DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 22 de maio de 2006 Páx. 8.033

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 2006 pola que se crean ficheiros de carácter persoal da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG).

O artigo 20 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal (BOE nº 298, do 14 de decembro), especifica que a creación, modificación ou supresión dos ficheiros das administracións públicas só poderá facerse por medio de disposición xeral publicada no Boletín Oficial del Estado ou diario oficial correspondente.

Na súa virtude, o Consello de Dirección da ACSUG

RESOLVE:

Artigo 1º.-Obxecto.

Esta resolución ten por obxecto a creación dos ficheiros automatizados de datos de carácter persoal denominados Complementos Retributivos, Avaliación Profesorado e Avaliadores Externos, incluídos

no anexo I, e albergados nos servidores da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia.

Artigo 2º.-Contido.

A información que, de acordo co artigo 20.2º da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, se exixe para as disposicións de creación de ficheiros, está contida no anexo I desta resolución.

Artigo 3º.-Finalidade e uso dos ficheiros.

Os datos de carácter persoal, rexistrados nos ficheiros automatizados da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, creados por esta resolución só serán utilizados para os fins expresamente previstos no anexo I e polo persoal debidamente autorizado.

Artigo 4º.-Cesión de datos.

No suposto de cesión de datos ás administracións públicas haberá que se ater ao disposto na normativa vixente respecto desta materia.

Artigo 5º.-Órgano responsable dos ficheiros.

Será responsable dos ficheiros o órgano que figura no anexo I. Así mesmo, no anexo I enumerarase a unidade ante a que se exercerán os dereitos de acceso, rectificación e cancelación.

Artigo 6º.-Medidas de seguridade.

As medidas de seguridade dos ficheiros están especificadas no correspondente documento de seguridade en función do nivel en que estes se clasifiquen.

Disposición adicional

No caso de cesións dos datos aos servizos de estatística das administracións públicas haberá que aterse, ademais, ao disposto na normativa vixente sobre materia estatística.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2006.

Manuel Cecilio Díaz y Díaz

Presidente do Consello de Dirección da Axencia

para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia

ANEXO I

1. Complementos Retributivos.

Nome ficheiro: Complementos Retributivos.

1. Órgano responsable do ficheiro: Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia.

2. Servizo ou unidade onde poden exercerse os dereitos de oposición, acceso, rectificación e cancelación: Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia.

3. Nome e descrición do ficheiro: Complementos Retributivos. Contén os datos persoais necesarios para a formalización de complementos retributivos dos profesores universitarios.

4. Medidas de seguridade: nivel básico.

5. Tipos de datos de carácter persoal que se incluirán:

a) Datos de carácter identificativo.

b) Datos de características persoais.

c) Datos académicos e profesionais.

d) Datos de detalle de emprego.

e) Creacións artísticas, literarias, científicas e técnicas.

6. Finalidade do ficheiro e usos previstos: avaliación dos profesores para a asignación de complementos retributivos.

7. Persoas e colectivos sobre os cales se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos: profesores universitarios.

8. Procedencia e procedemento de recollida de datos: datos facilitados polo interesado e polas administracións públicas por medio de formularios e transmisión electrónica tanto en soporte papel, soporte magnético ou vía telemática.

2. Avaliación Profesorado.

Nome ficheiro: Avaliación Profesorado.

1. Órgano responsable do ficheiro: Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia.

2. Servizo ou unidade onde poden exercerse os dereitos de oposición, acceso, rectificación e cancelación: Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia.

3. Nome e descrición do ficheiro: Avaliación Profesorado. Contén os datos persoais necesarios para a avaliación dos profesores candidatos.

4. Medidas de seguridade: nivel básico.

5. Tipos de datos de carácter persoal que se incluirán:

a) Datos de carácter identificativo.

b) Datos de características persoais.

c) Datos académicos e profesionais.

d) Datos de detalle de emprego.

e) Creacións artísticas, literarias, científicas e técnicas.

6. Finalidade do ficheiro e usos previstos: acreditación de profesores por parte da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia.

7. Persoas e colectivos sobre os cales se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos: persoas solicitantes da acreditación por parte da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia.

8. Procedencia e procedemento de recollida de datos: datos facilitados polo interesado por medio de formularios e transmisión electrónica tanto en soporte papel, soporte magnético ou vía telemática.

3. Avaliadores Externos.

Nome ficheiro: Avaliadores Externos.

1. Órgano responsable do ficheiro: Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia.

2. Servizo ou unidade onde poden exercerse os dereitos de oposición, acceso, rectificación e cancelación: Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia.

3. Nome e descrición do ficheiro: Avaliadores Externos. Contén os datos persoais necesarios dos avaliadores externos.

4. Medidas de seguridade: nivel básico.

5. Tipos de datos de carácter persoal que se incluirán:

a) Datos de carácter identificativo.

b) Datos de características persoais.

c) Datos académicos e profesionais.

d) Datos de detalle de emprego.

e) Datos económico-financeiros.

f) Datos de transaccións.

6. Finalidade do ficheiro e usos previstos: selección de avaliadores externos por parte da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia.

7. Persoas e colectivos sobre os cales se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos: Avaliadores Externos.

8. Procedencia e procedemento de recollida de datos: datos facilitados polo interesado, fontes accesibles ao público, rexistros públicos, entidade privada, administracións públicas por medio de formularios e transmisión electrónica tanto en soporte papel, soporte magnético ou vía telemática.