DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Venres, 19 de maio de 2006 Páx. 7.989

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CENTRO DE ESTUDOS XUDICIAIS E SEGURIDADE PÚBLICA DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2006 pola que se convoca un curso sobre operativa policial nos casos de xuízos rápidos.

Dentro das actividades programadas para o ano 2006, en colaboración coa Deputación Provincial da Coruña, en virtude do convenio de formación asinado entre a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Deputación Provincial da Coruña, anúnciase a celebración dun curso sobre operativa policial nos casos de xuízos rápidos, que deberá desenvolverse conforme as seguintes bases:

Obxectivos:

-Preparación e actualización en relación coa reforma parcial da LAC provocada pola Lei 38/2002 e tamén pola Lei orgánica 8/2002, ambas as dúas do 24 de outubro e a Lei orgánica 1/2004 sobre medidas de protección integral contra a violencia sexista, e coñecemento de todas as novidades producidas neste eido ata o día de hoxe.

Publicación: esta actividade formativa, e tamén todas aquelas que se desenvolvan en colaboración coa Deputación Provincial da Coruña, será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña.

Destinatarios: o curso vai dirixido aos membros dos corpos de Policía local da provincia da Coruña.

Inscrición: a inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

Prazas: 30 prazas.

Solicitudes:

1. O persoal que desexe participar neste curso deberá presentar, cuberta á máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 8 de xuño de 2006, ás 14.00 horas.

3. Neste caso, as instancias deberán enviarse ao Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia, avda. da cultura s/n, 36680 A Estrada; ou ben poden entregarse en calquera dos lugares

previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Datas: o curso realizarase durante os días 14, 15 e 16 de xuño.

O horario será de 9.30 a 14.00 e de 15.30 a 19.00 horas os días 14 e 15; e o día 16 en horario de 9.30 a 13.30 horas, cunha duración de 20 horas lectivas.

Contido:

I. Os procedementos de axuizamento criminal.

II. A instrución criminal.

III. Funcións procesuais da policía xudicial.

IV. O procedemento para o axuizamento rápido e inmediato dalgúns delitos e faltas.

V. Casos prácticos e elaboración de procedementos normalizados para uso dos corpos de seguridade.

Relación de admitidos: a relación de admitidos farase pública o día 12 de xuño a partir das 14.00 horas, no taboleiro de anuncios do Centro de Estudos

Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia e na páxina web http://cexesga.xunta.es, ou ben poden coñecer e confirmar a súa asistencia chamando ao teléfono 986 59 02 41.

Lugar: o curso desenvolverase no Concello de Boiro, quedando por concretar o seu lugar de celebración, que comunicará xunto coa lista de admitidos.

Certificado de asistencia: ao remate do curso entregaráselle un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada a el.

Modificacións: tanto o Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia como a Deputación Provincial da Coruña, se é o caso, poderán modificar o desenvolvemento normal do curso para adaptalo ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 10 de maio de 2006.

Carlos Suárez-Mira Rodríguez

Director xeral do Centro de Estudos Xudiciais

e Seguridade Pública de Galicia