DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Xoves, 11 de maio de 2006 Páx. 7.570

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

VICEPRESIDENCIA DA IGUALDADE E DO BENESTAR

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 10 de abril de 2006 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán a concesión de subvencións públicas destinadas a persoas maiores e persoas con discapacidade e se procede á súa convocatoria.

Advertidos erros no texto da devandita orde, publicada no DOG nº 79, do 25 de abril de 2006, cómpre facer as oportunas correccións:

1. Na páxina 6.546, no artigo 4º, punto 1.1.c) sobre atención integral en centros para persoas maiores, onde di: «-Atención en centros de día para maiores en situación de gran dependencia: ata 240 euros. -Atención en vivendas comunitarias ou apartamentos tutelados para maiores con alto grao de autovalimento: ata 400 euros», debe dicir: «-Atención en centros de día para maiores en situación de gran dependencia: ata 240 euros mensuais. -Atención en vivendas comunitarias ou apartamentos tutelados, para maiores con alto grao de autovalimento: ata 400 euros mensuais».

2. Na páxina 6.546, no artigo 4º, alínea 2, persoas con discapacidade, no punto 1.a), onde di: «fisioterapia, psicomotricidade e terapia da linguaxe», debe dicir: «atención temperá (menores de 6 anos), fisioterapia, psicomotricidade e terapia da linguaxe».