncios do Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública

de Galicia e na páxina web http://cexesga.xunta.es, ou ben poden coñecer e confirmar a súa asistencia chamando ao teléfono 986 59 02 41.

Lugar.

O curso desenvolverase no Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia, sito na avenida da Cultura, s/n, no Concello da Estrada.

Certificado de aproveitamento.

Ao remate do curso entregaráselles un certificado de aproveitamento a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada e superen as correspondentes probas.

Modificacións.

O Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia poderá modificar o desenvolvemento do curso para adaptalo ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 15 de maio de 2006.

Carlos Suárez-Mira Rodríguez

Director xeral do Centro de Estudos Xudiciais

e Seguridade Pública de Galicia

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

E XUSTIZA