DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 15 de maio de 2006 Páx. 7.715

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES

ORDE do 9 de maio de 2006 pola que se dispón o cesamento de vogal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria da Coruña.

O artigo 40 da Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante, dispón que a separación dos vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias dos portos de interese xeral será acordada polo órgano competente da comunidade autónoma por proposta das organizacións, organismos e entidades representados por aqueles.

Polo exposto, e vista a proposta do Concello da Coruña, e en exercicio da facultade que me foi atribuída polo Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 10 de xaneiro de 2002,

DISPOÑO:

O cesamento de Francisco Javier Losada de Aspiazu como vogal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria da Coruña, en representación do Concello da Coruña, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2006.

María José Caride Estévez

Conselleira de Política Territorial, Obras Públicas

e Transportes

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E TRANSPORTES