DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Venres, 19 de maio de 2006 Páx. 7.988

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE TRABALLO

RESOLUCIÓN do 18 de abril de 2006, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo de modificación do convenio colectivo para o persoal laboral do sector público sanitario de Galicia xestionado por fundacións públicas sanitarias ou empresas públicas.

Visto o texto do acordo de modificación parcial do convenio colectivo para o sector de actividade de asistencia sanitaria, tanto hospitalaria como extrahospitalaria, prestada nas institucións sanitarias de titularidade pública baixo a modalidade xurídica de fundacións ou sociedades públicas autonómicas, sometidas ao protectorado da Consellería de Sanidade, que se subscribiu dunha parte, entre os representantes do protectorado exercido pola Consellería de Sanidade e polos representantes das fundacións e empresas incluídas no seu ámbito de aplicación, e doutra polas organizacións sindicais CIG, CC.OO., UGT e USO, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, a Dirección Xeral de Relacións Laborais

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar a inscrición do devandito acordo no rexistro xeral de convenios desta dirección xeral.

Segundo.-Remitir o texto orixinal ao correspondente servizo deste centro directivo.

Terceiro.-Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de abril de 2006.

Pilar Cancela Rodríguez

Directora xeral de Relacións Laborais

ANEXO

Acta:

Acordo de modificación parcial do convenio colectivo para o persoal laboral do sector sanitario de Galicia xestionado por fundacións públicas sanitarias ou empresas públicas, publicado por Resolución do 8 de abril de 2005, da Dirección Xeral de Relacións Laborais (DOG nº 89, do 10 de maio).

En Santiago de Compostela, o día 10 de novembro de 2005, na División de Recursos Humanos do Sergas, reúnense as organizacións sindicais que forman parte da comisión paritaria e da comisión negociadora de modificación do convenio colectivo para o persoal laboral do sector sanitario de Galicia, xes

tionado por fundacións públicas sanitarias ou empresas públicas (DOG nº 89, do 10 de maio), cos seguintes asistentes:

-Pola Consellería de Sanidade: os representantes da División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional.

-Polos padroados (consello de administración no caso de MEDTEC): os representantes das fundacións públicas sanitarias e empresas públicas incluídas no ámbito de aplicación do convenio colectivo citado.

-Polas organizacións sindicais: os representantes na comisión paritaria e na comisión negociadora de modificación do convenio colectivo citado.

As partes acordan modificar o convenio vixente, con efectos do 1 de xaneiro de 2006, nos seguintes particulares:

Primeiro.-A táboa incorporada como anexo IV modifícase, para os grupos 1 a 5 do convenio, coa inclusión das seguintes contías:

Grupo convenioConceptoAno 2006

Xaneiro-abrilMaio-decembro

1, 2, 3Garda física facultativo14,9216,92

1, 2, 3Garda localizada facultativo 7,46 8,46

4, 4 bis e 5Garda física ATS/matrona, fisioterapeuta 7,97 9,97

4, 4 bis e 5Garda localizada ATS/matrona, fisioterapeuta 3,98 4,98

As ditas contías incrementaranse no ano 2007 de conformidade co disposto na Lei de orzamentos para o persoal ao servizo da comunidade autónoma. Con efectos de 1 de maio de 2007, a retribución da garda incrementarase na contía de 2 A/hora, no caso da garda de presenza física, e de 1 A/hora no caso da garda localizada.

Segundo.-Déixase sen efecto a táboa de xornada, para o ano 2006, anexa ao convenio. Nese ano aplicarase xa a táboa, tamén anexa ao convenio, correspondente ao ano 2007.

Terceiro.-Modifícase o punto 1.3 do artigo 29 do convenio, engadindo un último parágrafo co seguinte contido:

«-Complemento adicional pola prestación de gardas nos días de especial significación: retribúe a prestación efectiva de gardas nos días seguintes: 24, 25 e 31 de decembro e 1 e 6 de xaneiro. O complemento consistirá nunha retribución de igual contía que a prevista para cada prestación de garda de presenza física, localizada ou mixta».

Esténdese esta acta, unha vez obtidos os datos de lexitimación e os informes preceptivos, reprodúcese neste acta o acordado na data indicada no encabezamento, sendo asinada polos representantes designados por cada parte, en Santiago de Compostela o 6 de febreiro de 2006.

-Pola Consellería de Sanidade:

J. Antonio Fernandez Paniagua, director xeral da División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional.

-Polas fundacións públicas sanitarias e empresas públicas:

Mónica Penas Penas.

F.P. Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Antonio V. Martínez Calvo.

F.P. Virxe da Xunqueira.

Julio Villar Barreiro.

Instituto Galego de Medicina Técnica.

Salustiano González Vinagre.

F.P. Hospital da Barbanza.

José Manuel Peña Penabad.

F.P. Escola Galega de Administración Sanitaria.

Elío Díez-Feijoo Arias.

Fundación Instituto Galego de Oftalmoloxía.

Pedro Soler Bordoy.

F.P. Hospital do Salnés.

Javier Puente Prieto.

F.P. Hospital de Verín.

-Polas organizacións sindicais:

CIG

Mª Xosé Abuín Álvarez.

CC.OO.

José Luis Marcos Luaña.

UGT

Javier Martínez Fente.

USO

Ramón Barreiro Paz.

Manuel José Vázquez Lima.