DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 22 de maio de 2006 Páx. 8.048

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 31 de marzo de 2006 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para o Programa de acción exterior.

Advertidos erros na referida resolución, publicada no DOG nº 69, do 7 de abril de 2006, procede facer as seguintes correccións:

-Na páxina 5.594, na base 2ª, onde di:

«Todas as actividades económicas, sempre e cando conste que o proxecto subvencionable se dirixa a fomentar a comercialización de produtos de orixe galega. As axudas ás actividades reguladas por normas sectoriais específicas da Unión Europea sométense expresamente aos límites e condicións establecidos nelas».

Debe dicir:

«Todas as actividades económicas, sempre e cando conste que o proxecto subvencionable se dirixa a fomentar a comercialización de produtos e/ou servizos de orixe galega. As axudas ás actividades reguladas por normas sectoriais específicas da Unión Europea sométense expresamente aos límites e condicións establecidos nelas».

-Na páxina 5.594, na base 4.4., onde di:

«4.4. Liña cooperación internacional. Apoio financeiro a proxectos de cooperación no ámbito internacional entre dúas ou máis empresas xuridicamente independentes que finalicen na sinatura de acordos coa finalidade de aproveitar sinerxías, reciprocidades ou complementariedades».

Debe dicir:

«4.4. Liña cooperación internacional. Apoio financeiro a proxectos de cooperación no ámbito internacional entre dúas ou máis empresas xuridicamente independentes destinados á sinatura de acordos coa finalidade de aproveitar sinerxías, reciprocidades ou complementariedades».

-Na páxina 5.596, na base 8.3., onde di:

«f) Se o evento se celebra no estranxeiro, serán subvencionables os gastos de viaxe e aloxamento dunha persoa por empresa».

Debe dicir:

«f) Se o evento se celebra no estranxeiro, serán subvencionables os gastos de viaxe e aloxamento dunha persoa por beneficiario».

-Na páxina 5.596, na base 8.4., onde di:

«d) Para gastos de viaxe, o 50% da base subvencionable aprobada cun límite máximo de 1.500 A de subvención».

Debe dicir:

«d) Para gastos de viaxe e aloxamento, o 50% da base subvencionable aprobada cun límite máximo de 1.500 A de subvención».

-Na páxina 5.597, na base 9.3., onde di:

«a) Para gastos de consultoría externa: o 50% do gasto subvencionable cun límite máximo de 6.000 A de subvención.

b) Para gastos de viaxes internacionais, o 50% da base subvencionable aprobada cun límite máximo de 1.500 A de subvención por cada viaxe».

Debe dicir:

«a) Para os gastos citados no punto 9.2.1.: o 50% do gasto subvencionable cun límite máximo de 6.000 A de subvención.

b) Para gastos de viaxes e aloxamentos internacionais, o 50% da base subvencionable aprobada cun límite máximo de 1.500 A de subvención por cada viaxe».