DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Xoves, 11 de maio de 2006 Páx. 7.607

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 18 de abril de 2006 pola que se convocan axudas económicas dirixidas ás asociacións e fundacións con fins pedagóxicos e sen ánimo de lucro, legalmente constituídas, para a realización de actividades organizadas co alumnado e coas familias da Comunidade Autónoma de Galicia durante o ano 2006, e se aproban as súas bases reguladoras.

Advertido erro na devandita orde, publicada no DOG nº 81, do 27 de abril de 2006, é necesario efectuar a seguinte rectificación:

Na páxina 6.696, anexo III, apartado 5, incluír dentro da paréntese «transporte» e suprimir a contía máxima «Ata o 10% do total da axuda concedida para cada actividade».