DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 10 de maio de 2006 Páx. 7.524

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CENTRO DE ESTUDOS XUDICIAIS E SEGURIDADE PÚBLICA DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 25 de abril de 2006 pola que se convocan unhas xornadas sobre coñecemento e xestión policial da información.

Dentro dos programas de actividades que o Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia ten previsto realizar no ano 2006, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 1/2005, do 4 de xaneiro, do Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia, anúnciase a realización dunhas xornadas sobre coñecemento e xestión policial da información, que deberán desenvolverse conforme as seguintes bases:

Obxectivos.

-Saber cales son os mecanismos de captación da información e o ciclo desta.

-Coñecer a importancia das fontes humanas da información no ámbito da seguridade pública e policía.

-Darse conta do importante labor que poden desenvolver os corpos de Policía local nesta temática.

Destinatarios.

Membros das forzas e corpos de seguridade e outros colectivos interesados.

Inscrición.

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

Prazas.

O número de prazas que se ofertan nestas xornadas é de 250.

Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar nestas xornadas deberá presentar, cuberta á máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 23 de maio, ás 14.00 horas.

3. As instancias deberán enviarse á sede do Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia: avenida da Cultura, s/n, 36680 A Estrada, ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Datas e horario.

As xornadas desenvolveranse durante os días 25 e 26 de maio. O día 25 en xornada de mañá (das 9.30 ás 14.00 horas) e tarde (das 16.00 ás 19.30 horas); e o día 26 só en xornada de mañá (das 10.00 ás 14.00 horas).

Contido.

1. O CNI ante o novo escenario de seguridade.

2. Información relacionada coa delincuencia organizada que opera no ámbito do tráfico de drogas e o branqueo de capitais.

3. Información relacionada coa delincuencia organizada que opera no ámbito dos delitos violentos, delitos contra o patrimonio, tráfico de seres humanos e redes de prostitución.

4. Situación actual da delincuencia organizada en Galicia.

Relación de admitidos.

A relación de admitidos publicarase o 24 de maio no taboleiro de anuncios do Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia e na páxina web: http://cexesga.xunta.es, ou ben poden confirmar a súa asistencia chamando ao teléfono 986 59 02 41.

Lugar.

As xornadas desenvolveranse na sede do Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia.

Certificado de asistencia.

Ao remate das xornadas entregaráselles un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada nelas.

Modificacións.

O Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia poderá modificar o desenvolvemento das xornadas para adaptalas ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 25 de abril de 2006.

Carlos Suárez-Mira Rodríguez

Director xeral do Centro de Estudos Xudiciais

e Seguridade Pública de Galicia