DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Venres, 19 de maio de 2006 Páx. 7.989

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE TRABALLO

RESOLUCIÓN do 24 de abril de 2006, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se rectifica a publicación da inscrición do acordo de modificación de estatutos sociais da entidade Cooperativas Ourensanas, S. Coop. Galega.

En cumprimento do disposto no artigo 74 da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia e no artigo 53 do Regulamento do rexistro de cooperativas, faise público que esta dirección xeral resolveu rectificar a inscrición da modificación de estatutos sociais publicada no DOG nº 53, do 16 de marzo de 2006, e publicar os datos da modificación estatutaria unha vez corrixidos os erros materiais producidos: en consecuencia, faise público que a modificación de estatutos sociais foi acordada polo Consello Reitor de Cooperativas Ourensanas, S. Coop. Galega na súa reunión do 14 de setembro de 2005, e afecta ao seu domicilio social que se

fixa en Centro de Procesado Avícola (CPA), Santa Cruz de Arrabaldo, concello de Ourense, provincia de Ourense.

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2006.

Pilar Cancela Rodríguez

Directora xeral de Relacións Laborais